luns, 28 de novembro de 2016

HORA DE LER


HORA DE LER

7ª SEMANA [1ª SESIÓN]

Ler é arriscado...
Un risco do que lector non sae indemne, porque despois de ler os contos de Almudena Sánchez ou Diego Giráldez, o máis probable é que xa non sexamos os mesmos.

Ilustración: Angie Hiesl

venres, 25 de novembro de 2016

DEBUXOS PARA CONCIENCIAR: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER













Os paneis dispostos para recibir a creatividade dos nosos alumnos enchéronse de denuncias, concienciación e desexos de transformación da realidade. Na entrada anterior reproduciamos os traballos de David Vela, Santi Gutiérrez, Forges e Sabela Arias.
Esta é a nosa produción propia!

DEBUXOS PARA CONCIENCIAR: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER


   

   Hoxe, 25 de novembro e o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 
   Nós temos todolos días moi presente a necesidade de erradicar calquera forma de violencia.
   Dado que moitas das nosas conductas obedecen a mímese, procuremos que os nosos adolescentes e nenos non teñan exemplos como os que evidencia a sutil e terrible imaxe do noso querido David Vela, a divertida reflexión irónica de Santi Gutiérrez, Sabela Arias ou o berro doente de Forges.

xoves, 24 de novembro de 2016

VER PARA CONCIENCIAR: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER


ICIAR BOLLAÍN, Te doy mis ojos, 2003, 103 minutos.

[DVD TED]

**********
   Algunha excelencia terá esta película para que un crítico cinematográfico tan hipercrítico como Carlos Boyero a calificase coma «La película más estremecedora que he visto sobre el maltrato doméstico.» Obtivo sete premios Goya incluíndo Mellor película, mellor dirección, mellor actor e mellor actriz.
   Nós, que non temos o espírito tan hipercrítico, recomendamos Amores que matan, unha curtametraxe de Bollaín, do ano 2000, que mesmo pode ser considerada o borrador de Te doy mis ojos. Amores que matan é un falso documental que procura a reflexión sobre a violencia sexista e mesmo sobre o sexismo irreflexivo que transmite o imaxinario colectivo en cancións infantís (Don Federico...) ou pasodobles que todos os nosos avós bailarían nas festas do patrón.
   Unha boa guía didáctica sobre a película a atoparedes aquí.
**********


mércores, 23 de novembro de 2016

LER PARA CONCIENCIAR: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

JOYCE CAROL OATES, Monstruo de ojos verdes, SM, Madrid, 2005, 234 páxinas.


[NUC OAT mon]

O nome de Joyce Carol Oates sempre anda sonando como futurible Premio Nobel de Literatura. Este, certamente, é unha novela menor, pero non por iso deixa de ser unha lectura moi recomendable por é unha narración moi realista que reflicte moi ben os padecimentos dunha familia que sufre a violencia de xénero. Un libro, pois, que pode axudar a concienciar á xuventude para non aceptar como normal calquera tipo de machismo.

MAITE CARRANZA, Palabras envelenadas, Rodeira, 2010, 264 páxinas.

[NG CAR pal]
**********

   Nuria Solís é unha personaxe de Palabras envelenadas, concretamente a nai da protagonista, Bárbara Molina. É unha muller vexetal, desequilibrada, anulada, unha vítima máis do maltrato de xénero; unha persoa que, en contra do ciclo da vida, tivo que perder (aínda que non para sempre) a unha filla.
   A nai de Bárbara é unha persoa transformada; grazas á súa irmá podemos saber que na súa xuventude ela era aventureira e loitadora, activa e moi botada para adiante. Este cambio ten a  orixe  en Pepe, o seu home.
   Nuria é maltratada psicolóxicamente por parte do seu marido. Apreciámolo cando teñen que declarar ante a policía pola desaparición da filla e el non para de berrarlle, ou na casa cando a trata esperando dela a submisión. El consegue facerlle ver que necesita axuda, ela non existe a forza de pastillas e así anúlaa coma persoa autónoma, independente e con capacidade de decisión. Nela refléxanse as características da maioría das mulleres maltratadas: os sentimentos de culpa, o agradecemento, a dependencia cara ás súas parellas, a incapacidade de ver a realidade, de poñer un fin. [...]
   A pesar do seu reencontro coa filla, eu creo que é unha muller chea de carencias, con moitas feridas que curar, que arrastrará toda a súa vida e das que padecerá durante moitos anos as consecuencias. [...]


Lola Mosquera [1º BAC C]

luns, 21 de novembro de 2016

HORA DE LER

HORA DE LER


6ª SEMANA [6ª SESIÓN]

Ler cooperativamente respectando as diferenzas, a singularidade...
Chegar ao final da historia do elefante de Slawomir Mrozek e, tras unha pequena pausa, comezar a ler O caso do unicornio azul do noso admirado e sempre ben querido Agustín Fernández Paz.   

sábado, 19 de novembro de 2016

100 ÁS PARA VOAR EN BIBLIOTECAS ESCOLARES


   Os que formamos parte do Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez estamos máis afeitos a estar do lado dos que escoitan. Por iso, coñecemos moi ben a sensación que desatan os relatos de experiencias docentes marabillosas, que sempre nos parecen resoltas por marabillosos e inimitables profesores, que conseguen espertar nos seus alumnos, aos que acabamos supoñendo tamén irrealmente marabillosos, as mellores actitudes para a aprendizaxe. Se despois de contar a historia do Club de Lectura Máis de cen ás para voar esa fose a sensación que predominase neste auditorio, o noso relato sería un absoluto fracaso, porque, no caso de que concorran nos vosos centros os factores que posibilitaron o sucedido no Francisco Aguiar, a nosa sería, crémolo sinceramente, unha experiencia facilmente exportable.
   Hai catro anos, cando se presentou ante Claustro e Consello Escolar a proposta de ofertar Clubs de Lectura, as nosas expectativas eran moi modestas. O noso punto de partida era o arraigado convencemento de que, como di Ramón Gómez de la Serna, «un libro es un pájaro con más de cien alas para volar». Optábamos, temos que confesalo, a unha axuda que puidese permitir a ilusionante compra de títulos novos para, calculabamos, un número pequeno de alumnos interesados secretamente na lectura. Nin sequera sabiamos cantos profesores estarían dispostos a renunciar ao seu tempo de lecer, para entregalo a unha causa tan altruísta. Tampouco esperabamos poder contar coa resposta das familias e constituír un Club de lectura de Adultos.
   Contra prognóstico, acabouse formando tamén ese Club de Lectura de Adultos, que comezou a reunirse na recentemente inaugurada en Betanzos Libraría Biblos á que temos tanto que agradecer. Acudiron ese ano, sobre todo, nais e algún pai de alumno e os profesores que formabamos parte del Equipo da Biblioteca, activo, certamente, desde o ano 2004. Ao principio, foron tamén sete profesores dese Equipo os que comezaron a vehicular as peticións dos alumnos de formar parte duns Clubs de Lectura que nin sequera sabíamos que poderían ler e nin en que momento celebrarían as súas reunións.
   Por que inesperadamente se puxeron en marcha tantos grupos de lectores? A resposta é evidente. Durante ese curso a nosa iniciativa permitiu aflorar unha corrente subterránea favorable á lectura, debida ao bo traballo de docentes que promoveran bos hábitos lectores nos que eran agora os nosos alumnos. Ese traballo excelente na promoción da lectura no Colexio Vales Vilamarín predispuxo positivamente a un gran número de alumnos de Primeiro da ESO. O mesmo excelente traballo dos CPIs e IES da bisbarra fixo o resto cos alumnos que se incorporaron ao noso centro en primeiro de Bacharelato. Ademais, no caso dos alumnos procedentes do CPI Castro Baxoi de Miño e do IES de Viós de Abegondo, non se lles propoñía nada descoñecido, pois eles, reciban a nosa felicitación, xa levaban anos ofertando nos seus centros Clubs de lectura. Tamén convén ter presente que os adolescentes len moito máis do que supoñemos, porque nas familias, en máis familias das que supoñemos, existe un interese notable por promover e consolidar hábitos lectores. Pensar que temos que partir sempre de cero en docencia adoita ser un gran erro de diagnóstico.
   Conseguir coordinar tantos Clubs de Lectura obrigounos a desdobrarnos, a multiplicar esforzos e a traballar de modo sensato e rendible, deseñando un organigrama que non fose imposible de soster. Dado que con sete profesores era imposible atender simultaneamente aos arredor de 180 alumnos, optamos por ofrecer aos cursos de Bacharelato reunións durante o recreo. En trinta minutos existe a posibilidade de tentar crear un clima de aproximación, de conversación informal. Ademais, os alumnos de bacharelato coincidían nestas reunións coa súa profesora de galego, Carmen Suárez, que se responsabiliza xunto a Óscar García da xestión desas lecturas. O feito de que os alumnos da ESO dispuxeran de dous recreos de 15 minutos, motivou que nos vísemos obrigados a buscar outro momento. Contando co apoio do Equipo directivo, ofrecémoslles aos arredor deses noventa alumnos, quedar a comer na cafetería do Instituto para poder ter as reunións antes das clases da tarde do martes. Deste modo, imprevisiblemente, naceu a «festa da lectura» que desde entón celebramos mensualmente no Aguiar.
   Durante ese primeiro curso os nosos alumnos leron o que puidemos ofrecerllles: libros que solicitamos a centros amigos ou lecturas obrigatorias de ESO que convertemos en libros de lectura de Bacharelato ou do Club de Adultos: reciclamos con enxeño, administramos a escaseza e fomos ditosos gozando do xúbilo dos nosos alumnos nesta nosa era das descubertas.
