O
MEU RETO POLO GALEGO
Avanzar
cara á normalización lingüística depende non só do labor
institucional, senón que tamén é necesaria a actuación social e,
sobre todo; INDIVIDUAL.
Como
podemos contribuír á normalización da lingua?
Con
pequenos retos. Marcámonos pequenos cambios nos usos da lingua,
procurando instaurar novos hábitos que sexan a base a posibles
cambios no futuro: empregalo nas miñas redes sociais, comezar a
falalo cos meus amigos, coa miña familia, ...Buscamos sempre retos
posibles, alcanzables, que non nos leven á frustración.
Pensa
e comparte ese pequeno reto ao que estás disposto a enfrontarte
pola normalización da lingua.
***
Estiven
pensando que podía facer eu pola lingua galega. Xa sei que a miña
actitude persoal cara á lingua non vai cambiar soa a situación do
galego, senón que todos debemos mentalizarnos en usalo máis a
miúdo, todos os días, e en calquera situación: na casa, con nosos
pais, pero tamén no instituto, cando empregamos o whatsapp cos nosos
amigos, coa caixeira no súper...Isto é difícil. Custa moito
cambiar as costumes dun día para outro. Pero hai que comezar xa.
A
forma máis fácil para comezar, e vai ser o que eu faga, será falar
en galego na casa, con meus pais, cos que sempre falo en castelán. E
cando poida ver á miña avoa, falareille tamén en galego. Ela fala
galego. ( A ela pegábanlle na escola por falar o galego, díxome
miña nai).
Todos
os días vemos na televisión as noticias na TVG e outros programas
tamén. Con isto aprendo vocabulario novo, expresións galegas,
tópicos galegos... e ata parece que resulta máis fácil falalo. Ata
descubrín nas noticias do mediodía a unha periodista youtuber,
Esther, coa súa sección #dígocho eu, que aclara dúbidas
sobre o galego e fala de palabras de uso común mal empregadas,
xeralmente por influencia do castelán, aínda que tamén moitas
veces fai referencia ao portugués. Gústame moito o #dígocho eu.
Moi curtiño e moi interesante!
ELISA
CHARLÓN 4º B
***
Estou
empezando a falar en galego na casa algúns días á semana, co paso
do tempo intentarei que sexa máis a miúdo
PABLO
FERREIRO 4ºB
Como
xa che comentei na video-chamada do martes eu procurarei falar con
todos os meus amigos en galego. Non e un reto nin dificil nin facil
xa que a moioria do tempo falamos en castelan. Ademais non creo que
me digan que non e coa axuda de Danie, vexo moi probable que poida
cumplir o reto.
MIGUEL GABÍN 4ºA
***
Como
reto propúxeme falar en galego un día da semana con toda a niña
familia , nós nunca falamos en galego, entón pode ser un pouco
difícil, tamén intento que ás miñas curmás pequeñas falenno
comigo un rato algún días porque lles costa moito .
CARMEN
MOSQUERA 4º B
***
Eu para realizar os retos comecei a falar cos meus familiares en
galego. Ao comezo, quedaron sorprendidos porque normalmente non falo
galego na casa, pero agora acostumáronse e falámolo normalmente.
Mesmo cando chamo aos meus amigos, falamos nesa lingua. Tamén
comecei a falar nas redes sociais en galego, para difundir o seu uso
entre os meus seguidores. Espero que esta situación se faga máis
normal e que a xente non se estrañe cando non se fala en castelán.
LAURA PENAS CONDE 4ºB
***
O
meu reto co galego será empregalo nas redes sociais e falalo coa
familia.
ALANA JIMBI NAVARRO 4ºB
***
O
meu modo de contribuír á normalización lingüística será falar
só en galego durante 24 horas. Fareino o luns 11.
SOFÍA
VEIGA 4º B
***
O
meu reto para contribuír á normalización da lingua galega consiste
en utilizala nas redes sociais, coa familia e cós amigos durante
dúas semanas seguidas polo menos. Se para alguén que fala sempre
castelán pode resultar difícil, tamén é certo que se somos
galegos podemos e debemos superar este reto. Vivir como galegos tamén
implica empregar a nosa lingua.
ANA
CALAZA 4ºB
***
Aparte
de falar galego tanto nas redes sociais coma coa miña familia e
amigos, o meu reto será ler e escoitar máis música en galego para
que me sexa moito máis fácil acostumbrarme a falalo e ecoitalo.
Tamén empezaré a ver a miudo a televisión de galicia.
CLAUDIA
NAVEIRA 4º C
***
Eu
vou falar durante 1 semana enteira en galego, coa miña familia e cos
amigos.
ANXO FACHAL 4ºB
***
O
galego é a lingua oficial en Galicia do mesmo xeito que o castelán,
porén, durante séculos, o galego foi moi criticado e menosprezado.
Na actualidade esta situación cambiou para mellor, pero séguese a
ver como inferior, polo que vou contribuír á súa normalización
facendo pequenos retos.
O meu
primer propósito será falalo sobre todo na miña casa cos membros
da miña familia e logo cos meus amigos. Un dos meus problemas neste
reto é que a miña nai non sabe falar e non entende o galego o
suficiente porque é de Venezuela. Outra dificultade vai ser
acostumarse a conversar tanto en galego, xa que estou afeita a
empregar sempre o castelán.
Máis
tarde, comezarei a usalo especialmente nas miñas redes sociais e así
tentar convencer á xente para que se una a esta loita. Neste punto,
non creo que teña ningún tipo de obstáculo.
Despois
empregareino no instituto. Primeiro en materias que xa aplican dita
lingua e despois en todas as demais materias. Na miña opinión, creo
que deberían poñer máis clases de galego porque a linguaxe que
está en perigo de desaparecer é o galego e non o castelán, polo
que creo que ese xesto axudaría moito.
E
por último, tentarei frecuentalo en todo momento e con todos. E
imaxino que estas pequenas metas poden facelas calquer individuo e
que poden favorecer a lingua tan infravalorada.
PAULA
MATO 4ºA
***
Estou
disposta a empregar máis amiúdo o galego, non só na escola. Podo
falarlle a os meus curmáns pequenos en galego para que así vaian
acostumándose a oilo e o teñan como unha lingua tan importante coma
o castelán.
CINTA
MANTEIGA 4ºC
***
Na
minha casa unicamente falo galego, polo que a min falar galego non me
supón ningún reto. O lugar onde non falo o galego é cos meus
amigos, polo que podería enfrentalo coma un reto, e falalo con eles
máis a miúdo.
MIGUEL
LEMA 4ºC
Imaxe. O Raposo
Imaxe. O Raposo