venres, 30 de abril de 2021

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... NOVO DISCO DE DIEGO SALGADO



 

 

Na orla da promoción dos alumnos que remataron 2º de BAC no 2008 está, como corresponde, a fotografía de Diego Salgado. 

Actor, poeta e músico, ven de publicar o seu primeiro disco en solitario, xa como Diego Salgado, Growing Strong. É un album co-producido, mezclado e masterizado por Carlos Rodríguez Castro, vinculado á xestión cultural de festivais como O Son Do Camiño e  artistas como, Xoel Lopez, La Pegatina, Rosalía, Luar na Lubre, Ivan Ferreiro ou Kepa Junkera.

Parabéns a Diego por tanta boa música neo-soul!!!

martes, 27 de abril de 2021

POEMAS, Chika Sagawa


CHIKA SAGAWA, Poemas, Rinoceronte, Cangas, 2021, 72 páxinas.

 

AS FORMAS DAS NUBES

Unha procesión de xente pasa

empurrando a través dun arco de ondas prateadas. 

 

Recordos rotos brillan 

Sobre as rocas, as àrbores, e as estrelas. 

 

 Hai unha cortina engurrada 

ao lado da venta. Desgàrrana. 

 

Abanéase unha grilanda 

na luz radiante que e creada pola cidade de mârmore. 

 

Todos os días, as puntas dos dedos que semellan follas finas 

debuxan mapas.

 


luns, 26 de abril de 2021

HORA DE LER

 

 HORA DE LER

27ª SEMANA 

[3ª SESIÓN]


As chuvias desta última semana de abril, axudarán a que flores e plantas agromen nos campos.

Os relatos de Francisco Castro e de Julio Llamazares outro tanto farán na imaxinación dos seus lectores.

luns, 19 de abril de 2021

HORA DE LER




HORA DE LER

26ª SEMANA [2ª SESIÓN]



Que maravilla levará entre mans?
Que podería pasar si...?
Como sería a literatura universal de non ser por este fidalgo tolo polas letras tan ben pintado por Albert Asensio!

venres, 16 de abril de 2021

BETANZOS 800 ANOS NOS ENCONTROS PLAMBE 2020-2021



Mañá venres 16 de abril, a nosa compañeira Carmen Suárez participará nos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2020-2021 relatando a experiencia docente Betanzos 800 anos, merecedora do premio VI Concurso de Traballos por Proxectos

A nosa gratitute a todo o alumnado e profesororado que participou, con tanto entusiasmo, nese traballo e a Carmen por condensar no seu momento esa historia para a revista EDUGA (en colaboracion con Julián e Chus) e hoxe por verbalizala ante tantos compañeiros como exemplo de boas prácticas docentes.



luns, 12 de abril de 2021

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: ELOXIO DA LECTURA

 [Un libro é un soño que ti podes ter nas túas mans.]

Ana González Oro

A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza un Concurso de Fotografía co que eloxiar o hábito de ler.

Cada fotografía irá acompañada dunha frase relativa á lectura.

As fotografías serán enviadas ao correo electrónico da biblioteca [bibliofranciscoaguiar@gmail.com] en formato jpg. 

No corpo do correo, o autor engadirá o texto que servirá de pé de foto: no exemplo premiado de Ana González Oro, a secuencia sería: [Un libro é un soño que ti podes ter nas túas mans].

A data límite de recepción de traballos será o 22 de abril.

O xurado reuniráse o 23 de abril, Día Mundial do Libro, para determinar os traballos merecedores de premio.

HORA DE LER

 

 25ª SEMANA

[1ª SESIÓN]
 
Non ten o edificio do noso IES esa alzada de cinco alturas..., pero si ten tantos ou máis lectores. 
Esta semana, nas mans, relatos de Marta Sanz e Xosé Miranda.

luns, 5 de abril de 2021

HORA DE LER


24ª SEMANA 
 
[6º SESIÓN]

Cada un dos trazos aos que lector presta a súa voz conforma un mundo: 

Kůň, hevonen, cheval, άλογο, лошадь, häst, horse, zaldi…

Ler esa palabra para que o noso cabalo vaia ao galope.