   Afortunadamente, durante o segundo curso, medrou o número de profesores que quixeron participar na mensual A festa da lectura e no Club de Lectura de Adultos, pero esas incorporacións non proporcionaron un equilibro de forzas, dado que o efecto chamada ocasionou que aumentase exponencialmente o número de alumnos aos que había que atender. Outra vez, con vontade e enxeño, soubemos satisfacer a demanda. Aos alumnos que agora cursaban segundo de Bacharelato, ofrecéuselles seguir no Club de Lectura, pero sen duplicar os seus esforzos. Para eles deseñouse un Club de Lectura Presencial de microformas literarias (microrrelatos, poesía, curtametraxes...) no que se busca incluso propiciar a aparición dun oasis de reflexión pracenteira durante un curso, sabémolo moi ben, absolutamente esixente. Tamén nos pareceu necesario atrapar para a lectura a aqueles alumnos, moitas veces de niveis baixos, que carecendo de hábitos lectores, precisan un reclamo. Óscar García encargouse de dirixir o Club de Lectura de Álbum Ilustrado. Tamén durante este segundo curso, o Club de Lectura de Adultos, ao que xa se incorporaran lectores non vinculados ao noso centro, deu un paso adiante ao celebrar un encontro con Cristina Sánchez Andrade tras ler a súa novela Las inviernas. Malia todos estes avances, nós seguimos lembrando este curso como o curso no que estivemos a punto de morrer de éxito. Todos sabemos que co diñeiro que aporta a Consellería moitos Clubs, afortunadamente, elixen comprar títulos novos, preparan merendas, visitan librarías, fan excursións culturais… Nós esgotamos rapidamente o orzamento renovando algúns títulos, polo tanto, o fin de curso máis xeneroso que podemos ofrecer aos nosos nosos alumnos é unha bucólica reunión do Club de Lectura tras unha longa camiñata campestre aos Caneiros.
   Durante o curso 2015/2016, a experiencia acumulada propiciou que non reiteraramos certos erros. Conseguimos conter o gasto do exiguo orzamento renunciando a comprar os libros do Club de Lectura de Adultos. Desde entón, ou ben os solicitamos en préstamo ás excelentes Bibliotecas do Concello da Coruña ou Club de Lectura de Galicia, ou ben, cando recibimos a visita dalgún autor, como este pasado curso no que lemos a Anxos Sumai, Celso Castro e Raquel Vázquez, asume a compra do libro cada un dos lectores. Sentímonos orgullosos por contemplar que segue medrando o número de profesores que se implican neste ilusionante proxecto (este ano pasado eramos nove) e, sobre todo, por ter sabido ofrecer tamén a certos alumnos da ESO un Club de Lectura Presencial Inclusivo que permite acoller nel aos que arrastran, por diversos motivos, dificultades de aprendizaxe.
   Recibir a invitación de Bibliotecas Escolares para relatar a nosa experiencia, ratifica que sempre existe un camiño e que, basta ás veces, pretender emprendelo. Durante esta nosa cuarta etapa están na rota 278 lectores. Guíanos Óscar García, Carmen Suárez, María José Pardo, Elvira Castro, Nieves López, Lucía Sáez, Xosé Luis Mosquera, Julián Ferrer, Francisco Rodríguez, aos que pediron sumarse Antonio Porto, Melanie Pintos e Beatriz Vázquez, estas dúas últimas compañeiras para coordinar un novo Club de Lectura en francés.
   Todos os que formamos parte do Equipo da Biblioteca coincidimos no balance. É certo: é moito o esforzo e o tempo empregado no empeño. Tamén é grande o proveito. Sabemos recoñecer que formar parte deste Equipo serviu para traballar en grupo desde o respecto e, moitísimas veces, desde a admiración mutua. Sabemos que cada vez é máis o número de compañeiros que, non só acepta as propostas feitas desde o Equipo da Biblioteca, senón tamén busca integrar os seus proxectos nas programación anual das nosas actividades. É certo que sempre contamos co apoio do Equipo Directivo, pero nestes últimos anos advertimos que valoraron, en consonancia co noso esforzo, o traballo desempeñado. Tamén é evidente a alta consideración social conseguida en Betanzos a través do Club de Lectura de Adultos, unha actividade moi ben valorada nun Concello que presenta unha oferta cultural moi rica. Aos alumnos, coincidiren nos Clubs de lectura serviulles para tratar os profesores noutro espazo ben distinto ao da clase, e, principalmente, para que todos eles, procedentes de concellos distintos, se coñezan, se escoiten e se respecten. O Club de lectura foi en moitos casos o principio. O principio do Coro Fa Menor, o principio do Grupo de teatro, o principio do grupo de Colaboradores da Biblioteca. Por iso, queremos dicir que, por riba de todo, o que máis nos satisfai é percibir nos alumnos o desexo de pertenza á Comunidade Escolar do Aguiar.
   Di Cioran que «un libro debe furgar nas feridas, provocalas incluso». «Un libro —di Cioran— debe ser un perigo». No noso caso, non temos medo. Sabemos que, aínda que esteamos moi fatigados, o peor que nos pode pasar é que botemos a voar.

Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez

Santiago, 19 de novembro de 2016

xoves, 17 de novembro de 2016

IRÈNE, Pierre Lemaitre

PIERRE LEMAITRE, Irène, Alfaguara, Madrid, 2015,  394 páxinas.

[NUC LEM irè]

A crítica saudou Irène como unha das novelas negras máis orixinais dos últimos tempos (moi cheos, por certo, de novelas negras). Nós témola a disposición dos nosos lectores xunto as novelas de Sara Mesa e Xabier Quiroga porque temos moi en conta aos membros do xurado que otorgan os Premios San Clemente.

mércores, 16 de novembro de 2016

IZAN O DA SACA, Xabier Quiroga

XABIER QUIROGA, Izan o da saca, Xerais, Vigo, 2015, 382 páxinas.


[NG QUI iza]

   Cando Fabio Vázquez, oficial subalterno con praza de seu, se ía achegando á porta pechada, aquela na que unha placa en letras douradas advertía «Fiscal Superior de Galicia», tina por certo que, ademáis de alterar o sosegó das causas que meticulasamente ordenaba todas as tardes a señora da limpeza, os golpes dos seus cotobelos perturbarían outra volta o seu único ocupante.
   Ao petar, lembrou que na súa última entrada, había unha hora, o titular do despacho recordaba por teléfono ao seu interlocutor os principios que rexían o seu labor, para concluir cun taxativo: «E xa que falas da confianza que nos temos, avisóte, para que llo recordes ao teu cliente: as dilixencias e medidas preventivas que se tomen nesta investigación estarán sempre orientadas a garantir a mais estrita legalidade. E non teño mais que dicir.» Por iso desta vez abriu con tentó e o fiscal, ademáis de amasar o dente pola comisura dereita, mirouno de través compondo un aceno que o subalterno consideraba máis propio dun tafur que dun alto xerarca da xustiza. Desconforme con que o amolasen cando, cada venres antes de marchar de fin de semana, falaba por teléfono cunha tal Rita, nesta ocasión dixo «perdoa un momentiño» cara ao micro, tapouno coa mesma mao coa que sostiña o auricular e pronunciou con ton irado a pregunta sen resposta de costume: «Que pasa agora?»

martes, 15 de novembro de 2016

ACTA DA PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA BIBLIOS AGUIAR




A dinamita non ten esa cor. 

Onte, os lectores que puideron acudir á reunión do Club de Lectura Biblos Aguiar superando as primeiras gripes e as obrigas laborais, chegaron ao acordo de que Jonas Jonasson foi quen de escribir unha novela imperfecta, pero hilarante, previsible na resolución dalgunhas tramas, pero moi entretida e fácil de ler na súa histérica revisión do século XX. Non só quedan nesta historia mal retratados os dirixentes políticos, senón tamén o mesmo protagonista: un individualista exacerbado que ben pronto se contenta co explosivo cóctel de vodka e dinamita.  
El abuelo que saltó por la ventana y se largó é un ocurrente relato carnavalesco que non resiste a revisión dos historiadores; tampouco pretende ser máis que un divertimento, e nese sentido, alomenos mentras o lector ten libro entre mans, o feitizo do pacto narrativo cúmprese con creces.

PRÓXIMA REUNIÓN

Luns 12 de decembro
19:00

Libraría Biblos
Rúa Santiago, 4
Betanzos



NEIL LEYSHON, Del color de la leche, Sexto Piso, Madrid, 2013, 174 páxinas.

luns, 14 de novembro de 2016

HORA DE LER

HORA DE LER


5ª SEMANA [5ª SESIÓN]

Non deixan de ser os libros outra cousa que unha chave para abrir a porta do coñecemento. Ás veces, empapan paseniñamente como o orballo. Outras, como no caso dos relatos de Diego Giráldez e Sara Mesa, conmocionan como a peor das treboadas.
Ilustración: Max

venres, 11 de novembro de 2016

CLUB DE LECTURA ADULTOS BIBLOS AGUIAR

Para acudir á próxima reunión do Club de Lectura de adultos Biblos Aguiar non é preciso vir en pixama. Tampouco convén traer dinamita: basta ter lida (ou case completamente lida) a novela.

Luns 14 de novembro, 18:30

Libraría Biblos
Rúa Santiago, 4
Betanzos


11 DE NOVEMBRO: EN LA MUERTE DE LEONARD COHEN

Una casa grande. Con no demasiadas puertas. Una casa acogedora a la que se acercan los que buscan ser reconfortados por la palabra.

Recitamos, rezamos, con palabras prestadas. Las palabras que el poeta ha tomado de la tribu y ha convertido en salmo, en poema, en canto.
Es la de la Literatura una casa grande, colmada de palabras bien dichas por todos los poetas que se han sentado en esa mesa, en ese altar en el que se celebran el dolor y el placer de estar vivos.

Hoy hemos sabido que se ha muerto el hombre. Hoy sabemos que ha muerto Leonard Cohen. Tal vez el mayor de los poetas menores de este siglo XX que se fue hace no demasiado tiempo de puntillas.
Se ha muerto el padre de Adam y Lorca Cohen. El hombre que quiso ser poeta después de leer a Federico. El hombre que quiso ser cantautor después de escuchar a Dylan. El hombre que nos hizo adorar a Suzanne. El judío errante que cantó Aleluya. El hombre que nos hizo llorar a las cuatro de la mañana, a nosostros que ni siquiera teníamos un impermeable azul, a nosotros que no fuimos capaces de conquistar Manhattan ni Berlín. A nosotros que querríamos bailar eternamente hasta el fin del amor un pequeño vals (¿vienés?).  

El poeta que nos animó a entrar en la casa de la poesía por la puerta de servicio. 
El poeta que nos ayuda a seguir tarareando los himnos. Porque las palabras curan, porque sus palabras, son parte de ese bálsamo con el que podríamos cauterizar alguna de esas heridas con las que nos araña la vida.

Francisco Rodríguez Coloma

martes, 8 de novembro de 2016

CLUBES DE LECTURA 2016 / 2017



CLUBES DE LECTURA 2016 / 2017



Neste cuarto curso no que o IES Francisco Aguiar promociona a lectura, tamén a través das xuntanzas dos Clubs de Lectura, sumamos unha novidade ás nosas xa consolidadas prácticas: un Club de Lectura en francés!
Ademáis de estes clubs (dos que referenciamos títulos e autores), mantemos os exitosos e gratificantes clubs de lectura presencial: Neolectores (primeiro ciclo da ESO) e Club de 2º de Bacharelato



  • NEOLECTORES - PRIMEIRO CICLO DA ESO [6 alumnos / 1 grupo]
  • PRIMEIRO DA ESO. [35 alumnos / 3 grupos]
    CHARLES DICKENS, Conto de Nadal, Vicens Vives.
    OSCAR WILDE, El fantasma de Canterville, Anaya.
    ISAAC ASIMOV, Robbie e outros relatos, Vicens Vives.
 


  • SEGUNDO DA ESO.  [24 / 2 grupos]
     CARE SANTOS, Mentira, Edebé.
     CARE SANTOS, Alua.com, Rodeira.
        

  • TERCEIRO DA ESO. [28 alumnos / 3 grupos]
     ALFREDO GÓMEZ CERDÁ, El rostro de la sombra, SM.
     MARINA MAYORAL, Tristes armas, Anaya.
    
CÉCILE TALGUEN, On a volé Mona Lisa,
Santillana.
 

  • CUARTO DA ESO.   [73 alumnos / 6 grupos]
     ÉVELYNE WILWERTH, La veste noire, Santillana.
     ROSA ANEIROS, Ás de bolboreta, Xerais.
     SECHU SENDE, Made in Galicia, Galaxia.
     KRESSMAN TAYLOR, Enderezo descoñecido, Xerais.
  
   CARLOS G. REIGOSA, Pepa a loba, Xerais.
     LEDICIA COSTAS, Un animal chamado néboa, Xerais.
    
 

  • PRIMEIRO DE BACHARELATO.   [57 alumnos / 4 grupos]
     SANDRA CISNEROS, A casa en Mango Street, Rinoceronte.
     MAGGIE O'FARRELL, A desaparición de Esme Lennox, Galaxia.
     NANCY HOUSTON, Marcas de nacemento, Rinoceronte.
    

  • SEGUNDO DE BACHARELATO.   [40 alumnos / 3 grupos]
     Lecturas presenciais de:

  1. curtametraxes, 
  2. pintadas, 
  3. poesía visual, 
  4. poesía escrita,  
  5. microrrelatos, 
  6. haikus, 
  7. greguerías, 
  8. aforismos...

  • CLUBE ADULTOS AGUIAR.   [25 lectores / 1 grupo]

     JONAS JONASSON, El abuelo que saltó por la ventana y se largó, Salamandra.
     NELL LEYSHON, Del color de la leche, Sexto Piso
   
    [Estes son os títulos decididos ata día de hoxe] 
    




Ilustración: Quint Buchholz

luns, 7 de novembro de 2016

HORA DE LER

HORA DE LER


4ª SEMANA [4ª SESIÓN]

No noso IES son moitas as condutas prohibidas... 
Mirando para a ilustración de Jonathan Wolstenholme, unha das primeiras que ven a mente, é que está moi castigado tentar vir ás clases sen cabeza.
Para esta semana hai van dúas propostas ben divertidas: un relato de Gianni Rodari e uns exercicios de permutacións de Raymond Queneau.

xoves, 3 de novembro de 2016

SILBANDO UN ECO EXTRAÑO, Constantino Molina

CONSTANTINO MOLINA, Silbando un eco extraño, Hiperión, Madrid, 2016, 64 páxinas.

[PC MOL sil]


ALFILER

En mi mano descansa un alfiler.

Sobre la palma abierta
todo el peso del mundo,
que diría el poema.

Pero no. Es tan sólo un alfiler,
sin peso ni misterio.

Muchas veces me sobran los adornos
y con saberme vivo
ya tengo suficiente.