martes, 23 de xuño de 2015

SOBRE CACHORROS DE ORNITORRINCO, Javier Pintor

Cachorros de ornitorrinco. Teoría del microrrelato y experiencia docente
Coordinadores: Francisco Rodríguez Coloma y Raquel Vázquez, Zaera Silvar Editor, A Coruña, 2015, 93 pax. ISBN: 978-84-941376-4-8

   Francisco Rodríguez Coloma, docente no IES Francisco Aguiar de Betanzos ( A Coruña) e Raquel Vázquez, escritora, son os administradores do blog Documenta minima (http://documentaminima.blogspot.com.es/), espazo dedicado ás microformas literarias e uns auténticos coñecedores destas formas narrativas breves, tan características e xenuínas da nosa época. Despois de valorar a idoneidade do xénero do microrrelato para o traballo de aula, decidiron desenvolver unha proposta didáctica arredor desta forma breve cun grupo de 3o de ESO na materia de lingua e literatura. O resultado é o que se nos ofrece neste libro.
    Conscientes de que a competencia literaria do noso alumnado debe xurdir nun contexto comunicativo e de que a lectura e a escritura son as dúas caras dunha mesma moeda, os autores formulan unha proposta na que a lectura lúcida e interrogante sobre os textos se completa nun proceso de escritura.
    A obra ábrese cun lúcido prólogo do escritor Pedro Sánchez Negreira no que conta a súa experiencia co grupo de alumnos, aclara conceptos clave na construción dun microrrelato e dá pistas sobre o algúns dos textos creados na aula. Deseguido, preséntanse as creacións realizadas polo alumnado durante esta experiencia didáctica. Cómpre ler detidamente estes textos tanto pola apropiación consciente dos moldes do xénero por parte do alumnado como pola calidade literaria de moitos dos relatos. A unidade didáctica sobre o microrrelato ocupa o seguinte apartado do libro. Esta sección recolle a xustificación didáctica da unidade, unha explicación teórica dos trazos característicos que definen o xénero e o desenvolvemento metodolóxico das distintas sesións de traballo de aula. O libro péchase cunha completa e útil bibliografía e coa listaxe de microrrelatos seleccionados para o desenvolvemento da proposta didáctica.
    O libro conxuga habilmente a exposición de coñecementos teóricos necesarios para desenvolver a unidade como a praxe esmiuzada do traballo de aula. Deste xeito, a obra convértese nun recurso moi útil para o profesorado que queira motivar o alumnado cara á lectura e a expresión escrita a través duns textos narrativos breves e cercanos á cosmovisión dos rapaces destas idades.
    E non menos importante é o esmerado traballo de edición tan habitual xa nesta editorial e que facilita a aproximación do lector a un libro que inspira infinidade de olladas e abre a porta á creatividade do alumnado dende a lectura. Alimentemos de lecturas a estes cachorros pois neles atópase a semente do noso porvir.

Javier Pintor Elizalde



mércores, 17 de xuño de 2015

PERROS E HIJOS DE PERRA, Arturo Pérez-Reverte

ARTURO PÉREZ-REVERTE, Perros e hijos de perra, Alfaguara, Madrid, 2014, 152 páginas.

[NC PER per]

Ven sendo este libro unha antoloxía de artigos escritos entre 1993 y 2014. O tema monográfico vai sinalado xa no título.

**********
SOBRE CACHORROS Y NIÑOS

   Una vez tuve un amigo negro, silencioso y fiel como una sombra, al que, a pesar del tiempo transcurrido desde que se durmió en mis brazos, todavía sigo buscando con la mirada cada mañana al despertarme, en su rincón favorito del jardín. A veces sueño con él; y otras veces, despierto, imagino que se encuentra en ese lugar magnífico -un prado cubierto de flores hermosas- donde van a descansar los perros buenos y valientes: allí donde sólo hay agua limpia y fresca, huesos con mucho tuétano y perras guapas que siempre están en celo. Ya sé que como paraíso canino suena algo prosaico, pero estoy seguro de que cualquier perro prefiere eso a un sitio lleno de ángeles tocando el arpa y bibliotecas con las obras completas de Marcel Proust.
   Desde hace unos días, está de nuevo en casa. Algo cambiado, es cierto; pero no cabe duda de que es él. De pronto se le han quitado de encima los achaques de trece años de vida, esa pesada y dolorida torpeza de los últimos meses que pasamos juntos. Sus ojos melancólicos ya no miran con tristeza, pero sí con la misma atención, idéntica curiosidad que mostraba en los primeros tiempos, cuando era joven y vigoroso. Ahora lo es de nuevo. Otra vez tiene mes y medio y es un cachorro de labrador fuerte y sano que va marcando el territorio, que tanto conoce pero que por alguna razón quiere descubrir de nuevo, con rigurosas meadillas para dejar las cosas claras. Mide apenas dos palmos y parece de peluche, pero sus colmillos, todavía finos como agujas, ya los ejercita a conciencia, el cabroncete, en cuanta madera y cuero encuentra en las incursiones de comandos que lanza si le quitas la vista de encima. Adora roer cables de la luz y cordones de zapatos como si estuviera majareta. Cuando se siente inseguro en lo alto de la escalera gime lastimero, pero ayer ladró por primera vez con un ladrido minúsculo, agudo y bravo, cuando se cabreó porque nadie atendía sus demandas de juego. Ahora se llama como el hijo de Milady en Veinte años después, un nombre sonoro y temible que acentúa todavía más, por contraste, su aspecto de cachorro cuando duerme arropado en su manta o resbala, torpe, haciendo una insólita pirueta en el suelo. Pero cuando miro sus ojos grandes y oscuros se que de nuevo es él, y que ha vuelto.
   Pensaba en mi perro cuando vi pasar una fila de niños por la calle. Debían de tener cuatro o cinco años e iban cogidos de la mano, por parejas, quince o veinte bajo la vigilancia de tres profesoras que corrían de punta a punta de la fila, pastoreando como podían aquella tropa enfundada en anoraks multicolores, con pequeñas mochilas a la espalda. El espectáculo era muy divertido: como un grupo de locos bajitos, que es lo que puntualmente parecen los críos a esa edad, se movían tan pequeños y torpes como mi cachorrillo. De pronto los primeros se paraban y todos los que venían detrás chocaban unos con otros. Algunos gritaban, otros lloraban, a aquél le limpiaba los mocos una de las maestras; el de allá iba marcando muy serio el paso como si estuviera en un desfile, éste iba hablando solo, la rubita acababa de deshacerse el lazo del pelo, una pareja seguía andando cogida de la mano con aire muy responsable y el último se había sentado en un charco. Mientras tanto, uno acababa de darse a la fuga hacia el semáforo más próximo, corriendo como una bala, y una cuidadora corría despavorida a atraparlo antes de que un automóvil lo hiciera picadillo.
   Los estuve siguiendo un rato por disfrutar del espectáculo, hasta que, para alivio de las pobres maestras, la tropa fue puesta a buen recaudo en un autocar. Y recuerdo que, viéndolos irse, pensé en qué diablos les depararía el futuro. Cuántos de estos enanos chalados, me pregunté, serán con el tiempo guapos, feos, buenos y malos, triunfadores o fracasados, felices o no. Cuántos justificarán el hecho de su creación, engorde y supervivencia, y cuántos se convertirán en perfectos hijos de puta con quienes más hubiera valido que la maestra no llegara a tiempo al semáforo. En cualquier caso, asociando mi cachorro con aquella diminuta tropa, tuve una certeza: a esa edad no importa que seamos capaces de lo peor. No importan la infelicidad, el error, la muerte y la derrota. No importa que a menudo nos veamos atrapados en una broma de mal gusto diseñada por el azar o por un relojero cósmico desprovisto de sentimientos. A cada instante se pone a cero el contador, y el ser humano tiene un don maravilloso: la oportunidad de empezar, e intentarlo de nuevo.

luns, 15 de xuño de 2015

HORA DE LER

 HORA DE LER

34ª SEMANA [4ª SESIÓN]

   Agora si toca decir que ven chegando o final. Por iso, para esta última semana de Hora de ler, que mellores suxestións de lectura que algúns dos textos escritos ao longo do curso polos literatos do Aguiar: Amaia Tomé 01, e Amaia Tomé 02, Sara Parga Pérez, Alberto Gómez Perales, Julia Nieto Mantiñán e Violeta Sánchez Silva.

Ilustración:  Sarah Mazzetti

venres, 12 de xuño de 2015

MARXINADOS, Pepe Carballude

PEPE CARBALLUDE, Marxinados, Galaxia, Vigo, 2014, 140 páxinas.


[NG CAR mar]

Marxinados é unha historia de persoas que viven, dalgunha maneira, fóra do mundo. Pero que tamén queren cambialo.

Fálanos dunha estrela do baloncesto que un día decide rematar a súa carreira e ir traballar como educador ao internado onde tamén el foi criado. Está alí para botar unha man a nenos e nenas que, coma el, foron excluídos por unha realidade que os puxo fóra: pais e nais atrapados na misera, nas drogas, nos problemas duros do lado máis feo do mundo. Pero tamén está alí chamado por unha historia de amor. Unha novela para pensar nas persoas que non poden facer nada por cambiar as cousas. Pero tamén unha novela para pensar nas persoas que as cambian, para mellor, todos os días.

xoves, 11 de xuño de 2015

ESE PRÍNCIPE QUE FUI, Jordi Soler

JORDI SOLER, Ese príncipe que fui, Alfaguara, Madrid, Madrid, 2015, 236 páxinas.

