venres, 18 de decembro de 2015

ESTRAÑOS FENÓMENOS PARANORMAIS NO AGUIAR: PARA...¡NORMAIS!

   Estraños fenómenos paranormais no Aguiar. PARA...! NORMAIS!

   O que está a ocorrer nos últimos anos no Aguiar podería, para algúns, semellar "paranormal". Pero non é outra cousa que os froitos do compromiso coa lectura que son os froitos do entusiasmo e do traballo dun grupo de profesores e profesoras .
   Que teñamos tan cantidade de alumnos e alumnas nos clubes de lectura.
   Que ampliemos eses clubs a nais e pais, persoal non docente ou mesmo xente allea ao centro.
    Que cada vez que se fai un concurso literario, como o de "Chíos de Nadal" (enténdase tweets), "petemos" en cantidade e calidade.
    Todo isto deixa de ser "paranormal" se temos en conta o que agacha de entusiasmo, creatividade e traballo. (para os que se pregunten polas proporcións para ista receta ... recurrimos a unha cita que nos deu o outro día Xosé Manuel Rey: "A arte é un 10% de inspiración e un 90% de transpiración")
    Pois ben, en todo isto unha alegría máis. Un motivo máis para presumir. Sen saber de que xeito, un grupo de alumnos e alumnas ofrecéronse a colaborar como voluntarias e voluntarios nas tarefas da Biblioteca.       Botaron unha man na actividade de agasallo de libros que tivo lugar o 11 de decembro. Agora o grupo de colaboradores vaise encargar, coa axuda do profesorado do grupo de Biblioteca, dos préstamos nos recreos; organizaron eles as quendas. Ademais pediron un lugar no que facer peticións, fixeron un cartel e colocárono no taboleiro...e case o encheron....
   Por todo iso, a comunidade educativa do IES Francisco Aguiar, formada maioritariamente polos vosos fillos, sabe que a ilusión é unha conquista diaria, e non atopa modo mellor de desexaros que nunca deixe de aniñar en vos: Feliz Nadal

mércores, 16 de decembro de 2015

Y PICASSO PINTA EL GUERNICA, Alain Serres


ALAIN SERRES, Y Picasso pinta el Guernica, Alberdania, Irún, 2008, 54 páxinas.


[AI SER pic]

Hai moitos modos de inicarse na comtemplación da arte. Últimamente, empresas editoriais como Alberdania, Serres, Phaidon, Corimbo... facilitan ese achegamento ao público xuvenil desde primorosas edicións (coma esta) que poderían ser un bó agasallo sempre. Tamén nestas festas.

martes, 15 de decembro de 2015

luns, 14 de decembro de 2015

HORA DE LER

HORA DE LER

11ª SEMANA [5ª SESIÓN]

Nesta última semana do primeiro trimestre, pasados os examenes, lendo a Hans Christian Andersen ou a Paul Auster, sentimos moi presente xa ese tempo de feliz descanso e reparación que nos devolve, con tenrura, á infancia. 

Ilustración: Noemí Villamuza

venres, 11 de decembro de 2015

CACHORROS DE ORNITORRINCO EN LA MICROBIBLIOTECA

Existen moitos tipos de bibliotecas, pero só unha pode presumir de apostar tanto pola promoción das formas hiperbreves (en particular, o microrrelato): a Biblioteca Esteve Paluzie de Barberá del Vallés. Entre os seus fondos, que conteñen a máis completa colección de narrativa hiperbreve, xa contan con Cachorros de ornitorrinco.

E así o presentan:


No hi ha res més que ens enorgulleixi tant que tenir en el fons especialitzat del gènere microrelat els llibres dedicats pels seus autors i autores.
I en aquest cas un orgull molt especial, perque des de La Microbiblioteca creiem fonamentalment que l'educació és un dels pilars bàsics per a descobrir la literatura i que si aquesta planta la llavor per conèixer-la, valorar-la i estimar-la no hi haurà aturador al llarg de la vida dels nous lectors, i possibles futurs escriptors i escriptores.
Moltíssimes gràcies a Raquel Vázquez, Francisco Rodríguez Coloma, Pedro Sánchez Negreira i a l'editorial Zaera Silvar, per treballar i editar aquest fantàstic llibre.
Els autors de "Cachorros de ornitorrinco: Teoría del microrrelato y experiencia docente" (Zaera Silvar, 2015) són els i les alumnes de 3er d'ESO de l'IES Francisco Aguiar de Betanzos (A Coruña) del curs 2013-14.
La coordinació d'aquest magnífic projecte es deu a Raquel Vázquez i a Francisco Rodríguez Coloma (A Coruña, 1963), ambdós coadministren el blog de referència dedicat a les microformes literàries Documenta Mínima sota el nom de Colectivo Máximo.







xoves, 10 de decembro de 2015

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS: ENCONTRO CON ANXOS SUMAI

Así nacen as baleas é unha novela líquida. Esa foi unha das conclusións dunha fecunda (e divertida) xuntanza coa escritora Anxos Sumai.
Anxos falou da orixe da novela: un traballo sobre a violencia sexista que a levou a analizar o que tamén ocorre no ámbito privado da familia. 
A familia que conforman os donos da ferraxería Cándido oculta, tras o visillo do éxito económico e social, a infelicidade que acaba desencadeando a traxedia, nun mundo no que non hai amor para os seres singulares, que son rexeitados polas súas taras.
Unha historia sobre a amputación emocional, sobre a anomalía, sobre o desafecto... que está sustentada sobre unha arquitectura simbólica na que os encaixes, o funil e a corda e o caldeiro, pero por enriba de toda, a auga, condicionan a mirada intrusa do lector.



mércores, 9 de decembro de 2015

HORA DE LER

HORA DE LER

10ª SEMANA [4ª SESIÓN]


Nesta penúltima semana, entre exame e exame, non podemos deixar de pensar nas próximas vacacións. Por iso, temos tan presente o tempo de Nadal, tanto no relato de O'Henry como no de Manuel Rivas.



Ilustración: Christian Krohg

venres, 4 de decembro de 2015

LOS SINSABORES DEL VERDADERO POLICÍA, Roberto Bolaño

ROBERTO BOLAÑO, Los sinsabores del verdadero policía, Círculo de Lectores, Barcelona, 2012, 296 páxinas.
[NC BOL sin]

Novela de publicación póstuma, pode ser que inacabada, pero ler a Bolaño sempre compensa.

xoves, 3 de decembro de 2015

LIMPEZA DE SANGUE: CLUB DE LECTURA 1º DE BACHARELATO RUBÉN RUIBAL


O SANGUE FAI RUÍDO

   O pasado xoves 19 un  grupo de alumnos de Bacharelato e os seus profesores de Lingua  xuntáronse  nos sillóns da biblioteca do Centro  co gallo de celebrar a primeria reunión do club de lectura do presente curso. Neste amistoso encontro déusenos a oportunidade de dialogar sobre a obra que nos fora emprestada: Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal; peza dramática galardoada no ano 2005 co XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais.
   Os temas dos que máis conversamos durante esta xuntanza foron a amizade forxada polos personaxes principais, Fernando e Pantaleón, nunha sala de diálise dun hospital. A pesar de que os dous homes procedían de mundos completamente distintos (un deles sen recursos e adicto a substancias estimulantes, e o outro do alta sociedade corrupta) atópanse con que ambos son enfermos terminais á espera dun transplante de ril, obrigados a facerse mutua compaña.
   Co paso dos días van aflorando novos pensamentos nas súas mentes, e novas curiosidades sobre aspectos cotiáns aos que a vida nos lles dera oportunidade de prestar atención.
   Outro dos asuntos máis debatidos na biblioteca foi o pesimismo narrativo, xa que en toda a obra se nos  trasmite un sentimento negativo e escuro da sociedade na que vivimos hoxe en día. Ademais, a través da figura de Fernando, o autor consegue crear acertadamente unha necesidade de compaixón e empatía que ningún dos outros personaxes acada en toda a trama.
   Co fin da reunión puidemos disfrutar dunhas deliciosas lambetadas acompañadas dunha nova proposta de lectura: A casa de Mango Street,  que estamos desexosos de comezar a ler.

Amaia Tomé


mércores, 2 de decembro de 2015

QUEDAOS EN LA TRINCHERA Y LUEGO CORRED, John Boyne

JOHN BOYNE, Quedaos en la trinchera, Nube de tinta, Barcelona, 2013, 254 páxinas.

[NUC BOY que]

   Todas las noches, antes de dormirse, Alfie Summerfield intentaba rememorar cómo había sido su vida antes de que empezara la guerra. Pero cada día se le hacía más difícil recordarlo todo con claridad.
   Los enfrentamientos habían comenzado el 28 de julio de 1914. Puede que otras personas no recordaran la fecha con tanta facilidad, pero Alfie jamás la olvidaría, porque era su fecha de nacimiento. Había cumplido cinco años ese día, y sus padres le habían organizado una fiesta para celebrarlo, pero solo habían acudido unas pocas personas: la abuela Summerfield, que se sentó a llorar en un rincón con el pañuelo en la mano y empezó a decir: «Estamos acabados, estamos todos acabados», una y otra vez, hasta que la madre de Alfie le dijo que si no se calmaba iba a tener que irse; el Viejo Bill Hemperton, el vecino australiano de la casa de al lado, que tenía unos cien años y hacía un numerito con la dentadura postiza que consistía en sacársela de la boca y volver a metérsela sin utilizar nada aparte de la lengua; la mejor amiga de Alfie, Kalena Janácek, que vivía a tres casas de la suya, en el número seis, y su padre, que era el dueño de la tienda de golosinas de la esquina y llevaba los zapatos más relucientes de toda Londres. Alfie había invitado a casi todos sus amigos de Damley Road, pero esa mañana, una a una, sus madres habían llamado a la puerta de los Summerfield para decir que sus hijos no podrían ir.
   —Hoy no es un día para una fiesta, ¿no crees? —arguyó la señora Smythe del número nueve, la madre de Henry Smythe, que se sentaba delante de Alfie en clase y emitía al menos diez ruidos desagradables todos los días—. Es mejor que la suspendas, querida.

martes, 1 de decembro de 2015

ASÍ NACEN AS BALEAS: ENCONTRO DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS CON ANXOS SUMAI

Aviso para todos os arponeiros da contorna: xa temos data para o encontro con Anxos Sumai na Libraría Biblos. Será o próximo mércores 9 de decembro ás 18:30.

Está previsto que comecemos a falar de Así nacen as baleas. E despois, como sempre, deixarémonos levar polas correntes mariñas ata eso das oito, momento no que cederémoslle a palabra a Víctor Freixanes, que exercerá como documentado presentador da novela de Manuel Portas Lourenço, Xograr, que ven de gañar o  Premio García Barros neste 2015.  


Libraría Biblos
Rúa Santiago, 4
Betanzos
18:30
9 de decembro do 2015