Pechamos as reunións do Clube de Lectura Biblos Aguiar co encontro con Inma López Silva.
Falamos de Aqueles días en que eramos malas: da súa materia narrativa,
da súa estrutura onde é tan importante a autoficción e a metaficción,
das posibles adaptacións teatrais ou cinematográficas, dunha boa
documentación imprescindible para manter a verosimilitude, do mundo
real, do sistema penitenciario, das piscinas dos cárceres, mantidas coas
preceptivas doses de cloro, pero sen usuarios.
Tamén da importancia que tivo para Inma recoller das mans de Manuel
Rivas o seu primeiro premio literario: un premio organizado polo IES
Francisco Aguiar.
Pechamos, en suma, este cuarto ano do Clube de
Lectura cheos de motivos de ledicia, esperando contar con máis lectores a
partir do ano que ven.