martes, 27 de abril de 2021

POEMAS, Chika Sagawa


CHIKA SAGAWA, Poemas, Rinoceronte, Cangas, 2021, 72 páxinas.

 

AS FORMAS DAS NUBES

Unha procesión de xente pasa

empurrando a través dun arco de ondas prateadas. 

 

Recordos rotos brillan 

Sobre as rocas, as àrbores, e as estrelas. 

 

 Hai unha cortina engurrada 

ao lado da venta. Desgàrrana. 

 

Abanéase unha grilanda 

na luz radiante que e creada pola cidade de mârmore. 

 

Todos os días, as puntas dos dedos que semellan follas finas 

debuxan mapas.

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario