xoves, 28 de outubro de 2021

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Sabela Caamaño, Premio Martín Códax



CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS…  Sabela Caamaño, Premio Martin Codax 

   Sabela Caamaño amosou a súa excelencia académica, de modo constante, nas aulas do Aguiar, que deixou no 2008. 

   Xa cursando ESO soubemos dos seus moitos éxitos musicais obtidos en distintos concursos internacionais. 

   Titulada superior en Acordeón, Pedagoxía da Linguaxe Musical e Piano, é profesora no Conservatorio Profesional de Música da Coruña.

   Hoxe recibe os nosos parabéns por ter obtido cun dos seus grupos musicais, Caamaño e Ameixeiras, o Premio Martín Códax na categoría de Folk. 

luns, 25 de outubro de 2021

CLUB DE LECTURA ADULTOS . BIBLOS AGUIAR 2021-2022


    No curso 2013/2014 o noso IES comezou a feliz aventura dos Clubs de Lectura, unha aventura que o día 20 de marzo de 2014 se extendeu aos adultos que manteñen ou mantiñan algún vínculo co noso Instituto. Desde ese día celebramos durante o curso unha reunión mensual na Libraría Biblos arredor dun libro. 
   Tivemos a sorte, moitas veces, de contar coa visita cos autores das novelas elexidas: Cristiana Sánchez-Andrade (Las inviernas), Anxos Sumai (Así nacen as baleas), Celso Castro (entre culebras y extraños), Raquel Vázquez (La ocarina del tiempo), Antonio Altarriba e Kim (El arte de volar), Antón Riveiro Coello (A ferida do vento), Inma López Silva (Aqueles días en que eramos malas), Eli Ríos (Luns), Sergio del Molino (La mirada de los peces), Marcos Calveiro (O xardineiro dos ingleses), Miguelanxo Prado (Presas fáciles), Arantxa Portabales (Deixe a súa mensaje despois do sinal), Antón Lopo (Extraordinario), Andrés Neuman (Hacerse el muerto), Raquel Vázquez (Paralelo 36), José Ovejero (Insurrección) e Arantxa Portabales (Beleza vermella).
   
 Tras a paréntese aberta, lamentablemente, en marzo de 2020, pretendemos reiniciar esta actividade volvendo á Libraría Biblos.

   As persoas interesadas en sumarse ao Club deben enviar un correo a bibliofranciscoaguiar@gmail.com co asunto Alta Club de Lectura indicando no corpo do correo o interese en participar. 
   A mecánica de reunións alterna os encontros cos autores coa lectura doutras obras.
  Para a primeira sesión mensual, esperamos poñer á disposición dos lectores, exemplares da novela Las lealtades de Delphine de Vigan.
   
   O día da reunión do Club de Lectura os lectores poderán mercar, na Libraría Biblos, os próximos libros a ler: entre as débedas pendentes por mor da pandemia, o último premio Nacional de Narrativa: Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga, a novela gráfica Os contos da néboa, de Laura Suárez, e Infelices de Javier Peña.
Equipo da Biblioteca
 

HORA DE LER


5ª SEMANA 
 
[5ª SESIÓN]

Nestas datas que anteceden o día de defuntos, as lecturas ben poden axudar a desacralizar a Morte, a desmontala, con serenidade, das súas maiúsculas para ensinar a vivir a Vida.
Son os medos moi necesarios para encarar os perigos. Mal administrados, eses medos poden ser un atranco para deixarnos vivir a vida.  
Son os medos moi necesarios para encarar os perigos. Mal administrados, eses medos poden ser un atranco para deixarnos vivir a vida.   
De todo iso (e de moito máis) falan Encol da morte do Bieito, un relato de Rafael Dieste, e este conto transilvano adaptado por Ana Cristina Herreros.

Deixamos a curtametraxe sobre o relato de Dieste (que fixera Xudit Casas), para os que pensan que convén ver tamén a película.


venres, 22 de outubro de 2021

CONCURSO DE (MICRO) RELATOS


 O Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza, como en cursos anteriores,  un concurso de relatos (ou microrrelatos) con temática de terror.

As propostas de lectura das próximas semanas, estarán marcadas polas historias de defuntos e o trasmundo.
 
Os traballos poderán ser enviados preferentemente ao correo da biblioteca: [bibliofranciscoaguiar@gmail.com] co [Asunto: Concurso de relatos de terror] e o documento anexo en formato editable (doc, odt...).
 


SEN MEDO ÁS LECTURAS DE MEDO

Lecturas de medo na biblio.

 


    Na semana vindeira , na que   remata o mes co samaín,  celebraremos na biblioteca  varias sesións de lectura de relatos de medo . Será durante algúns recreos que vos anunciaremos nas aulas , e , debido ás limitacións de aforo, estarán dirixidas preferentemente ao alumnado dos clubs de lectura.
    Para ir ambientando  xa temos na biblio unha boa selección de lecturas que son para poñer os pelos de punta , pero xa se sabe que o medo é libre. Non as perdades!






mércores, 20 de outubro de 2021

ESCONDITE INGLÉS, Ana Rodríguez Suárez & Andrea Peteiro Piñeiro


 

 

O pasado venres 15 de outubro presentouse en Arzúa a curta gañadora do Certame de guións contra a violencia de xénero por motivos económicos que convoca a Deputación da Coruña. Asistiron ao acto as gañadoras, as exalumnas Ana Rodríguez e Andrea Peteiro e a profesora coordiandora Maca Rocamonde, que despois de visionar a curta ‘Escondite inglés’ falaron do significado da mesma e como viviron o proceso de gravación e a satisfacción de ver o resultado final feito.
 
Parabéns!!!

luns, 18 de outubro de 2021

CLUB DE CIENCIAS: OBRADOIRO AI & MACHING LEARNING

HORA DE LER


4ª SEMANA

[4ª SESIÓN]

Houbo un tempo no que todas as artistas tiñan que conformarse con ser a muller de. 

Iso mesmo lle pasou tamén a Berthe Morisot, a que tanto tempo foi simplemente a muller de Édouard Manet.

Para desmontar ese ostracismo vergoñento son precisas iniciativas como a conmemoración do Día das escritoras.

domingo, 17 de outubro de 2021

PRESENTACIÓN DE CONSECUENCIAS, Óscar García Ramos

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS

Presentación do libro do noso compañeiro Óscar García Ramos, Consecuencias, [Calderón, Malpica, 2021], gañador do XXIV Premio de poesía Francisco Añón | (2020).

Na presentación [Libraría Biblos, 19:30] estará acompañado por Xosé Luis Mosquera. 

Poesía ao cadrado.



    Óscar García Ramos e Xosé Luís Mosquera indagaron onte no complexo universo de “Consecuencias”, o poemario do que é autor o primeiro e que onte presentou o segundo na libraría Biblos de Betanzos. Ambos se manexaron con humor encomiable por un mar de referencias para achegarnos á parte máis afastada desta lectura, que foi merecedora do XXIV Premio Francisco García Añón. O libro está publicado por Caldeirón, nunha edición limitada e numerada á man que podedes atopar en Biblos. No acto participou asemade o editor, Eduardo Estévez.

Carmela González

venres, 15 de outubro de 2021

XESÚS FRAGA, PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA

 

Parabéns ao noso exalumno Xesús Fraga, que ven de recibir onte o máximo galardón institucional ao que pode aspirar un narrador: o Premio Nacional de Literatura por Virtudes (e misterios)

Cando obtivo o Premio Blanco Amor, Xosé Manoel Rodríguez escribiu sobre esta obra presentada á concurso co lema A miña familia e outros emigrantes:A novela, segundo se recolle na acta, recrea «as vicisitudes dunha familia das Mariñas coruñesas, marcada pola emigración a América e a Europa. Trátase dunha historia asentada na realidade da segunda metade do século XX, ben vertebrada e contada a través dun variado mosaico de lembranzas, sensacións, testemuñas, fotografías e o diario dunha nai». Con Londres como epicentro narrativo, e Venezuela como contrapunto, o xurado salientou á hora de dar a coñecer a súa decisión «a relación interxeracional permanente entre o neto e a avoa, unha figura forte que representa a épica das mulleres galegas nun tempo de extremas limitacións». O tratamento da linguaxe e a variedade de rexistros fai que sexa «unha novela para todo tipo de lectores».

xoves, 14 de outubro de 2021

LA HISTORIA DE LA ROPA INTERIOR, Iwona Wierzba

 

IWONA WIERZBA, La historia de la ropa interior, Thule, Barcelona, 2020,  132 páxinas.

Afortunadamente, non se limita a ser unha colección de anecdotas relativas á (non) vestimenta.

A lectura deste libro ilustrado permite, revisitando a historia, advertir como as crenzas e as ideoloxías modelaron a vida cotián das persoas e, ata fai moi ben pouco, impuxeron a relegación da muller á consideración de obxecto.


mércores, 13 de outubro de 2021

HORA DE LER

3ª SEMANA

[3ª SESIÓN]

Ler, non cabe a dúbida, e unha actividade perigosa. 

Mesmo permite modificar o noso punto de vista sobre as cousas!

Os que esqueceran levar o libro poden coñecer no fermoso relato de Etgar Keret a exemplar historia de Yoavi, ou constatar no relato de Fran Alonso que torres máis altas caeron. 

sábado, 9 de outubro de 2021

NOVIDADES

 Xa temos na biblioteca o XII PREMIO XULES VERNE  de literatura xuvenil.


O seu autor Antonio M. Fraga, fálanos da obra  no seguinte video:

martes, 5 de outubro de 2021

FORMACIÓN DE USUARIOS

 



Esta semana o alumnado de 1º de ESO, novo no instituto, está a recibir por quendas sesións de formación de usuarios, coñecendo a biblioteca do Centro e aprendendo a localizar libros.

luns, 4 de outubro de 2021

HORA DE LER

 

2ª SEMANA

[2ª SESIÓN]

Todas as ficcións, tanto a realista e Sandra Cisneros como a non realista de Philip K. Dick, nútrense dos elementos que o maxín dos seus autores percibiron na realidade observada o pensada polo seu tan real cerebro.

A lectura —escribiu Mario Vargas Llosa, recordando a súa nenez— convertía o sono en vida e vida en sono».