Amosando publicacións coa etiqueta XOSÉ A. NEIRA CRUZ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta XOSÉ A. NEIRA CRUZ. Amosar todas as publicacións

luns, 21 de febreiro de 2022

luns, 25 de febreiro de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER

20ª SEMANA [2ª SESIÓN]

Hoxe 24 de febreiro, no día de Rosalía, a superheroína que debuxou Xiana Iglesias, propón unha unha escolma dos seus poemas e o relato de Xosé Neira Cruz, A verdadeira historia dun dente de Rosalía de Castro.


  

Esta segunda imaxe está tomada do cartaz da AELG.

martes, 15 de maio de 2018

O SONO DAS SEREAS, Xosé A. Neira Cruz


XOSÉ A. NEIRA CRUZ, O sono das sereas, Galaxia, Vigo, 2017, 158 páxinas.

[NG NEI son]



XI Premio de Narrativa Breve Repsol 2017 

Á beira do areal de Traba, na Costa da Morte, unha igrexa garda un segredo insospeitado e terrible. Á sombra del, ao longo dos séculos de silencio e infortunio, as mulleres dunha mesma familia padeceron a condena de seren mortas en vida. As habitantes da Casa do Soño: velaí o nome polo que a súa morada é coñecida en toda a contorna. A hisotira que se agocha detrás dese lugar é un tabú que selou bocas e soldou medos ao longo de xeracións. Ninguén fai preguntas nind á máis palabras que as que, de vez en cando, a escape, se poden coar nalgunha rexouba repregada de inmediato coa forza coa que as mareas volven ao seu lugar de orixe. Sen deixar ningún atisbo certo ao descuberto. Só a chegada de tres estraños a ese mundo pequeno e atlántico, recollido en si coma nun embigo de pedra, permitrá desvelar a verdade. Unha verdade repleta de prexuízos e de supersticións tan estrañas e inesperadas como as sereas que aduban as paredes dese templo ancorado no tempo, dentro do cal latexa a marabilla, o misterio e a maldade.

xoves, 2 de marzo de 2017

HORA DE LER

HORA DE LER




18ª SEMANA [6ª SESIÓN]

Pode que alguén veña ás clases sen ter deixado atrás aínda o antroido...
Para esta [mini]semana hai quedan estas suxestións de lectura: os relatos de Xosé A. Neira Cruz e Sandra Cisneros.

xoves, 20 de febreiro de 2014

QUEN CASA TEN DE SEU, Varios Autores

VARIOS AUTORES,  Quen casa ten de seu, Fundación Rosalía de Castro, Padrón, 2009, 46 páxinas.

[ NG QUE ]

Este libro subtitulado Cinco contos na casa de Rosalía contén cinco relatos ilustrados. Marilar Aleixandre e David Pintor; Fina Casalderrey e Ramón Marcos; Helena Villar Janeiro e Iván Suárez; Miro Villar e Fausto; e Xosé A. Neira Cruz e Miguelanxo Prado fan parella; deste último reproducimos un dos magníficos debuxos que fai compaña o conto de Neira Cruz, A verdadeira historia dun dente de Rosalía de Castro, suxestión de lectura desta semana. 


luns, 17 de febreiro de 2014

HORA DE LER



16ª SEMANA [6ª SESIÓN]

Non é unha pelexa. Os libros dialogan. Intertextualidade...

  • O relato no que Xosé A. Neira Cruz indaga sobre un dente de Rosalía de Castro, ten moi en conta a célebre historia do Ratiño Pérez, narración que Luis Coloma escribira pensando no futuro rei Alfonso XIII.
Quen pode pensar que dous libros pelexen...!