luns, 27 de xaneiro de 2020

HORA DE LER


HORA DE LER 



16ª SEMANA [4ª SESIÓN]

Con menos gravedade e tristeza no rostro (que a retratada por Felice Casorati) os nosos escolares nesta semana poderán elexir ler a Manuel Rivas ou O Leo

Ilustración: Felice Casorati

luns, 20 de xaneiro de 2020

HORA DE LER

HORA DE LER 

15ª SEMANA [3ª SESIÓN]

Despois de levar, neste curso, catorce semanas facendo amables suxestións de lectura, comezamos este luns cunhas gratas imposicións. Como aprender a vivir seguindo os consellos de Julio Cortázar e Manuel Núñez Singala.

Ilustración:  André Kertész

martes, 14 de xaneiro de 2020

ENCONTRO CON ARANTZA PORTABALES: BELEZA VERMELLA

 




Estas fotos documentan a segunda visita de Arantza Portabales á Libraría Biblos para un encontro co Club de Lectura Biblos Aguiar. comezamos falando da novela que motivara, xustamente un ano antes, a primeira reunión: Deixe a súa mensaxe despois do sinal, que xa foi traducida a varias linguas (próximamente será publicada en Alemania). Arantza falou da ilusión de ver a adaptación teatral desa obra montada por Tanttaka, que pronto chegará ao Teatro Principal de Santiago.
D
Despois aceptou relatar polo miúdo todas as estratexias da construción da novela. Recoñeceu que é unha escritora que goza co momento da escrita, que un dos xermolos da novela é a sentencia inicial (A beleza é vermella como unha cunca de cereixas), que mesmo alguén podería pensar que a primeira secuencia podería ser considerada como un microrrelato, que a obra de Celeste Garrido é algo máis que un decorado e unha fonda fonte de inspiración... 
Esta conversa, na que rematamos sen desvelar quen foi o asasino, contou cun fermoso agasallo final: a lectura do comezo da seguinte proxecto no que está a traballar: A vida secreta de Úrsula B.,  narración na que o lector poderá reencontrarse con Abad e Barroso.

luns, 13 de xaneiro de 2020

HORA DE LER

HORA DE LER 

14ª SEMANA [2ª SESIÓN] 

Na tarde de hoxe luns, día no que o Club de Lectura Biblos Aguiar falará con Arantza Portabales sobre a súa novela Beleza vermella, quedan como proposta de lectura unha antoloxía dos seus relatos, textos preferentemente curtos, e unhas fábulas de Esopo.

mércores, 8 de xaneiro de 2020

HORA DE LER


HORA DE LER 

13ª SEMANA [1ª SESIÓN]


Un dos nosos desexos para este ano 2020 é seguir a ler coa mesma paixón.
As suxestións desta semana son una selección de poemas de Carlos Negro e un relato de Ignacio Martínez de Pisón.

Ilustración: Quint Buchholz