luns, 28 de outubro de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER

5ª SEMANA [5ª SESIÓN] 

Nesta semana (curta) que precede ao día de defuntos, procuramos seguir a ler. A proposta e imitar ao minino de Okada Chiaki. De seguro que anda a ler o conto de Otero Pedrayo O vello e máis o río, porque se tivera entre mans El gato negro de Edgar Allan Poe non tería esa faciana tan marcada pola serenidade.

xoves, 24 de outubro de 2019

DÍA DA BIBLIOTECA


A SEN CONTO

Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul. Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa.

E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.

Nunha casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. Nadaba contra a corrente, fortes ondas de frases afogábana, e cando se deu por vencida e se abandonou á súa sorte, de súpeto salvouna a capitá Pippi Långstrump, unha nena libre, xenerosa, que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o razoamento dos adultos. Acompañada por Matilda, navegaban polo mar das letras para rescatar todos aqueles personaxes que se aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor. Heroínas con forte sentido da xustiza e do deber de protexer os máis débiles.

Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.

Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto, das sen libro, das sen papeis, das nenas que non queren ser princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.


Texto: Gemma Pasqual
Cartel: Miguel Calatayud

Tradución: Héctor Cajaraville

luns, 21 de outubro de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER
 
4ª SEMANA [4ª SESIÓN]

Nesta semana na que é moi probable que os nosos alumnos visiten os xardíns de Kensington, pode ser que atopen a Alicia, e ela leve entre as mans relatos de mulleres como Katherine Mansfield ou Sara Mesa que escriben reflectindo a incomodidade de vivir.

Ilustración: Raquel Díaz Reguera

luns, 14 de outubro de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER
 
3ª SEMANA [3ª SESIÓN]

As suxestións de lectura para esta semán son un relato de Lyudmila Petrushevskaya da súa colección Contos de animais salvaxes e unhas fábulas de Esopo. Por iso, non hai outra ilustración mellor que a de Jimena Estíbaliz Carranza Dorado para suliñar a posible mímese.

martes, 8 de outubro de 2019

RAQUEL VÁZQUEZ, PREMIO LOEWE DE POESÍA JOVEN



La poeta almeriense Aurora Luque, XXXII Premio de Poesía Loewe Raquel Vázquez obtiene el reconocimiento a la Creación joven 2019 
Es la primera vez que ambos galardones en el mismo año encumbran a una autora

Este é o titular do xornal El País: parabéns a nosa ex Raquel por ter recibido un dos premios literarios máis importantes aos que pode optar unha poeta da súa idade.

luns, 7 de outubro de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER
 
2ª SEMANA [2ª SESIÓN]

A ilustración de Yuko Shimuzu reflicte ben o que ocorre nos primeiros quince munutos da segunda sesión: rapaces concentrados a ler relatos de Berta Dávila ou de Marie Luise Kaschnitz.

venres, 4 de outubro de 2019

CONCURSO «CALENDARIO 2020»

A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza un concurso artístico-literario.

Todos os alumnos que desexen participar farán unha ilustración relativa a un dos doce meses do ano. A ilustración levará un pé de imaxe cun pequeno texto referido ao mes elexido, seguindo o modelo que se pode visualizar clicando esta ligazón.

Os traballos orixinais serán entregados na biblioteca antes do 30 do presente mes.

Os doce mellores traballos elexidos servirán para compoñer un Calendario Aguiar para o próximo ano 2020.


xoves, 3 de outubro de 2019

LENGUAJE ENSAMBLADOR, Raquel Vázquez

RAQUEL VÁZQUEZ, Lenguaje ensamblador, Renacimiento, Sevilla, 2019.


TREGUA

Ningún amanecer
podría reducirse nunca a mera rutina.

Hay algo de milagro
en esa luz rugosa
que nos rehace en relieve mañana tras mañana.

Hay algo de milagro
si llega un día más el armisticio.