Amosando publicacións coa etiqueta JESÚS ZOMEÑO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta JESÚS ZOMEÑO. Amosar todas as publicacións

luns, 4 de febreiro de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER

17ª SEMANA [5ª SESIÓN]

Pode ser que a alguén a lectura dos relatos de Olga Patiño ou Jesús Zomeño lle encha o maxín de estatuas dormidas, mans ameazantes e pantasmas.
[Que grao de ensimesmamento o que amosa a protagonista do debuxo de Lisa Aisato!]
Ou quizais non!

luns, 4 de decembro de 2017

HORA DE LER


HORA DE LER

10ª SEMANA [4ª SESIÓN]

Nestes primeiros días de decembro poderemos ler o relato de Xosé Cid Cabido ou o de Jesús Zomeño. Non o faremos en soidade nin coa mesma anacrónica elegancia da muller pintada por Jacques-Emile Blanche. 
Pero estaremos a ler...

martes, 29 de marzo de 2016

HORA DE LER

HORA DE LER

 23ª SEMANA [5ª SESIÓN]

Aínda que non tan cómodos como na ilustración de Kamilė Krasauskaitė seguimos a ler. Esta vez podemos as propostas son os relatos de Jesús Zomeño e Sechu Sende.

xoves, 22 de maio de 2014

PIEDRAS NEGRAS, Jesús Zomeño

JESÚS ZOMEÑO, Piedras negras, Lengua de Trapo, Madrid, 2013, 162 páxinas.



[NC ZOM pie]
 
Alguén haberá que pense tras ollar a portada deste libro: outra edición oportunista aproveitando a invasión de historias sobre a Gran Guerra. Dende aquí non temos máis que decir: ésta é unha das mellores coleccións de relatos que temos lido neste curso. Para quen dubide, antes de retiralo da Biblioteca ou antes de mercalo na libraría, quedan estas dúas ligazóns por xenerosidade do autor: Cruel e 1916, Puntos de una mapa. Dublín. Gracias, Jesús.