venres, 21 de decembro de 2018

LIBRO DE LAS PREGUNTAS, Pablo Neruda

PABLO NERUDA, Libro de las preguntas, Seix Barral, Barcleona, 2018, 104 páxinas.


[PC NER lib]

¿Dónde está el niño que yo fui,
sigue adentro de mí o se fue?

¿Sabe que no lo quise nunca
y que tampoco me quería?

¿Por qué anduvimos tanto tiempo
creciendo para separarnos?

¿Por qué no morimos los dos
cuando mi infancia se murió?

¿Y si el alma se me cayó
por qué me sigue el esqueleto?

mércores, 19 de decembro de 2018

CUANDO SALE LA RECLUSA, Fred Vargas

FRED VARGAS, Cuando sale la reclusa, Siruela, Madrid, 2018, 408 páxinas.


POSPOSICIÓN DO ENCONTRO CON ARANTZA PORTABALES

Luns 14 de xaneiro de 2019

19 horas


ENCONTRO DO CLUB DE LECTURA SOBRE CUANDO SALE LA RECLUSA

Luns 4 de febreiro de 2019

19 horas

Libraría Biblos




luns, 17 de decembro de 2018

HORA DE LER

HORA DE LER

12ª SEMANA [6ª SESIÓN]


Da man de Paul Auster e Hans Christian Andersen chegamos á última semana do 2017. 
Xa está moi perto ese tempo de feliz descanso e reparación que nos devolve, con tenrura, á infancia!

Fotografía: Web de Beatriz Millán

venres, 14 de decembro de 2018

martes, 11 de decembro de 2018

O PUÑO E A LETRA, Yolanda Castaño

YOLANDA CASTAÑO, O puño e a letra, Xerais, Vigo, 2018, 112 páxinas.

[PG CAS puñ]

LESS IS MORE

Non me dixo
se che contase o repugnante que encontró a túa boca, 
o charco das túas hormonas pringosas e clamantes. 
Preferiría meter os dedos nun cable de alta voltaxe 
que a miña cara na redondez irrespirable das túas tetas. 
Non me dixo
así me caía enriba agora mesmo unha pía de lastras 
antes ca a responsabilidade das tuas noites de febre, 
que corra o aire entre a miña vertical 
e o pastel de xenxibre das túas ganas. 
Prefiro alfinetes nas cuncas dos ollos 
mellor ca a xelatina das tuas debilidades. 
Non me dixo fuck off, non me dixo vete
a la mierda. 
Prefiro unha dor de ouvidos, un puño na boca do estómago. 
Repúgname o fragor tan rural da tua fame, 
escoitar berrar as túas coxas 
coma bacoriños rosados abertos a machadas. 

Simplemente
el non me dixo.


luns, 10 de decembro de 2018

HORA DE LER

HORA DE LER

11ª SEMANA [5ª SESIÓN]

De todas as suxestións de lectura (un relato de Rafael Dieste ou unha antoloxía de microrrelatos), é evidente que esta moza decimonónica anda a ler Un nuevo cuento de Navidad de Arthur Machen, relato protagonizado por Ebenezer Scrooge. 

A imaxe, de autor descoñecido, ilustrou, no seu tempo, un libro de Jane Austen e agora é a portada do disco de Aidan Moffat & RM Hubbert, titulado inequívocamente Ghost Stories for Christmas.

   

luns, 3 de decembro de 2018

HORA DE LER

 HORA DE LER

10ª SEMANA [4ª SESIÓN]

Nesta semana curta que comeza co luns 3 de decembro, Día Internacional adicado ás persoas con discapacidade, nas nosas mans, as follas que tamén son alas, deixan voar os relatos de Agustín Fernández Paz e Nicolás Casariego Córdoba
E a esas, engádense outras propostas: as curtametraxes de Pedro Solís García e Joshua Wiegel.

A lectura sempre transforma ao lector.

Ata pódenos converter en anxos!



Pedro Solís García, Cuerdas, 2013.



Joshua Wiegel, El circo de la mariposa, 2009.


Ilustración: Elizabeth Sagan e James Trevino