Amosando publicacións coa etiqueta ENSAIO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENSAIO. Amosar todas as publicacións

xoves, 10 de novembro de 2022

PARA VÓS, JOGADORES, Javier Vázquez Costa




 

JAVIER VÁZQUEZ COSTA, «Para vós, jogadores», AGAL, Santiago, 2022, 112 páxinas.

Esta semana recibimos con xúbilo a visita de Javier Vázquez Costa, [ex] alumno do noso IES, que veu a agasallar á nosa biblioteca cun exemplar do seu primeiro libro. 

A súa titora do Traballo de Fin de Master, Teresa Moure, ante a excelencia do texto de Javier, Graduado en Ciencias Políticas pola USC, recomendou á editorial a publicación deste ensaio subtitulado As masculinidades nos videojogos.

Dúas observacións finais: 

Primeira: nestes momentos Javier está a traballar na empresa NorQuality no Departamento adicado ao deseño de plans de igualdade.

Segunda: a adicatoria (Para el IES Francisco Aguiar por enseñarme tantas cosas permitirme conocer a compas y profes increíbles y por ser la inagotable fuente de sueños y fantasías de tanta gente), non foi obtida a punta de pistola.

Parabéns, Javier!

xoves, 31 de maio de 2018

ESCRITO EN CAFETERÍAS, Miguel Anxo Murado

MIGUEL ANXO MURADO, Escrito en cafeterías, Galaxia,Vigo, 2014, 196 páxinas.


   Un portaavións fabricado cunha aliaxe do metal fundido nas Torres Xemelgas, unha factoría de chalecos antibalas onde se dispara contra os traballadores para probas o xénero, un padriño da mafia afeccionado á música do Padriño de Coppola… Son algunhas das historias reais que nos contan estas páxinas de Miguel Anxo Murado, escritas en principio como columnas de prensa pero concibidas desde a perspectiva do escritor máis que do xornalista.
   O lector atopará aquí non tanto opinións como parábolas, paradoxos e reflexións sobre asuntos tales como a relación entre as epidemias e a solidariedade, os inconvenientes de abolición do Purgatorio ou o carácter máxico das mans dos políticos. Notas, en definitiva, arredor da actualidade e a vida que, como di o autor, «é como o emblema do teatro: unha máscara que ri e outra que chora».

martes, 31 de maio de 2016

LECCIÓN MAGISTRAL, Luis Alberto de Cuenca

LUIS ALBERTO DE CUENCA, Lección magistral, Plataforma, Barcelona, 2015, 146 páxinas.


[O CUE lec]

Subtitulado 15 enseñanzas para la vida este eloxio do esforzo na comprensión do mundo recolle a transcripción dunha conversa do ilustre filólogo e poeta cun grupo de estudantes.

venres, 20 de decembro de 2013

LA VUELTA AL MUNDO DE UN FORRO POLAR ROJO, Wolfgang Korn



WOLFGANG KORN, La vuelta al mundo de un forro polar rojo, Siruela, Madrid, 2010, 135 páxinas.
[33 KOR vue]


   Un libro para abrir los ojos y darse cuenta de las complejas relaciones existentes entre el mercado y el mundo globalizado. El lector acertará a entender por qué existe la pobreza en lugares como Bangladesh o Senegal.
   La historia: Wolfgang Korn compra el chaleco rojo en unos almacenes de Alemania. Su precio de rebaja: ocho euros.
   Una reflexión procedente: cuánto cobra la costurera por cada chaleco confeccionado, si hay que pagar el transporte por medio mundo y la tela.
   El gran negocio de la economía a gran escala se basa en la explotación de los que más sufren,

Alba Orjales [1º BAC C]

venres, 22 de novembro de 2013

LA VUELTA AL MUNDO DE UN FORRO POLAR ROJO, Wolfgang Korn


WOLFGANG KORN, La vuelta al mundo de un forro polar rojo, Siruela, Madrid, 2010, 135 páxinas.
[33 KOR vue]

**********
Subtitulado Pequeña historia de la gran globalización, este libro obtivo o premio alemán ao mellor libro xuvenil de divulgación científica no 2009. Korn reflicte, tras seguir a pista dun obxeto de uso común como esa prenda de vestir, que a globalización disfrada de modernidade as inxusticias que alimenta a economía capitalista mundial. Un libro ameno e abraiante.

Siruela deixa ler un anaco. A Biblio do IES presta enteiros os libros que mercou o Departamento de Economía. E para os que teñades o desexo de visitar as mesmas teses nun poema, ahí vai un desvío: Miguel D'Ors, Made in Pakistan.