venres, 28 de febreiro de 2014

LIBRO DE BUEN AMOR, Arcipreste de Hita




ARCIPRESTE DE HITA, Libro de buen amor, Anaya, Madrid, 2010, 166 páxinas.

[NC HIT lib]

Entroido, antroido, entroito...    son nomes que proceden do termo latino Introitus: entrada. O termo carnaval procede de expresión Carne vale (adeus á carne).
   No Libro de Buen Amor, un texto do século XIV aparecen mencionados por primeira vez, nunha obra literaria, Don Carnal e Doña Cuaresma. Este episodio é unha alegoría que representa ás Carnestolendas como Don Carnal, un home mundano e amante dos praceres, e do outro lado a Cuaresma como Doña Cuaresma, muller recta e pura.
   Queres saber de onde xorden estas personaxes?
   
   Para entender a ambos personaxes primeiro hai que coñecer de onde veñen o Carnaval e a Cuaresma. O Carnaval ten a súa orixe no mundo clásico grecorromano, nas festas de saturnalia, en honor ao deus Saturno, ou nas bacanais, en honor ao deus Baco. Nelas dáse renda solta ao exceso e ao desenfreo nos praceres carnales, a gula e a lujuria. En cambio a Cuaresma ten a súa orixe na tradición cristiá. Simboliza a proba bíblica de Jesús de Nazaret ao vivir durante 40 días no deserto. A Igrexa Católica ao longo deses 40 días chama aos seus fieis a un periodo de penitencia, reflexión, ayuno e abstinencia.
   Na Idade Media, a rectitud da relixión cristiá podíase relaxar durante o periodo de "Carnestolendas". Recordemos, como indica Xullo Caro Baroja, que ata o século XVI non se comeza a utilizar o término Carnaval en castelán, posiblemente derivado de "Carnavale" de orixe veneciano. As Carnestolendas comezaban inmediatamente antes que a Cuaresma e esta antes de Semana Santa, que comeza co Domingo de Ramos. Esta data é movible e correspóndense co primeiro domingo logo da primeira lúa chea que aparece a partir do 21 de marzo. Corenta días antes, que corresponde a un mércores, terminaban as Carnestolendas co Mércores de Cinza. Os días previos, luns e martes a moral cristiá deixábase de lado para gozar dos praceres da vida ou realizar actos irracionales como trabucar palabras e colocar utensilios fóra do seu sitio. Polo si ou polo non, para non ser recoñecidos, a xente disfrazábase ou enmascaraba.



xoves, 27 de febreiro de 2014

LA CARRETERA, Cormac McCarthy

CORMAC MCCARTHY, La carretera, Debolsillo, 2007, Barcelona, 216 páxinas.

[NUC MCC car]

Esta é unha novela cunha historia moi desacougante ambientada nun futuro ben próximo. Publicada nos Estados Unidos no ano 2006, pronto foi editada en castelán. Tal vez axudou ao éxito editorial a versión cinematográfica protagonizada por Viggo Mortensen. Atentos á fotografía de Javier Aguiurresarobe.

**********
Él había traído el libro del chico pero el chico estaba demasiado cansado para leer. ¿Podemos dejar la luz encendida hasta que me duerma?, dijo. Sí, claro que podemos.
Estuvo mucho rato tratando de dormir. Al cabo se dio la vuelta y miró al hombre. Su rostro a la luz de la pequeña lámpara rayado de negro por la lluvia como un actor dramático de la antigüedad. ¿Puedo preguntarte una cosa?, dijo.
Naturalmente.
¿Nos vamos a morir?
Algún día. Pero no ahora.
Y todavía vamos hacia el sur. Sí.
Para no pasar frío.
Así es.
Vale.
¿Vale qué?
Nada. Solo vale.
Duérmete.
Vale.
Voy a apagar la luz. ¿De acuerdo?
De acuerdo.
Y luego, ya a oscuras: ¿Puedo preguntarte algo? Naturalmente.
¿Qué harías si yo muriera?
Si tú murieras yo también querría morirme.
¿Para poder estar conmigo?
Sí. Para poder estar contigo.
Vale.
Se quedó escuchando el goteo del agua en el bosque. Lecho rocoso, este. El frío y el silencio. Las cenizas del mundo difunto trajinadas de acá para allá por los crudos y transitorios vientos en el vacío. Llevadas, esparcidas y llevadas de nuevo.
**********

JOHN HILCOAT, La carretera, 2009, 112 minutos.



mércores, 26 de febreiro de 2014

MIÑA CASIÑA, MEU LAR, Rosalía de Castro

ROSALÍA DE CASTRO, Miña casiña, meu lar, Tambre, Vigo, 2012, 142 páxinas. Ilustracións de Jacobo Muñiz.

