Amosando publicacións coa etiqueta FOTOGRAFÍA EN CURSO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FOTOGRAFÍA EN CURSO. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de abril de 2023

ESPAZOS BALEIROS


Celia Sánchez Fernandez


ESPAZO E LUZ

   A terceira entrada do dicionario para a palabra “baleiro” refírese precisamente a “Espazo baleiro”, e di: Espazo baleiro, que non está ocupado, especialmente por aquilo que está destinado a conter. A definición indica que un espazo baleiro caracterízase por estar baleiro de algo, é dicir, por unha ausencia.

   As fotografías de espazos baleiros non teñen como única característica o feito de que non haxa persoas, figuras ou elementos relevantes, senón que son as eleccións dos fotógrafos as que fan que vexamos un espazo como “baleiro”: o encadre, a distancia e a luz constrúen unha determinada configuración do espazo que fai que sintamos ou non o baleiro. Son precisamente estas eleccións as que tamén fan que as fotografías de espazos baleiros teñan unha gran potencia evocadora e un gran valor fotográfico: hai unha longa tradición fotográfica vinculada aos espazos baleiros: dende os primeiros fotógrafos aos cales a técnica non lles permitía captar as figuras en movemento, ata os fotógrafos contemporáneos que exploraron os “non-lugares” e indagaron no urbanismo, a periferia, as marxes... 

   Podemos pensar en prazas, rúas, cuartos, estradas, esquinas, parques, espazos rurais, lugares públicos (teatros, estacións, cafeterías...). Poden ser espazos abandonados, desocupados, con pegadas de presenza e ausencia, sen a xente ouy os obxectos que os poboaron habitualmente.

   A luz é esencial na fotografía; de feito, a mesma palabra “fotografía” provén da palabra luz: o que a luz debuxa. Pero ás veces, a luz non só está senón que se fai visible. Sexa porque un feixe de luz entra e ocupa o espazo, sexa polo xogo de luces e sombras, sexa porque a súa coloración nunha determinada hora do día tingue dun ton todo o espazo, etc.

   Que supón fotografar a luz nos espazos? De xeito especial, poñer atención á incidencia da luz sobre o mesmo espazo e sobre os seus elementos (sombras, horas do día...). Tamén nos axuda a pensar sobre a propia narratividade do espazo: modificouse ao longo do tempo? É un espazo emblemático? É un espazo que se transforma ao longo das horas do día? É un espazo que xa non ten a utilidade que tiña? Quen se pasea, quen o goza, quen o habita?

martes, 27 de setembro de 2022

BALCONADAS


Finalmente será o próximo mércores 28 de setembro o día da inauguración da exposición fotográfica Balconadas, composta polas fotos realizadas, baixo o liderado de Xosé Manuel Rey Bao, polo alumnado de Plástica de 3º de ESO (Curso 2021/2022).

Sala de Exposicións do Edificio Liceo de Betanzos.

O horario de visitas é o seguinte:

De luns a venres, de 10 a 14 e de 19 a 20 h.

Sábado, de 11:30 a 14 horas e de 18 horas as 22 horas.

Aínda que xa estamos afeitos á excelencia dos seus traballos, este vídeo realizado por Julián Ferrer, ademais de animar á visita da exposición, resulta ser unha curtametraxe necesaria que permite (e mesmo demanda) varios visionados.

martes, 7 de xuño de 2022

RETRATO

    Na linguaxe cotiá dicimos “retratar” para referirnos simplemente ao acto de facer unha fotografía na que sae unha persoa. A miúdo a intencionalidade é rexistrar un momento concreto ou que esta persoa saia “guapa”. Nada máis lonxe do que fan os fotógrafos cando encaran un retrato. Facer un retrato significa observar a persoa, reflexionar, interrogarse sobre que queremos mostrar como fotógrafos e como o mostraremos. Un retrato constrúese, é dicir, o fotógrafo elixe que quere mostrar e como facelo: elixe o espazo, dispón ao retratado, dálle indicacións, estuda o rostro, as expresións, a mirada, a relación entre a luz e o rostro, etc. 
   «Entre o retratado e o fotógrafo hai un combate. E ese combate, para que a foto sexa boa, ten que gañala o fotógrafo e non o retratado, porque é evidente que o retratado asume un rol, unha pose de como lie gustaría aparecer. Dalgunha maneira, se auto-representa, ponse gracioso, sorrí... pero iso non ten nada que ver coa súa personalidade interior, que é o que buscamos nós cando facemos un retrato» (Humberto Rivas).
   Para Richard Avendon, «A primeira parte da sesión é un proceso de aprendizaxe para a persoa a quen retrato e para min. Teño que dicidir a colocación da cámara, a distancia adecuada do personaxe, a distribución do espazo ao redor da figura e a altura do obxectivo. Mentres, observo como se move, como reacciona, que expresións crúzanlle o rostro. Deste xeito, no momento de crear o retrato, dándolle indicacións podo incrementar unhas características naturais, a súa maneira de ser.» (Richard Avedon sobre o traballo en “In the American West”, retratando persoas que coñecía no mom ento da sesión fotográfica). 
Xosé Manuel Rey Bao
 

mércores, 1 de xuño de 2022

ESPAZO E LUZ

 

