Amosando publicacións coa etiqueta JONAS JONASSON. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta JONAS JONASSON. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de novembro de 2016

CLUB DE LECTURA ADULTOS BIBLOS AGUIAR

Para acudir á próxima reunión do Club de Lectura de adultos Biblos Aguiar non é preciso vir en pixama. Tampouco convén traer dinamita: basta ter lida (ou case completamente lida) a novela.

Luns 14 de novembro, 18:30

Libraría Biblos
Rúa Santiago, 4
Betanzos


martes, 11 de outubro de 2016

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS: EL ABUELO QUE SALTÓ POR LA VENTANA

JONAS JONASSON, El abuelo que saltó por la ventana, Salamandra, Barcelona, 2012,  414 páxinas.
[NUC JON abu]
Todo o mundo sabe que xa remataron as vacacións e que son moitos os que xa voltaron ao cole.
O Club de Adultos Biblos Aguiar comeza a pensar en lecturas e conversas.
O lugar de encontro: A Libraría Biblos onde tan xenerosamente nos acollen Carmela e Tucho.

A data do encontro: Luns 14 de novembro ás 18: 30.

Os membros do Club: todos os que teñan curiosidade por compartir lecturas, estén ou non, vinculados ao noso IES. Esperamos no espazo público de Biblos aos que desexen vir.
A primeira lectura: unha novela imperfecta, dun humor discutible, que leva ao lector de paseo pola historia do infame século XX.
Os coordinadores do encontro: o Comando Jonasson (os alumnos que cursaron Literatura Universal de primeiro de Bacharelato e, que, xentilmente, préstannos os seus exemplares).
Estades todos convidados a esta festa da dinamita!

xoves, 2 de xuño de 2016

luns, 20 de outubro de 2014

HORA DE LER



3ª SEMANA [3ª SESIÓN] 

  No caixón das suxesitóns de lectura para esta semana deixamos un microrrelato de Sandra Cisneros, (aínda que hoxe no oportuna tradución ao galego para Rinoceronte de Alicia Menéndez Sousa), e unha historia atopada na novela do exitoso Jonas Jonasson.