[PG CAS miñ]

Cando era tempo de inverno,
pensaba en donde estarías,
cando era tempo de sol,
pensaba en donde andarías,
¡Agora... tan soio penso,
meu Ben, si me olvidarías!



Amancio Prada canta Cando era tempo de inverno.

martes, 25 de febreiro de 2014

SILENCIO HABITADO, Olga Patiño

OLGA PATIÑO, Silencio habitado, Pigmalión, Madrid, 2013, 118 páginas.

[ PG PAT sil]

Incorporamos á sección de Poesía en Galego [PG] este libro da exprofesora do IES Francisco Aguiar, Olga Patiño, aínda que é unha edición bilingüe (os textos foron traducidos ao castelán por José Carpenter) que contén nas terceira parte seis relatos curtos.

**********
Asomeime ao agreste acantilado,
alí estaba o destino
aprendendo a sorrir.


Me asomé al agreste acantilado,
allí estaba el destino
aprendiendo a sonreír.

luns, 24 de febreiro de 2014

HORA DE LER


17ª SEMANA [1ª SESIÓN]

Ata o día de hoxe viñemos propoñendo varias suxestións de lectura. 
Teremos que deixar de facelo? 
Lecturas sucesivas, non lecturas simultáneas...

venres, 21 de febreiro de 2014

¿SUEÑAN LOS ANDROIDES CON OVEJAS ELÉCTRICAS?, Philip K. Dick

 
PHILIP K. DICK, ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, Círculo de Lectores, Barcelona, 1991, 222 páxinas.
[NUC DIC sue]

   No noso capítulo de defectos non comparecen nin a ingratitude nin a soberbia. Seguro que teremos outros... 
   Esto ven a conto para subraiar o feito de que a repercusión pública que pode obter Alto Risco, a web do Instituto ou as páxina do Facebook pode facer pensar a alguén que agora sí hai movemento arredor da Biblioteca do IES Francisco Aguiar. 
   Pois ven, o adverbio agora cambiádeo polo abverbio sempre. Dende a lo menos o ano 2004, un grupo de profesores levamos traballando na procura da consolidación da Biblioteca como centro de xeración de sinerxias culturais e educativas do Instituto. 
   Sirva esta rememoración para sinalar que aínda estamos no centro algúns dos primeiros que adiantamos o paso (Xosé Luis Tato Bonome, Óscar García, Elvira Castro, Carmen Casillas e tantos outros); pero tamén temos que destacar, entre os de outros, o pulo e interés de Sonsoles González, Concha Delgado ou Concha Castro, profesoras que agora, lamentablemente, non traballan con nós diariamente. 
   Dunha daquelas actuacións conservamos o exemplar da novela que referenciamos hoxe. Que como chegou aos andeis da Biblioteca? 
   Trasladouse à Comunidade Escolar a participación nun Intercambio de Libros. Cada quen deixaba nunha caixa o exemplar que xa tiña lido e, en correspondencia, collía outro. A novela ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, naquel momento estaba descatalogada. Así sumouse aos nosos fondos. 
   Despois viñeron máis intervencións: o empeño de crear unha sección de Comicteca, capitaneado por Uxía López Meirama, a configuración do Blogue Alto Risco deseñado íntegramente por Xosé Luis Mosquera Camba e María Luisa Muiño, a feliz proposta de Hora de Lectura do Dinamizador Julián Ferrer... 
   Haberá tempo para outras historias. Bastará con retirar un exemplar da estantería, e zas...!!!!
   Será polas ganas de mollar, a media mañá, unha madalena no te da lembranza!
   En calquera caso, unha boa mostra de que somos humanos ou ben Nexus 6 de última xeración: temos recordos, temos sentimentos...

xoves, 20 de febreiro de 2014

QUEN CASA TEN DE SEU, Varios Autores

VARIOS AUTORES,  Quen casa ten de seu, Fundación Rosalía de Castro, Padrón, 2009, 46 páxinas.

[ NG QUE ]

Este libro subtitulado Cinco contos na casa de Rosalía contén cinco relatos ilustrados. Marilar Aleixandre e David Pintor; Fina Casalderrey e Ramón Marcos; Helena Villar Janeiro e Iván Suárez; Miro Villar e Fausto; e Xosé A. Neira Cruz e Miguelanxo Prado fan parella; deste último reproducimos un dos magníficos debuxos que fai compaña o conto de Neira Cruz, A verdadeira historia dun dente de Rosalía de Castro, suxestión de lectura desta semana. 


mércores, 19 de febreiro de 2014

O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN, Berta Dávila

BERTA DÁVILA, O derradeiro libro de Emma Olsen, Galaxía, Vigo, 2013, 122 páxinas.

