Amosando publicacións coa etiqueta ARTE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ARTE. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de xaneiro de 2024

HORA DE LER



Volvemos ás aulas co afán de recuperar o costume do estudo.

Emular, por que non, a capacidade de concentración da rapazada, congregada arredor dos libros, que tan ben captou Elvira Santiso nesta imaxe.

Sobre a necesaria recuperación da pintora betanceira, escribe a nosa [ex] alumna Sara Fraga Pérez o artigo  «Elvira Santiso: una pintora de Betanzos» publicado no último número do Anuario Brigantino.


martes, 20 de xuño de 2023

MEDIACCIÓN: UNHA INTERVENCIÓN DO PROXECTO TERRA

 

Posan nesta fotografía as rapazas e rapaces que constitúen o Equipo de MediAcción do noso centro.

Para embelecer o seu espazo contaron coa axuda dos alumnos de Educación Plástica e Visual de 3º de ESO que plasmaron na parede, coa supervisión de X.M Rey Bao, a primaveral proposta da súa compañeira Noelia Yáñez Gómez, artista interdisciplinar á que temos que felicitar tamén por outro logro, este musical: ven de ser seleccionada para formar parte da Orquesta infantil da Sinfónica de Galicia.






#Planproxecta

#Proxectoterra


martes, 28 de febreiro de 2023

SEMINARIO HISTORIA, ARTE Y CULTURA SANTA MARÍA DO AZOUGUE

 


Mañá mércores 1 de marzo as persoas interesadas na historia e na arte poderán asistir gratuitamente ao Seminario Historia, arte y cultura Santa María do Azougue.


mércores, 23 de marzo de 2022

PAREIDOLIA, 3º ESO [José Manuel Rey Bao]


 A pareidolia é un fenómeno psicolóxico onde un estímulo vago e aleatorio (habitualmente unha imaxe) é percibido erróneamente como unha forma reconocible. O Departamento de Educación Plástica e Visual con José Manuel Rey Bao traballou este concepto un curso máis, coma sempre, con resultados divertidos e sorprendentes.