Hai días nos que non hai paraguas que protexa plenamente da chuvia.
Nas mans, as historias de Marica Campo ou Vicente Gallego.
Hai días nos que non hai paraguas que protexa plenamente da chuvia.
Nas mans, as historias de Marica Campo ou Vicente Gallego.
Nesta semana na que unha expedición de 1º de BAC viaxa a Budapest, nada máis acaído que unha fotografía de André Kertész, o fotógrafo dos lectores, e unha antoloxía do microrrelatista Itstván Örkény.
E como chega o momento de que algúns lectores acepten o reto de escribir, adxuntamos unha selección de relatos sobre o Vákner, que poden ser inspiración para participar no certame 2026.
Aínda temos presentes as tardes nas que descansabamos da auga coa lectura.
Agora, de volta ás aulas, comezamos Tempo de Lectura.
Domingo Villar, entre outras, fala dun boniteiro francés que se dirixía a Ferrol.
John Updike, da orfandade das pisicinas.
Nós seguimos a asumir o risco de ler... non importa moito desde que lugar.
Xa sentimos a chamada do iodo, o salitre, a area e as algas...
Por iso, para pechar esta última semana de Tempo de lectura, que mellores suxestións de lectura que un poema da artista multidisciplinar Sol Mariño e os relatos A veces en verano de Lucia Berlin e Lectura de un verano de Bernard Malamud.
Paixón procede do latín passio, -onis que significa etimolóxicamente sofrimiento" ou padecimento.
Os relatos futboleiros desta semana permiten obter non pousas leccións de vida.
E hoxe, si, somos moitos apaixonados que sabemos que a fronteira entre o éxtase e o martirio é, en non poucas ocasións, imperceptible.
E claro que si: ler é unha experiencia de primeira.
Calma!!!!
Non é imprescindible facer esta escaleira de libros lectores para achegarse aos textos das autoras propostas para esta semana
Todo o que e novo pode chegar a ser vello. Toda a luz convértese en oscuridade cando pechamos os ollos.
O pintor estadounidense Edmund Charles Tarbell captou o momento de concentración deste novo lector.
Ese mesmo cerebro que permite aprender abecedarios, táboas de multiplicar, xeneaoloxías e momentos da nosa historia persoal, pode envellecer en converter todas as certezas en dúbidas: a irrupción anguriosa do involuntario esquecemento.
Nesta semana na que se conmemora o Día do libro, os lectores poderán escoller entre unha antoloxía de microrrelatos que serven de homenaxe á súa peripecia; e o primeiro capítulo da primeira gran novela moderna, traducido ao galego por Valentín Arias López.
EL LIBRO
En el tronco de un haya una pareja de enamorados ha grabado un corazón traspasado por una flecha. Inés y Luis son sus nombres inscritos en la corteza plateada a punta de navaja. Fue hace muchos años. El árbol era todavía joven cuando la pareja de enamorados pasó por aquí. El tronco, ya muerto, al crecer ha ensanchado y corroído los trazos. Un experto en botánica podría descubrir el tiempo exacto que ha pasado, aunque en este caso no es necesario, puesto que debajo del corazón herido hay una fecha. 23 de abril de 1968. Al pie de este árbol discurre un río apacible cuyas aguas, como la vida, puede que se hayan llevado al mar o a la tumba la memoria de estos amantes. Pero lo escrito, escrito está. Etimológicamente el vocablo libro se deriva del latín liber, que significa la capa fibrosa que hay debajo de la corteza de ciertos árboles. Plinio el Viejo cuenta que los romanos escribían sobre estas cortezas antes de que se descubriera el papiro. Libro y libre tienen en latín la misma raíz. Lectura y libertad son pasiones que siempre acaban por encontrarse. El Día del Libro fue instituido en recuerdo del aniversario de la muerte de Cervantes cuando los vientos saludables anunciaban que la República estaba al llegar. Tampoco 1968 fue un mal año. Tal vez aquella pareja de enamorados, Inés y Luis, hijos del Mayo francés, habían estrenado los primeros vaqueros y habían puesto el dedo en el arcén para viajar en autostop a París con un libro de poemas de Dylan Thomas en la mochila. O tal vez nada. Puede que no fueran conscientes del significado del 23 de abril, pero al grabar sobre el tronco del haya un corazón, una fecha y sus nombres habían regresado sin saberlo al origen del libro, que radica en la corteza de los árboles, donde los antiguos griegos y romanos escribieron los primeros pensamientos y las primeras palabras de amor.
MANUEL VICENT, El libro, El País, 19 de abril 2015.
Volve a chuvia a axudar a agromar ás flores.
Cando o vento e as chuvascadas descansan, volven ás nosas mans, relatos e poemas de mulleres que escriben, antes e despois de ler...
Onde antes se posaran as folerpas, agora asoman as flores da cerdeira.
Outros froitos agromarán na mente do que se arrisca a ler a Lupe Gómez, Luisa Villalta, Amaia Tomé, Irene Pujadas ou Ana María Matute.
Un relato de Garbriel García Márquez que así comeza: «Llegamos a Arezzo un poco antes del medio día...».
A imaxe de Petra Stockhausen na que un home con bombín, como saído dun cadro de René Magritte, está a ler un xornal que transparenta a paisaxe da Toscana.
Uns versos de Petraca traídos ao galego por Darío Xohán Cabana.
Maneiras de dar a benvida aos alumnos de Colle di Val d'Elsa que están a visitarnos.
A viaxe de Rosalía de Larraitz Urruzola.
«Virán chuvias suaves», lemos no relato de Ray Bradbury.
Sabemos que toda realidade desata un desexo...
Latexa en nós a vontade dunha tregua que deixe zafarse entre as nubes ás raiolas do sol.
Aínda toca esperar aquela calor de cando o verán era a vida inmensa...
O luar do penúltimo plenilunio do invierno, ilumina o camiño que leva ao mes de Rosalía.
E podería ser que esta luna luna, ao seu paso polo val de Mondoñedo, onde baixan as estrelas a beber nas fonte, teimara por ser flamenca.