Amosando publicacións coa etiqueta CALENDARIO AGUIAR. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CALENDARIO AGUIAR. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de setembro de 2025

CALENDARIO AGUIAR 2026

 


A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza, por sexto ano consecutivo, o concurso artístico-literario que permitirá a edición do Calendario Aguiar. 

Todos os alumnos que desexen participar, farán unha ilustración relativa a un dos doce meses do ano. 

As ilustracións deberán adoptar unha disposición horizontal. 

Acompañará á ilustración unha frase curta en galego, referida ao mes elexido. Esa frase, irá no reverso da lámina ou nun papel anexo. 

Os traballos, orixinais, serán entregados aos profesores de Educación Plástica e Visual ou na Secretaría.

A data límite será será o martes 15 de outubro. 

Paula Fernández Carral 


Os doce mellores traballos conformarán o calendario Aguiar para o próximo 2026.


 



 

mércores, 16 de outubro de 2024

CALENDARIO 2025


A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza, por quinto ano consecutivo, o concurso artístico-literario que permitirá a edición do Calendario Aguiar. 

 

Todos os alumnos que desexen participar, farán unha ilustración relativa a un dos doce meses do ano. 

As ilustracións deberán adoptar unha disposición horizontal. 

Acompañará á ilustración unha frase curta en galego, referida ao mes elexido. Esa frase, irá no reverso da lámina ou nun papel anexo. 

Os traballos, orixinais, serán entregados aos profesores de Educación Plástica e Visual ou na Secretaría.

A data límite será será o martes 5 de novembro. . 

Os doce mellores traballos conformarán o calendario Aguiar para o próximo 2025.

 


 

 


 

 


 

 


xoves, 21 de setembro de 2023

CALENDARIO SOLIDADARIO 2024

 


A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza, por cuarto ano consecutivo, o concurso artístico-literario que permitirá a edición do Calendario Aguiar. 

 

Todos os alumnos que desexen participar, farán unha ilustración relativa a un dos doce meses do ano. 

As ilustracións deberán adoptar unha disposición horizontal. 

Acompañará á ilustración unha frase curta en galego, referida ao mes elexido. Esa frase, irá no reverso da lámina ou nun papel anexo. 

Os traballos, orixinais, serán entregados aos profesores de Educación Plástica e Visual ou na Secretaría.

A data límite será será o venres 27 de outubro. . 

Os doce mellores traballos conformarán o calendario Aguiar para o próximo 2024.

 


 

 


 

 

martes, 23 de novembro de 2021

CALENDARIO 2022

 

Alejandro Carro Figueroa
 Pedro Rafael de Farias Alves
Simón Cabanas Fernández
 Alba Rufino Fernández
Iria Porta García

Sabela Rivera González

 Marcos López López

 Celia Matos Fernández

Pablo Medín González

Daniela Varela Mella

Juana Barreiro Sánchez

Aida García Regueiro

 Karol Lemos Carro

Este é o terceiro ano no que o alumnado do IES Francisco Aguiar responde á solicitude da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, participando na elaboración do Calendario solidario pro Cancer Research Innovation Spain [Iniciativa Noel] [www.criscancer.org]. 

A creatividade dos alumnos de Eva Alfonso Alonso e Xosé Manuel Rey Bao dificultou moito a selección das ilustracións. Por iso, é de xustiza reproducir nesta páxina, no chamado Calendario Alternativo 2022, tanto as catro ilustracións finalistas para a portada, como outros doce debuxos que ben poderían ter sido elixidos no lugar dos que compoñen este traballo. Un proxecto que non tería chegado ás súas mans sen a xenerosa axuda de ACEBE (que colabora de novo na distribución do calendario na súa rede de comercios) e a excepcional diagramación de Carmen Miragaya.
 
Por último, o noso explícito agradecemento á Fundación María José Jove, que, facendo posible a impresión deste calendario solidario, comprace os desexos de toda a xente de ben que sempre anda á procura dun mundo mellor.

venres, 18 de decembro de 2020

CALENDARIO SOLIDARIO AGUIAR 2021

CALENDARIO AGUIAR 2021


   Así posan os artistas: Judith Sánchez García, Alfredo Faraldo Núñez, David Baladrón Arévalo, Noelia Yáñez Gómez, Inés Pena Medín, Yago Cortés, Mellado, [primeira fila]; Aroa Blanco Suárez, Lía Maceiras Sánchez, Alex Birsan, Nébeda Barreiro Vázquez, Adrián Roca Medal, Celia Sánchez Fernández, Erika Sofía Luces Bordón [segunda fila]. 
 

   Os seus traballos ilustrarán o Calendario Aguiar 2021. 
   Por segundo ano, impulsado polo Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, e co imprescindible axuda de ACEBE e outras entidades, próximamente sairá á venda o Calendario Aguiar 2021 ao simbólico prezo de 5 euros. 
   Poderá ser mercado nos comercios de ACEBE e na secretaría do IES. 
  Todos os fondos que resulten da venda deste Calendario serán entregados, a través da Iniciativa Noel a CRIS: Cancer Research Innovation Spain
   Corresponde agradecer ao alumnado o seu entusiasmo e creatividade; a todos os profesores do Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, en particular aos de Educación Plástica e Visual (Álvaro Rivas Ares, Susana Pérez Creo e Xosé Manuel Rey Bao), o xeneroso estímulo e a súa profesionalidade; a ACEBE, (outra vez!), a inmediata disposición a participar na distribución do calendario na súa rede de comercios; a Carmen Miragaya, o excepcional traballo de maquetación —nun tempo que supera anteriores records—. A entidade que sufraga silenciosamente a impresión merece todo o noso ruidoso agradecemento. A todos os participantes, grazas pola vosa creatividade. 
 
 
SEN DISTANCIAS 
 
   Non antes de que as xeadas de febreiro se farten de tinxir os campos. Nin antes de que enchoupen os prados as chuvascadas de abril. 
   Cando os ventos de maio agromen as flores das árbores ou cando a lúa chea alumee a noite de San Xoán. Se cadra, cando as estrelas ascendan o globo axudadas pola lúa nova de agosto. Ou cando as follas dos castiñeiros e dos carballos oculten os vieiros do outono. 
   Entón pasearemos polas rúas abrazados ou collidos das mans, cun sorriso nos labios, porque xa non nos separará ningunha distancia. 
 
   Ese día chegará…