Amosando publicacións coa etiqueta RAÚL ARIZA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RAÚL ARIZA. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de novembro de 2021

HORA DE LER

 



9ª SEMANA
 
[3ª SESIÓN]

No ano do centenario da morte de Emilia Pardo Bazán, non podemos deixar de recomenfar a lectura dos seus relatos explícitamente feministas.
A esta antoloxía de Dona Emilia, engadimos outras propostas de lectura (María Xosé Queizán, Juan Bonilla, Raúl Ariza, unha antoloxía de microrrelatos contra a violencia de xénero, Paula Carballeira, María Reimóndez, Marica Campo, Berta Dávila ou María Xosé Queizán) nesta semana tinxida pola cor negra: #Betanzos en negro, #Aguiar en negro, # Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

luns, 25 de novembro de 2019

HORA DE LER


HORA DE LER

9ª SEMANA [3ª SESIÓN]

Flamenca é a novela occitana do século SXIII na que se inspirou Rosalía para compoñer o seu disco El mal querer [2019].
Hoxe, 25 de novembro, segue sendo imprescindible recordar a terrible historia das irmáns Mirabal para manter enérxicamente vivo o mesmo activismo que lles costou a vida.

Estas son as nosas propostas de lectura (María Xosé Queizán, Juan Bonilla, Raúl Ariza, unha antoloxía de microrrelatos contra a violencia de xénero, Paula Carballeira, María Reimóndez, Marica Campo, Berta Dávila ou María Xosé Queizán) nesta semana tinxida pola cor negra: #Betanzos en negro, #Aguiar en negro, # Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

luns, 20 de novembro de 2017

HORA DE LER

HORA DE LER


8ª SEMANA [2ª SESIÓN]


Nesta semana, na que os corredores do noso centro estarán ocupados pola cor negra, mesmo a ilustración, coa que convidamos  semanalmente a ler, ben podería ser o cadro de Kasimir Malevich.
Con todo, eleximos as cores vivas da ilustración de Malota (Mar Hernández) incluida na novela de Carmen G. de la Cueva, Mamá, quiero ser feminista (Lumen, 2017).  


Vivan las Mujeres from catalina estrada on Vimeo.

luns, 24 de novembro de 2014

HORA DE LER

8ª SEMANA [2ª SESIÓN]
   Hoxe eliximos o tamaño extragrande para a fotografía dunha rapaza de dazasete anos que ven sendo desde o 2012 unha gran muller. Que a Fundación sueca lle concedera o Premio Nobel da Paz a Malala Yousafzai (xunto a Kailash Satyarthi) é un síntoma inequívoco de que a comunidade internacional premia a súa valentía pola denuncia da situación de moitas nenas (e nenos) en moitísimos lugares do mundo. Seguen vixentes as palabras que empregábamos o curso pasado: "Unha muller non debería ter que loitar a cobadazos polo espazo que lle rouba o sexismo dunha sociedade machista, que tanto lle pide a subordinación ao home cando a converte en boneca (en maniquí vivinte, ben disfrazada de símbolo sexual), como cando simplemente a esmaga no xogo ben noxento e aburrido da sumisión".
    
   O noso embigo vén ser a proba. Todos somos fillos de nai: as víctimas e tamén os verdugos.

   
   Convén ler (a estas mulleres e a estes homes) para non esquecer esa débeda:

luns, 25 de novembro de 2013

HORA DE LER

6ª SEMANA [6ª SESIÓN]

   Unha muller grande. Tan grande como esta escultura de Belén González.
  
   Unha muller que non debería ter que loitar a cobadazos polo espazo que lle rouba o sexismo dunha sociedade machista, que tanto lle pide a subordinación ao home cando a converte en boneca (en maniquí vivinte, ben disfrazada de símbolo sexual), como cando simplemente a esmaga no xogo ben noxento e aburrido da sumisión.
    
   O noso embigo vén ser a proba: somos todos fillos de nai.
   
   Ler (a estas mulleres e a estes homes) para non esquecer a débeda: