luns, 25 de novembro de 2019

HORA DE LER


HORA DE LER

9ª SEMANA [3ª SESIÓN]

Flamenca é a novela occitana do século SXIII na que se inspirou Rosalía para compoñer o seu disco El mal querer [2019].
Hoxe, 25 de novembro, segue sendo imprescindible recordar a terrible historia das irmáns Mirabal para manter enérxicamente vivo o mesmo activismo que lles costou a vida.

Estas son as nosas propostas de lectura (María Xosé Queizán, Juan Bonilla, Raúl Ariza, unha antoloxía de microrrelatos contra a violencia de xénero, Paula Carballeira, María Reimóndez, Marica Campo, Berta Dávila ou María Xosé Queizán) nesta semana tinxida pola cor negra: #Betanzos en negro, #Aguiar en negro, # Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

sábado, 23 de novembro de 2019

XESÚS FRAGA, PREMIO BLANCO AMOR

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS

O xornalista de La Voz e escritor (exAguiar) Xesús Fraga gaña o premio Blanco Amor

   Unha obra presentada ao Blanco Amor de novela co lema A miña familia e outros emigrantes foi a elixida polo xurado encargado de conceder o galardón como o mellor dos 23 traballos presentados á trixésima octava edición do premio, un dos máis importantes do panorama literario galego. O autor de Virtudes (e misterios), o título do orixinal a concurso, é o escritor e xornalista Xesús Fraga (Londres, 1971).
   A novela, segundo se recolle na acta, recrea «as vicisitudes dunha familia das Mariñas coruñesas, marcada pola emigración a América e a Europa. Trátase dunha historia asentada na realidade da segunda metade do século XX, ben vertebrada e contada a través dun variado mosaico de lembranzas, sensacións, testemuñas, fotografías e o diario dunha nai». Con Londres como epicentro narrativo, e Venezuela como contrapunto, o xurado salientou á hora de dar a coñecer a súa decisión «a relación interxeracional permanente entre o neto e a avoa, unha figura forte que representa a épica das mulleres galegas nun tempo de extremas limitacións». O tratamento da linguaxe e a variedade de rexistros fai que sexa «unha novela para todo tipo de lectores».
   O escritor e xornalista da sección de Cultura de La Voz de Galicia recoñecía que Virtudes (e misterios) «é un libro ao que lle andei dando moitas voltas porque é a historia dos meus avós, que é como moitas das acontecidas nas familias galegas pola importancia que tivo a emigración». O avó de Xesús Fraga era zapateiro e un día decidiu emigrar a Venezuela, deixando muller e tres fillas cativas. Pasou o tempo e a muller reclamouno, mais el non volveu e tampouco quixo que alá fose ela. Como non había posibilidade de ir a América, a avoa de Xesús Fraga decide emigrar a Londres para sacar a familia adiante. E leva consigo a unha das súas fillas, a nai do escritor. E foi así como o autor da historia dos seus avós rematou nacendo en Londres e, co paso dos anos, pechando o ciclo coa volta a Galicia.
   E, como os seus devanceiros, o neno rematou por ser un emigrante nunha terra que non coñecía e na que se falaba un idioma que non era o seu, aínda que rematou por selo e do dominio do mesmo dan conta os premios conseguidos nestes anos, aos que agora se suma o Blanco Amor. «A miña intención era facer unha historia da emigración, pero non como as que xa coñecemos. Quería contar a emigración dende a parte dos retornados, dos que regresan e xa non son a mesma persoa e se atopan cunha realidade que xa non coñecen». O Blanco Amor de novela, que organiza a Deputación de Ourense, está dotado con 15.000 euros e o acto de entrega celebrarase o día 30 no Liceo da cidade. 

Xosé Manoel Rodríguez, La Voz de Galicia, 23 de novembro de 2019.

luns, 18 de novembro de 2019

HORA DE LER


HORA DE LER

8ª SEMANA [2ª SESIÓN]  

Unha das misións da arte é educar a mirada do espectador. Con este relato popular e este conto de Carlos Casares, poderíamos aprender a mirar aos nosos maiores doutro xeito máis empático (ou como diríamos nun pasado non moi alonxado, compasivo).


Ilustración: Philippe Jacquot

luns, 11 de novembro de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER

7ª SEMANA [1ª SESIÓN]  

Como ben di o lema do cartel de Patricia Uresti Castilla, ler transporta; a nós elévanos a lectura dos relatos de  Agustín Fernández Paz ou de César Aira.

venres, 8 de novembro de 2019

ENCONTROS CON JOSÉ OVEJERO: MUNDO EXTRAÑO E INSURRECCIÓN




 






JOSÉ OVEJERO, Insurrección, Galaxia Guttenberg, Barcelona, 2019, 288 páginas.


   Uno de los textos que contiene Mundo extraño [Páginas de Espuma, Madrid, 2018], libro que mereció el XV Premio Setenil al mejor libro de relatos publicado en España, «Los escritores que me gustan» más que una narración es una nítida exposición sobre la Poética del autor. 
   Ovejero confiesa que admira a los escritores que desatan en él la necesidad de escribir, porque cada parcela de belleza esclarecida por el genio de un escritor, desvela la evidencia de todas las oscuridades que en el mundo merecen ser iluminadas. Los escritores que le gustan a la voz de ese texto que ha escrito José Ovejero, apelan al lector para convertirlo en un ser consciente de que la belleza es efímera; por ello, el cometido del escritor, debería ser, expandir la hermosura por el mundo. Tras este contundente aserto, llega la confesión: la voz de ese texto que ha escrito Ovejero admite que, más que una incompetencia para atender a ese cometido (procurar la belleza), su poética obedece a la pertenencia a la estirpe de los que escriben sobre el dolor y el estremecimiento, la de los que describen la fealdad del mundo para que el lector elija entre desear tener ilusiones o ser simplemente un patético iluso. En suma, un escritor que, condenado a envidiar las frases bellas de los otros (que reproducen fogonazos efímeros de la belleza que nos aferra a los comunes con optimismo al mundo), se resarce revelando las verdades incómodas y terribles que acompañan al ser.

   Insurrección va más allá del análisis de las siempre difíciles relaciones entre padres e hijos, más allá del estudio de la psique de una adolescente idealista o de las paradojas del utopismo del movimiento okupa, para situar al lector bien pensante ante un fresco contemporáneo que dibuja las consecuencias del llamado fin de la historia y la muerte de las ideologías (finales del siglo XX) a manos de un capitalismo dedicado a devorar globalmente el tuétano de cada individuo hasta arrojar sus deshechos al vertedero al que llevan el destierro de la clase obrera a las ciudades dormitorio, el desalojo de los viejos habitantes de los cascos históricos convertidos en parques temáticos para turistas, las injusticias laborales, el paro, los EREs, y algunas irracionales sacudidas de violencia, como la de los atentados que diseña el iluminado Alfon.


FRC

luns, 4 de novembro de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER

6ª SEMANA [6ª SESIÓN]  

Ler, ben abrigadiños, entre cabazas e castañas, a José Ovejero (quen departirá este xoves cos alumnos de 1º de BAC e cos lectores do Club de Lectura de Adultos) ou a Rafael Dieste: xa chegou o fin do verán.

Ilustración: Alfonzo Fernández