 [NG DAV der]


  "No mes de novembro de 1988, vinte anos antes de que O derradeiro libro de Emma Olsen se converta en libro, Roy Orbison poñía fin á gravación do seu álbum Mistery Girl, que serái editado despois da súa morte [...]. Ese derradeiro disco do Orbison axudoume a achegarme ao misterio de Emma". Este fragmento de texto explicativo pódese ler na páxina 119 desta novela gañadora do Premio Repsol de Narrativa Breve.
Quen dixo que non se pode comenzar un libro polo final?


martes, 18 de febreiro de 2014

LAS MAESTRAS DE LA REPÚBLICA, Pilar Pérez Solano

PILAR PÉREZ SOLANO, Las Maestras de la República, FETE UGT / Transit Producciones, Madrid, 2013, 63 minutos.

[DVD MAE]

Sempre é ilusionante que os profesores do IES Francisco Aguiar queiran facer noso o seu. Neste caso a doazón chega das mans de Victoriano Rodríguez, profesor do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Marketing: Las Maestras de la República ven de recoller o premio Goya á millor película documental do ano 2013.
Pola memoria que reconstrúe, pola testemuña dun tempo que puido supoñer a conexión do noso país con Europa, polas raices dos movementos de Renovación Pedagóxica, pola heroicidade de querer convertir a educación nunha ferramenta para desmontar unha sociedade clasista e masculinizadora, pola vixencia dos postulados... En fin: por todos os motivos que seguen a movernos a loitar por unha Educación Pública de Calidade que equipare as posibilidades de todos os alumnos... convén visionar este magnífico documental, que queda xa a vosa disposición.

luns, 17 de febreiro de 2014

HORA DE LER



16ª SEMANA [6ª SESIÓN]

Non é unha pelexa. Os libros dialogan. Intertextualidade...

  • O relato no que Xosé A. Neira Cruz indaga sobre un dente de Rosalía de Castro, ten moi en conta a célebre historia do Ratiño Pérez, narración que Luis Coloma escribira pensando no futuro rei Alfonso XIII.
Quen pode pensar que dous libros pelexen...! 

sábado, 15 de febreiro de 2014

BALANCE DE DANOS: 14 DE FEBREIRO, SAN VALENTÍN

Levan razón todos os profesores de Bacharelato que se queixaron por non poder impartir clase nos minutos coincidintes co recreo dos alumnos da ESO. As nosas disculpas...

O asunto foi tal que así: o alumnado, contra o esperado, aceptou masivamento o reto de encher cunhas verbas de amor os corazóns vermellos que recortaran os atarefados profesores do Grupo de Dinamización da Biblioteca. Eses corazóns con versos de poetas recoñecidos ou poetas que mesmo aínda non acadaron a ESO ou o Bacharelato, invadiron os corredores do noso centro dende o 10 de febreiro. 


O venres día 14 tocaba recoller na Biblioteca as cartas ou notas de afecto, respeto ou mesmo amor, que deixaran para moitos algúns... Moita presa e ansiedade por recoller o caramelo de pao que acompañaba a carta que atribuladas carteiras tentaban atopar en caixas ateigadas do amor, limpo e san amor, que estoupou ante nós.






venres, 14 de febreiro de 2014

RELATOS DE HUMOR, Montserrat Amores [editora]


MONTSERRAT AMORES, Relatos de humor, Vicens Vives, Barcelona, 2010, 178 páxinas.

[NC REL]

Ás veces os profesores de literatura acertan coas súas propostas de lectura. Esta antoloxía que anda nas mans e nas mochilas dos alumnos de 4º de ESO arrinca cos seus relatos e microrrelatos moitas risas e sorrisos.






xoves, 13 de febreiro de 2014

CUENTOS DE AMOR, DE LOCURA Y DE MUERTE, Horacio Quiroga

HORACIO QUIROGA, Cuentos de Amor, de Locura y de Muerte, Plutón, Barberá del Vallés, 2013, 190 páxinas.

[NUH QUI cue]

De novo temos que agraceder ao profesor Tino Chao as dozaóns coas que millora a calidade dos nosos fondos. Neste caso, unha colección de relatos do escritor modernista uruguaio Horacio Quiroga.

mércores, 12 de febreiro de 2014

BEOWULF, David Rubín & Santiago García


DAVID RUBÍN & SANTIAGO GARCÍA, Beowulf, Astiberri, Bilbao, 2013, 200 páxinas.

Santiago García e David Rubín adaptan o poema épico angolsaxón que tanto influira. por exemplo, en Tolkien. 
O texto é o punto de partida dende o que Rubín configura unha obra dunha singular iconografía que recolle o seu selo personal.

martes, 11 de febreiro de 2014

LOS SURCOS DEL AZAR, Paco Roca

PACO ROCA, Los surcos del azar, Astiberri, Bilbao, 2013, 326 páxinas.


Tiñan menos de vinte anos cando o golpe de estado do dazaoito de xullo de 1936. Eran uns nenos que pelexaron pola restitución do goberno lexítimo da República. Oito anos despois, perdida a loita contra o fascismo español, foron os primeiros en entrar en París na noite do 24 de agosto do 1944. Non puideron ver a España libre do fascismo, pero sí encabezaron o desfile da victoria nos Campos Elíseos.

Unha historia da dignidade que non debe ser esquecida.


luns, 10 de febreiro de 2014

HORA DE LER

 15ª SEMANA [5ª SESIÓN]

Non é certo: ninguén durme na sesión de lectura. Cómo facelo si pódense ler un interesantísimo relato de Carlos Casares ou unha antoloxía de poesía amorosa de Jorge Reichmann?

venres, 7 de febreiro de 2014

EL PAÍS DE LOS CUENTOS, María José Pardo Fandiño




MARÍA JOSÉ PARDO FANDIÑO, El país de los cuentos, Diputación da Coruña, 2013, 48 páxinas.

Subtitulado With bilingual tales, contén catro relatos ilustrados pola autora, ofrecidos en español e inglés.

xoves, 6 de febreiro de 2014

EL MONTE DE LAS ÁNIMAS, David Rubín & Gustavo Adolfo Bécquer


DAVID RUBÍN, El Monte de las Ánimas, SM, Madrid, 2009, 32 páxinas.


   La noche de difuntos me despertó a no sé qué hora el doble de las campanas; su tañido monótono y eterno me trajo a las mientes esta tradición que oí hace poco en Soria.
   Intenté dormir de nuevo; ¡imposible! Una vez aguijoneada, la imaginación es un caballo que se desboca y al que no sirve tirarle de la rienda. Por pasar el rato me decidí a escribirla, como en efecto lo hice.

Este é o inicio da lenda de Gustavo Adolfo Bécquer, texto que convierte en novela gráfica David Dubín, a quen esperamos recibir próximamente no noso IES.   


mércores, 5 de febreiro de 2014

VOGUE ON: COCO CHANEL, Bronwyn Cosgrave



BRONWYN COSGRAVE, Vogue on: Coco Chanel, Quadrille, London, 2012, 160 páxinas.



La biografía de Coco Chanel publicada por Vogue nos muestra la rebeldía que supusieron sus diseños para el canon de belleza del siglo XX. El texto lleno de citas y diseños de Coco nos abren las puertas a lo que ella consiguió revolucionando el mundo de la moda en 1917.

How many cares one loses when one decides not to be something but to be someone. 
Coco Chanel

Elegance is not the prerogative of those who have just escaped from adolescence, but of those who have alreadt taken possession of theis future.
Coco Chanel


Inés López Couceiro

martes, 4 de febreiro de 2014

A FUXIDA, Berta Dávila & Inma Doval

BERTA DÁVILA & INMA DOVAL, A fuxida, Biblos, Cesuras, 2014, 40 páxinas.


Incorporamos aos nosos fondos bibliográficos unha obra de referencia. Berta Dávila escribe unha triste e fermosa historia protagonizada por Nadia, unha nena que, sempre abrazada ao seu osiño, non acaba de entender o motivo que impulsa a súa familia á fuxida.
Os cadros de técnica mixta de Inma Doval, cheos de cores vivas, constitúen un perfecto contrapunto para ilustrar unha historia que reflicte un mundo tristemente dominado polo corazón das tebras, pero no que a xente non se rinde e loita por procurar a felicidade e a ledicia de vivir.


Este grabado en B/N é o fermoso e xentil agasallo co que Inma Doval sorprendeu aos asistentes á presentación do álbum o día 31 de xaneiro na betanceira Libraria Biblos.
Os cadros da pintora pódense contemplar aínda en Biblos.

luns, 3 de febreiro de 2014

HORA DE LER


 14ª SEMANA [4ª SESIÓN]

Un error, fumar... Ler, por contra, é un acerto.

Para esta semana as propostas son:
Nota: A Salinger espéralle unha boa reprimenda na Xefatura de Estudos.