Amosando publicacións coa etiqueta MARÍA REIMÓNDEZ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MARÍA REIMÓNDEZ. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de novembro de 2021

HORA DE LER

 



9ª SEMANA
 
[3ª SESIÓN]

No ano do centenario da morte de Emilia Pardo Bazán, non podemos deixar de recomenfar a lectura dos seus relatos explícitamente feministas.
A esta antoloxía de Dona Emilia, engadimos outras propostas de lectura (María Xosé Queizán, Juan Bonilla, Raúl Ariza, unha antoloxía de microrrelatos contra a violencia de xénero, Paula Carballeira, María Reimóndez, Marica Campo, Berta Dávila ou María Xosé Queizán) nesta semana tinxida pola cor negra: #Betanzos en negro, #Aguiar en negro, # Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

luns, 25 de novembro de 2019

HORA DE LER


HORA DE LER

9ª SEMANA [3ª SESIÓN]

Flamenca é a novela occitana do século SXIII na que se inspirou Rosalía para compoñer o seu disco El mal querer [2019].
Hoxe, 25 de novembro, segue sendo imprescindible recordar a terrible historia das irmáns Mirabal para manter enérxicamente vivo o mesmo activismo que lles costou a vida.

Estas son as nosas propostas de lectura (María Xosé Queizán, Juan Bonilla, Raúl Ariza, unha antoloxía de microrrelatos contra a violencia de xénero, Paula Carballeira, María Reimóndez, Marica Campo, Berta Dávila ou María Xosé Queizán) nesta semana tinxida pola cor negra: #Betanzos en negro, #Aguiar en negro, # Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

martes, 22 de maio de 2018

AS COUSAS QUE NON QUEREMOS OÍR, María Reimóndez

MARÍA REIMÓNDEZ, As cousas que non queremos oír, Xerais, Vigo, 2017, 496 páxinas.

[NG REI cou]


A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da Vilalba dos seus pais á Barcelona da súa infancia, o peso da orixe abre nela fendas que non sabe como xestionar. A proxección de si mesma na cidade, o rexeitamento e a vergoña, fan que por veces esqueza que foi en Vilalba, ese lugar que tanto detesta, onde coñeceu unha das persoas máis importantes da súa vida: a súa amiga Saínza. Dende a súa liña de saída torta, Aurora busca seguir correndo cara adiante sen matinar no percorrido, concentrada no seu traballo como xornalista de deportes e nos espazos dunha vida na que todo, en aparencia, está dentro do agardado. "As cousas que non queremos oír" explora o alleamento, os límites do corpo e a enfermidade, os afectos e a busca das certezas cando o mundo enteiro se esfarela. Porque de cando en vez a vida nos interroga sen que poidamos atopar respostas definitivas, máis que a forza de afondar na nosa propia debilidade para renacer.Nesta nova entrega do "Ciclo dos elementos", Reimóndez entrecruza os fíos das protagonistas de entregas anteriores cos de Aurora para continuar creando un universo literario único no que as lectoras son quen de compoñer tamén a historia a partir de cada unha das novelas independentes. Despois de "En vías de extinción", "A música dos seres vivos" e "Dende o conflito", "As cousas que non queremos oír" transita unha nova forma de enfrontarse á migración e o desprazamento e traza novas interaccións e perspectivas das personaxes xa coñecidas, como Gaia, MK ou Saínza Combarro.

xoves, 29 de xaneiro de 2015

DENDE O CONFLITO, María Reimóndez

MARÍA REIMÓNDEZ, Dende o conflito, Xerais, Vigo, 2014, 304 páxinas.


[NG REI den]

Engadimos á etiqueta de novidades a novela que obtivo o Premio Xerais de Novela 2014.

luns, 24 de novembro de 2014

HORA DE LER

8ª SEMANA [2ª SESIÓN]
   Hoxe eliximos o tamaño extragrande para a fotografía dunha rapaza de dazasete anos que ven sendo desde o 2012 unha gran muller. Que a Fundación sueca lle concedera o Premio Nobel da Paz a Malala Yousafzai (xunto a Kailash Satyarthi) é un síntoma inequívoco de que a comunidade internacional premia a súa valentía pola denuncia da situación de moitas nenas (e nenos) en moitísimos lugares do mundo. Seguen vixentes as palabras que empregábamos o curso pasado: "Unha muller non debería ter que loitar a cobadazos polo espazo que lle rouba o sexismo dunha sociedade machista, que tanto lle pide a subordinación ao home cando a converte en boneca (en maniquí vivinte, ben disfrazada de símbolo sexual), como cando simplemente a esmaga no xogo ben noxento e aburrido da sumisión".
    
   O noso embigo vén ser a proba. Todos somos fillos de nai: as víctimas e tamén os verdugos.

   
   Convén ler (a estas mulleres e a estes homes) para non esquecer esa débeda:

luns, 25 de novembro de 2013

HORA DE LER

6ª SEMANA [6ª SESIÓN]

   Unha muller grande. Tan grande como esta escultura de Belén González.
  
   Unha muller que non debería ter que loitar a cobadazos polo espazo que lle rouba o sexismo dunha sociedade machista, que tanto lle pide a subordinación ao home cando a converte en boneca (en maniquí vivinte, ben disfrazada de símbolo sexual), como cando simplemente a esmaga no xogo ben noxento e aburrido da sumisión.
    
   O noso embigo vén ser a proba: somos todos fillos de nai.
   
   Ler (a estas mulleres e a estes homes) para non esquecer a débeda: