venres, 31 de xaneiro de 2014

O PRINCIPIO, Paula Carballeira & Sonja Donowski

PAULA CARBALLEIRA & SONJA DONOWSKI, O principio, Kalandraka, Pontevedra, 20212, 36 páxinas. 

Un exemplo de bo facer editorial. Kalandraka edita esta xoia en galego, castelá, portugués, catalá, inglés... Paula Carballeira escribe un microrrelato de exquisita sensibilidade que, despois de mostrar os estragos da guerra, remata cun inevitable desexo de vivir na procura da felicidade. As imaxes de Sonja Donowski son un perfecto complemento do texto: fotografías pintadas ou debuxos fotografiados para esixir a paz.

 




xoves, 30 de xaneiro de 2014

MAUS, Art Spiegelman

ART SPIEGELMAN, Maus, Reservoir Books, Barcelona, 2007, 296 páxinas.

[ BD SPI mau ]

   Podemos ler este libro que mereceu o Premio Pulitzer como un testimonio vivencial dunha historia doutro tempo, un tempo pasado que convén ter esquecido. 
   Visitar Auschwitz como quen vai a un Parque temático... Considerar o xenocidio como un accidente doutra época... Non mirar cara Sarajevo... Decir que nos Balcanes termina Europa... Considerar triviais as loitas tribais de África, Asia...
   O ben, pensar que no mundo dos que presumen de ser humáns non debería haber gatos, ratos ou porcos. 

mércores, 29 de xaneiro de 2014

martes, 28 de xaneiro de 2014

MAKINARIA, Carlos Negro

CARLOS NEGRO, Makinaria, Xerais, Vigo, 2009, 82 páxinas.

[PG NEG mak]

CHATARRA

Como o esqueleto
dun coche oxidado
entre silvas e toxos:
así ti, no nicho,
cando o teu recordo
se reduza a ferruxe,
chatarra da memoria.

luns, 27 de xaneiro de 2014

HORA DE LER


13ª SEMANA [3ª SESIÓN]

Calquera o sabe. Ler ten perigo. Todos coñecemos, mal que ben, a historia do fidalgo que descubriu a realidade da ficción.
Nós asumimos o risco, deixamos que esa luz eduque o noso ollar.

Nas suxestións desta semana:

venres, 24 de xaneiro de 2014

PIRATAS DE LO PÚBLICO, Antón Losada



ANTÓN LOSADA, Piratas de lo público, Deusto, Barcelona, 2013, 368 páxinas.

 Xa sabemos que os libros son para ler, pero..., o Xefe do Departamento de Economía deixa enriba da mesa de xestión e préstamps as xenerosas adquisicións para a Biblioteca e, bastaría que os encargados de fichar os libros fixéramos o que se espera de nos. De facelo, nós, empregados públicos que loitamos pola Educación Pública como garante da cohesión social e a igualdade de oportunidades, non teríamos que vernos, outra vez, neste triste espello que algún día debera escachar: 

   A diferencia de lo que acontece en la sanidad, los elementos ideológicos y discursivos, antes que los económicos, conforman el eje primario de la estrategia corsaria contra la educación pública. Su caballo de batalla principal no será tanto el gasto, sino la búsqueda de una calidad y una excelencia, al parecer; incompatibles con un sistema público. Lo público genera mediocridad, lo privado genera excelencia, ésa es su receta. Los recursos públicos no deben financiar la mediocridad sino la excelencia. Una Política que se ajusta perfectamente a la demanda de una buena parte de esas clases medias y altas que matriculan a sus hijos en centros privados o concertados buscando no sólo un modelo determinado de formación, sino también un entorno específico y más restringido.
   El abordaje a la educación pública funciona igual que hemos visto en materia de sanidad. Los burócratas corsarios están convencidos de que los centros educativos públicos sólo producen mediocridad. La gente está deseando abandonarlos y buscar la excelencia en otro tipo de centros. Pero por si acaso la teoría falla, se asegurarán con sus políticas de asalto de que la educación pública no funcione o funcione mal.
Antón Losada 





xoves, 23 de xaneiro de 2014

TODOS SOMOS, Marcos Calveiro


MARCOS CALVEIRO, Todos somos, Xerais, Vigo, 2013, 160 páxinas.