[NC SOL ese]

Esta é a crónica da estirpe do último emperador azteca. Ou ben é o relato dun monumental engano urdido por un pícaro do século XXI. Talvez é as dúas cousas ao mesmo tempo, xa que a Historia ofrece a miúdo as suficientes grietas como para que por elas fíltrese a invención.

No século XVI, unha filla de Moctezuma é raptada por un nobre español que a leva ata un pobo remoto do Pirineo. Alí nacerá un neno, orixe dunha toleada familia vinculada a un tesouro que, segundo conta a lenda, foi enterrado pola princesa en terras catalás. A procura dese tesouro conduce ao narrador ata un personaxe inverosímil, Kiko Grau, quen, aproveitando a súa condición de herdeiro do imperio azteca, introdúcese na alta burguesía de Barcelona. Entre o delirio, a picaresca e a responsabilidade histórica que lle impón a súa orixe, A súa Alteza Imperial triunfa na España franquista estafando a todos aqueles que anhelan engadir ao seu nome un título nobiliario que os avale socialmente. Por absurdo que sexa o título. Por falso que sexa o recoñecemento que conlleve.

Ese príncipe que fui é a deslumbrante narración da vida frenética de Federico de Grau Moctezuma, das súas glorias e dos seus fracasos, do seu afán de ostentación, da súa afección á festa e ao alcohol, do seu ascenso e a súa caída, e do seu escuro retiro nun pobo mexicano cuxos habitantes son os únicos que recoñecen os seus nexos coa realeza prehispánica.

mércores, 10 de xuño de 2015

AS PALABRAS PODEN MATAR, Marcos Calveiro

MARCOS CALVEIRO, As palabras poden matar, Xerais, Vigo, 2015, 130 páxinas.

[NG CAL pal]

   Na colonia Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de trinta mulleres, homes e nenos vítimas da violencia.

martes, 9 de xuño de 2015

SAFARI FOTOPOÉTICO 2015: ARTISTAS PREMIADOS


Primeiro Premio: Alicia González Sánchez.

O xurado estimou a imaxe en si e a súa adecuación co texto, situación deste, tipografía elixida. 



Segundo Premio: Daniel López Lendoiro.

A orixinalidade do encadramento compensa o leve desenfoque da saída de auga. 




Terceiro Premio: Nerea Gutiérrez Barcia.
A fotografía presenta un encadre axeitado, cunhas alineacións desenfocadas que conducen a mirada ás flores do primeiro plano; o texto é axeitado e está ben situado, aínda que contrasta pouco co fondo.

luns, 8 de xuño de 2015

HORA DE LER

HORA DE LER

33ª SEMANA [3ª SESIÓN]

   Nesta penúltima semana de Hora de ler poñémonos do máis culturalistas, pois tanto o relato de Giuseppe Scaraffia como a galardoada narración de Amaia Tomé teñen por protagonistas a cultivados homes de letras.
   Que ledicia poder xuntar aos consagrados cos emerxentes. Parabéns, Amaia!


Ilustración: Beatriz Alamagna

venres, 5 de xuño de 2015

FESTA DE PRESENTACIÓN DO LIBRO CACHORROS DE ORNITORRINCO

    E por fin chegou o día da presentación deste libro que recolle 63 microrrelatos de 36 alumnos que cursaban o ano pasado 3º de ESO. Falaron o escritor Pedro Sánchez Negreira, o atrevido editor Pablo Zaera Silvar e Raquel Vázquez, a inductora da escritura de microrrelatos encapsulados no formato de minilibros seguindo a proposta do Equipo da Biblioteca. Presentou Francisco Rodríguez Coloma.
   Todo o protagonismo recaeu sobre estes artistas polifacéticos que deleitaron á asistencia coa interpretación de varias cancións nos interludios. Durante todo o breve acto nunha gran pantalla se proxectaban as fotografías dos autores antologados e unha escolma das súas narracións.

 
 Amaia Tomé & Aldara Feijoo
 Zuriñe Otero
 
Antía Vázquez, Noelia Fraga, Gala Illanes, Uxía Castelos e Rosalía Doporto

 Stacey [aka Emilio Suárez ]

xoves, 4 de xuño de 2015

martes, 2 de xuño de 2015

luns, 1 de xuño de 2015

HORA DE LER

 HORA DE LER

32ª SEMANA [2ª SESIÓN]

   E así comezamos esta semana do último mes do curso, concentrados na lectura dos poemas da nosa galardoada alumna Sara Parga Pérez ou no fronteirizo relato de Anxos Sumai.

Ilustración: André Letria