mércores, 15 de marzo de 2017

ANTONIO ALTARRIBA E KIM NO IES FRANCISCO AGUIAR

Moi agradecidos a Antonio Altarriba e a Kim polo seu paso por Betanzos. 

A primeira hora da tarde, reunión cos alumnos de 3º de ESO que tiñan lido El arte de volar baixo a supervisión de X.M. Rey Bao na asignatura de Educación Plástica e Visual. Os alumnos deixaron constancia de saber recoñecer outros tipos de «bocadillos». 
A continuación, xuntanza na Libraría Biblos do Club de Lectura Biblos Aguiar (aberto a todos os lectores que o desexen). 

Altarriba e Kim demostraron, coa súa humildade, bonomía e proximidade, que significa ser artista.

Moitas grazas aos que fixeron posibles estes momentos: Carmela e Tucho, sempre coas súas portas abertas á captación da sensibilidade, Javier Pintor, X.M. Rey Bao e a todos os lectores que téndose atrevido a coñecer a arte de voar, procuraron batir as súas ás, mesmo tendo unha á rota. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario