martes, 20 de xuño de 2023

MEDIACCIÓN: UNHA INTERVENCIÓN DO PROXECTO TERRA

 

Posan nesta fotografía as rapazas e rapaces que constitúen o Equipo de MediAcción do noso centro.

Para embelecer o seu espazo contaron coa axuda dos alumnos de Educación Plástica e Visual de 3º de ESO que plasmaron na parede, coa supervisión de X.M Rey Bao, a primaveral proposta da súa compañeira Noelia Yáñez Gómez, artista interdisciplinar á que temos que felicitar tamén por outro logro, este musical: ven de ser seleccionada para formar parte da Orquesta infantil da Sinfónica de Galicia.






#Planproxecta

#Proxectoterra


Ningún comentario:

Publicar un comentario