O alumnado do IES Francisco Aguiar non pode comer nin beber nas aulas.
Tamén é certo que son moi poucos os rapaces que, a esas idades, adoitan elixen beber café, té ou outras bebidas estimulantes en infusión cando están a ler.
Feita esta puntualización, todos saben que un libro abre a porta a outro libro.
O alumnado de 3º de ESO, dirixido polo seu profesor X.M. Rey Bao , realizou un safari fotográfico baseado nos poemas de Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas.
As fotografías xa enchen os corredores do instituto e con elas os versos de Florencio.
Hoxe o alumnado de 1º
e 2º de ESO participou nunha sesión de
contacontos ilustrado. A actividade, a cargo do colectivo POLO CORREO DO VENTO , está
baseada na súa publicación titulada De Valdeorras a México. Terra a Nosa! Pequena biografía de
Florencio Delgado Gurriarán de
Lela Edicións.
Carlos Taboada e Enrique Mauricio explicaron a biografía do autor acompañando
o seu ameno relato con fermosas ilustracións . Remataron cun obradoiro de
debuxo no que o alumnado fixo caricaturas de Florencio Delgado Gurriarán .
Xosé Luís Mosquera Camba é un deses poetas que non pertence a ningún cenáculo nin segue escolas líricas á moda, mais cómpre non perder de vista. Leva publicando hai case vinte anos, sempre textos que gañaron algún certame, neste caso o Fiz Vergara Vilariño, o que debería facernos reflexionar sobre o papel dos premios, ou, mellor. sobre algunhas precariedades dun sistema tan debedor destas convocatorias. A súa orixinalidade ten que ver con estas cuestións, comunitarias pero tamén coas persoais. Artista visual e especialista en historia da arte, a súa poesía dialoga con outras disciplinas, sobre todo as plásticas aínda que aquí predominan as cinematográficas e musicais.
Malia as diferenzas obvias entre libros, a súa produción ten unha gran coherencia interna que se sustenta na intertextualidade e na procura vangardista, sobre todo no que atinxe ao peso do onírico.
En Parhelio, fenómeno físico curioso que fai patente a materialidade das representacións, aparecen algunhas claves nos paratextos, como o prólogo do propio autor. Nel aclárase de onde procede o título e a influencia de Ingmar Bergman, o que en parte explica a preferencia pola amplitude da prosa, mais acaída á narratividade do cine. As tres partes do poemario toman o nome de tres filmes do cineasta. Neste senso, e se incluimos a escoita das suxestións musicais, a obra é unha experiencia artística completa. Aínda que é recomendábel ter visto as películas, non é necesario para entrar na atmosfera bergmariana. O existencialismo, a culpa, o perdón, as pulsións crimináis, a dificultade de amar ou a violencia nas relacións filiáis dan conta do pesimismo co que se olla a propia vida: «un camino que por momentos se fai / intransitable con tanta lama; tanta, tanta lama». Non se salva a ollada inquietante cara á infancia nunha idealización forzada, a linde fina entre normalidade e anomalía psicolóxica ou os límites da comunicación literaria, outro placebo que, malia a todo, forma parte da realidade. «Quen quere entender o poema con esta auga e con este frío e esta respiración descontrolada?», porque á fin é «O poema, un accidente».
Tanta gravidade está compensada por un certo sarcasmo á sueca, propio tamén do director, e por unha paixón por veces dura que alixeira un contido que puidese parecer excesivamente intelectual, mais que non o é. As recorrenencias e as variacións dalgúns motivos constantes, treman do leme para non deixarse arrasar polo «cabalo envolto en chamas», se é que o arrasamento lector é un problema. Non debería.
Inma Otero Varela, nòs Diario, 20 de maio de 2022.
O pasado xoves 18 de maio, por moito que fora esperable, sacudiunos a noticia coa que abrían as páxinas de cultura de todos os periódicos de España: o temperán falecemento de Domingo Villar.
No seu libro Amores o poeta latino Ovidio (43 a. C.- 17 d. C.) deixou escritas varias sentencias: carmina morte carent (verso 32): os versos nunca morren.
Ergo etiam cum me supremus adederit ignis, / vivam, parsque mei multa superstes erit. (versos 41-42): aínda cando o lume último me teña consumido / vivirei e unha boa parte de min seguirá existindo.
Sempre estará ocupando un lugar preferente na nosa memoria e no noso corazón a obra de Domingo Villar.
Esta semana ilustra o cartel de Hora de Ler a proposta artística de As letras de Florencio, unha adicada ao poeta Florencio Delgado Gurriarán onde o visitante saciará a súa curiosidade e atopará un múltiple mostrario de recursos para achegarse á súa obra.
A seriedade e concentración na lectura que amosa a neñina fotografiada por Antoni Arissa é a que precisa o lector das suxestións de lectura desta semana: Theodor Kallifatides e Manuel Rivas, dous autores que coinciden na honestidade creativa, a preocupación social e unha mirada ética sobre as dores que atenazan aos desfavorecidos.
A súa mensaxe cercana, cargada de
humanidade e sabedoría , engailou a todos os que tivemos o privilexio de escoitar hoxe a Theodor Kallifatides. O escritor mantivo un encontro co alumnado das materias de Literatura Universal e Grego na nosa Biblioteca, na que tivemos a honra de recibilo.
Theodor Kallifatides é autor de máis de corenta libros de ficción, ensaio e
poesía traducidos a varios idiomas. Naceu en Grecia en 1938, e emigrou a Suecia
o 1964, onde empezou a súa carreira literaria. Traduciu do sueco ao grego a
grandes autores como Ingmar Bergman e
August Strindberg, así como do
grego ao sueco a Giannis Ritsos ou
Mikis Theodorakis. Recibiu moitos
premios polo seu traballo tanto en Grecia como en Suecia, país no que reside
actualmente, por exemplo o Premio Nacional grego de Literatura Testemuñal polo Lo
pasado no es un sueño, en 2013.
Galaxia Gutenberg publicou en 2019 a súa obra Otra vida por vivir, que mereceu o
PremioCálamo «Extraordinario 2019». En
2020, publicáronse as obras El asedio de
Troya e Madres e hijos, en 2021
a obra Lo pasado no es un sueño e en marzo deste 2022 a novela Timandra.
Non hai outra materia da que se alimente a arte. Todas as historias das que fala a literatura están basadas en feitos reais. Agora ben, tanto os camiños da memoria como os da ficción (tamén a autoficción) están cheos de espellos.
Diso son mostra as suxestións de lectura desta semana: un relato de Sandra Cisneros ou un fragmento dunha narración de Theodor Kallifatides.