    O espazo fotográfico, o espazo que mostra unha fotografía é unha construción particular a partir dun espazo real. Neste sentido, podemos pensar en certa medida nos fotógrafos como arquitectos, como construtores de espazos. Son as eleccións fotográficas as que constrúen un determinado espazo na fotografía: o encadre, a distancia, o ángulo, a profundidade constrúen unha determinada configuración do espazo. As fotografías de espazos teñen unha gran potencia evocadora e un gran valor fotográfico. De feito, hai unha extensa tradición fotográfica vinculada Aos espazos como protagonistas da fotografía, capturándoos xustamente sen presenza humana. 
   A luz é esencial na fotografía; de feito, a mesma palabra “fotografía" proven da palabra luz: o que a luz debuxa. Polo tanto, sempre hai luz: pero ás veces, a luz non só está, senón que se fai visible. Sexa porque un feixe de luz entra e ocupa o espazo, sexa polo xogo de luces e sombras, sexa porque a súa coloración nunha determinada hora do día tingue dun ton todo o espazo, etc. 
   As imaxes que forman parte desta exposición constitúen un resume da investigación levada a cabo polo alumnado de 3º ESO sobre a construción do espazo con atención á luz e a como esta se relaciona co espazo e o transforma. 
Xosé Manuel Rey Bao

martes, 28 de setembro de 2021

BETANZOS HISTÓRICO. O COMERCIO TRADICIONAL


O próximo martes 5 inaugúrase na Sala de Exposicións Jesús Núñez a Exposición Betanzos histórico: O comercio tradicional: un conxunto das mellores fotografías realizadas por alumnas e alumnos de 3º de ESO do IES Francisco Aguiar. 

Os visitantes poderán contemplar ata o 29 de outubro o resultado do traballo impulsado por Xosé Manuel Rey Bao dentro do marco do Plan Proxecta Fotografía en curso.

Como anticípo e estímulo para a visita, convidamos a ver esta curtametraxe realizada por Julián Ferrer.

martes, 18 de setembro de 2018

BETANZOS HISTÓRICO: RÚAS DOENTES

Na sala de exposicións Jesús Núñez do edificio Liceo, do 10 ao 28 de setembro, expoñeranse fotografías baixo título xenérico de "Rúas doentes". Son traballos orixinais do alumnado de 3º da ESO titorados por José Manuel Rey Bao do Departamento de Educación Plástica e Visual. O horario da mostra será de 10:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 20:00 h os días laborables e de 11:30 h a 14:00 h os sábados.

xoves, 1 de marzo de 2018

xoves, 10 de marzo de 2016

FOTOGRAFÍA EN CURSO 02: David Jiménez & Raquel Vázquez González


FOTOGRAFÍA EN CURSO 02 [David Jiménez & Raquel Vázquez González]

   Guardó sus inseguridades en la maleta y se fue.

Raquel Vázquez González [3º ESO]

xoves, 3 de marzo de 2016

FOTOGRAFÍA EN CURSO 01

Este ano repetimos...

Os alumnos de 3º de ESO, (moi ben) dirixidos, por segundo ano consecutivo, por Xosé Manuel Rey Bao, están a participar no programa Fotografía en curso. Próximamente iremos subindo os seus traballos. Hoxe, comezamos co relato que escribiu Paula Sánchez Regueiro como pé de foto desta imaxe de Xavier Miserachs.

***
Recordó cando Paco chegam con vinte anos...tina tantos sonos, tantas ganas de cambiar o mundo, tantas ideas... A min tocoume a peor parte, non hai nada como que te poñan a un home novo ao lado. El sempre facía propostas e eu era o encargado de dicirlle que se limitara a facer as contas que lle mandaban. Aos 25 anos, Paco vivía agobiado, vía pola fiestra como a xente da praza máis nova xogaba e ría. El tamén quería... pero xa non tiña tempo. Con 30 anos o ascenderán. A súa  muller chamaba constantemente para recordaille que pasara tempo co seu filio, pero el sempre lle dicia que tina moito traballo. Miraba pola fiestra como os país pasaban tempo cos seus fillos, de todas as idades. Cando cumpriu os 40, Paco xa tiña una marcada rutina. Case nin daba ideas, nin falaba. A monotonía asolara a súa vida. Sentábase no seu sitio e metía a súa triste mirada nos miles de papéis enriba da mesa. Xa nin miraba pola fiestra. Aos 45, o seu fillo morrera por un accidente. El metérase no seu traballo como levaba facendo tantos anos, non puidera nin disfrutar do seu único pequeño... Aos 50, eu xa nin traballaba alí, pero chamoume para contarmo. supoño que era o seu único "amigo" xa que so ía ao traballo...despedirano por alguén máis novo, xa que el non se recuperara ben do ocorrido co seu filio. Cando saía cruzouse co rapaz: os seus ollos apagados miraron os do novo traballador, que transmitía ilusións e ganas de vivir na súa mirada... non
puido evitar soltar unha pequeña lágrima.