[NG CAL tod]

Incorporamos aos nosos fondos... N O V I D A D E S ...!

Damos noticia hoxe da novela de Marcos Calveiro: a desaparición de Natalia leva ao lector a sentir inquedanza, medo, sorpresa... 

mércores, 22 de xaneiro de 2014

ELEANOR & PARK, Rainbow Powell


RAINBOW POWELL, Eleanor & Park, Alfaguara, Madrid, 2013, 300 páxinas.

**********
Eleanor Douglas

Tras pasar un año fuera de casa, Eleanor vuelve con su madre, su odiado padrastro y sus cuatro hermanos. Piensa que el nuevo curso va a ser horrible, sobre todo teniendo en cuenta su llamativa melena rizada y pelirroja y su extravagante forma de vestir. Sin embargo, todo cambia cuando un chico le cede su sitio en el autobús y le presta unos cómics.
 Park Sheridan

   De madre coreana y padre inglés, Park es un aficionado a los cómics y la buena música. Le gusta mantenerse al margen de todo lo que ocurre en clase, pero no puede evitar fijarse en la chica nueva.
   La historia de amor entre dos outsiders lo bastante inteligentes como para saber que el primer amor nunca es para siempre, pero lo suficientemente valientes y desesperados como para intentarlo. 
   En los Estados Unidos de 1986, donde en vez de cartas de amor se regalan cintas grabadas con The Smiths, The Cure y The Beatles, Eleanor y Park nos muestran una historia del primer amor adolescente que se ve limitado por una vida familiar complicada y el acoso escolar. No es la típica historia de amor perfecta a la que estamos acostumbrados, sino que nos muestra el difícil cambio de niñez a adolescencia y las inseguridades amorosas de esta etapa de la vida.
   Esta novela es ideal para adolescentes y adultos, ya que los primeros descubrirán otra forma de amar, mientras que los adultos se sentirán identificados con ella porque supone un viaje al pasado y revivir los sentimientos del primer amor. También gustará a aquellos que hayan leído Las ventajas de ser un marginado, porque hay muchas similitudes con la novela: Eleanor destaca en literatura y posee un pasado que se desvela poco a poco, al igual que Charlie.

Gala Sánchez

martes, 21 de xaneiro de 2014

EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS, Mark Herman


MARK HERMAN, El niño con el pijama de rayas, 2008, 94 minutos.

[DVD NIÑ]

Na Biblioteca hai moito por descubrir... Por exemplo esta película, aínda que coñecida por todos, merecedora de novas revisións, pois certo é que o film segue a ser o mesmo, pero de seguro que o espectador que era cada un de nós, cambiou.

luns, 20 de xaneiro de 2014

HORA DE LER



12ª SEMANA [2ª SESIÓN]

Ben abrigadiños, desexando que as mimosas que florecen nas acacias do patio anuncien xa días máis longos e cálidos, perseveramos na lectura. Velaí van as suxestións:

venres, 17 de xaneiro de 2014

FÁBULAS DE ESOPO, Esopo

ESOPO, Fábulas de Esopo, Clásicos Xuntanza, Laracha, 1999, 384 páxinas.


 **********
Sirva esta traducción de Xoan Carlos Domínguez para anunciar que próximamente os libros de Latín e Grego terán acomodo nas novas estanterías da Biblioteca. 
 **********

O  ESPANTALLO  E  A  CEGOA


   Un espantallo, que estendera unhas redes para grous, agardaba de lonxe, inquedo, a súa caza. Unha cegoña pousou onda os grous. O espantallo correu e apresouna con aqueles. A cegoña pediulle que a ceibase ategando que non so non era prexudicial para os homes, senón que, pola contra, era mol útil, porque ao cazar cobras e outros reptiles matábaos. O espantallo díxolle: "Pois se de verdade non es má, mereces un castigo por te pousares con quen a é.
   Asi, tamén nos debemos rexeitar a compaña dos maos para non ser tomados como complices da súa maldade.

xoves, 16 de xaneiro de 2014

AS VOCES CONSAGRADAS, Manuel Álvarez Torneiro

MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO, As voces consagradas, Diputación A Coruña, A Coruña, 1992, 96 páxinas.

[ PG ALV voc ]


FÁBULA

Hai unha fraga que fai a vida nobre, un intre
de luz e transparencia: aquel momento que non
se repetirá polos días dos días. Sabédeo: forma
parte da fábula e está a salvo da épica, da neve
e de outros fervores ou castigos. E moi antiga:
como o país dos deuses e só entrevista pola inocencia.
Non direi o seu nome: o mellor ánimo das palabras
teme recreala por se ocorre a derriba do cristal
máis puro... 

Porque quizais o bosque nunca foi outra cousa
que ese fascinado territorio do soño.

mércores, 15 de xaneiro de 2014

A ARTE DO FRACASO, Berta Dávila

BERTA DÁVILA, A arte do fracaso, Barbantesa, Cangas,2010, 130 páxinas.

[ NG DAV art ]

   Un home honesto está parado no medio do paseo marítimo da cidade. Ten preto de setenta anos e leva un chuvasqueiro azul escuro e unha bolsa de plástico de supermercado cunha barra de pan e o que parece un cartón de leite. Xorden no ceo, afaslados, sinxelos e humildes fogos de artificio que el contempla embobado, detido, coa boca entreaberta. Ás súas costas, dúas adolescentes sentadas nun banco de formigón intercambian fotografías e politóns cos seus teléfonos móbiles. Cando termi­na o pobre espectáculo pirotécnico o home honesto prosegue a súa marcha. Camiña un par de metros e as adolescentes víranse cara a el e bérranlle, algo así como “Ti que miras, vello?” El segue camiñando, coa cabeza baixa, semella que polo agravio. A rea­lidade é que o home ficou triste porque remataron as luces e nin sequera ouviu as adolescentes.

martes, 14 de xaneiro de 2014

LO QUE PERDIMOS, Catherine O'Flynn



CATHERINE O'FLYNN, Lo que perdimos, Seix Barral, Barcelona, 2009, 320 páxinas.

[NUC OFL loq]

La pequeña Kate, que juega a los detectives con su inseparable Mickey, desaparece en un centro comercial. Veinte años después, un vigilante ve a través de las cámaras de seguridad a una niña con un monito de peluche. Una novela de misterio que exige mucha atención del lector.    
Judith Vázquez
 

luns, 13 de xaneiro de 2014

HORA DE LER




11ª SEMANA [2ª SESIÓN]

*** 
Non hai que terlle medo ao frío cando quentan as mans e o maxín as páxinas dun bo libro, como os que quen de escribir Manuel Rivas ou O Leo.

venres, 10 de xaneiro de 2014

LA ISLA DE BOWEN, César Mallorquí


CÉSAR MALLORQUÍ, La isla de Bowen, Edebé, Madrid, 2012, 512 páxinas.

[ NC MAL isl]

Primeiro foi Premio Edebé de Literatura Juvenil; despois, no mesmo ano, Premio Nacional de Literatura Juvenil 2012. Nós, que temos o bo costume de ler de Mallorquí Las lágrimas de Shiva propoñemos esta recomendación que chegou á Biblioteca pola xenerosidade de Edebé. Aí vai o primeiro capítulo.


xoves, 9 de xaneiro de 2014

HORA DE LER



10ª SEMANA [1ª SESIÓN]

***
Comenza este segundo trimestre coa ledicia de ter recibida a visita dos Reis Magos ou Papá Noël. Repetimos autores nas suxestións: