venres, 29 de novembro de 2013

DÍA DE LAS LIBRERÍAS

Damos grazas aos libreiros que conseguen poñer nas nosas mans a cultura: Biblos, Brea, Carricanta e tantas outras casas do saber que foron promovendo que a nosa sociedade fose máis culta e máis libre.

xoves, 28 de novembro de 2013

PALABRAS ENVELENADAS, Maite Carranza


MAITE CARRANZA, Palabras envelenadas, Rodeira, 2010, 264 páxinas.

[NG CAR pal]
**********

   Nuria Solís é unha personaxe de Palabras envelenadas, concretamente a nai da protagonista, Bárbara Molina. É unha muller vexetal, desequilibrada, anulada, unha vítima máis do maltrato de xénero; unha persoa que, en contra do ciclo da vida, tivo que perder (aínda que non para sempre) a unha filla.
   A nai de Bárbara é unha persoa transformada; grazas á súa irmá podemos saber que na súa xuventude ela era aventureira e loitadora, activa e moi botada para adiante. Este cambio ten a  orixe  en Pepe, o seu home.
   Nuria é maltratada psicolóxicamente por parte do seu marido. Apreciámolo cando teñen que declarar ante a policía pola desaparición da filla e el non para de berrarlle, ou na casa cando a trata esperando dela a submisión. El consegue facerlle ver que necesita axuda, ela non existe a forza de pastillas e así anúlaa coma persoa autónoma, independente e con capacidade de decisión. Nela refléxanse as características da maioría das mulleres maltratadas: os sentimentos de culpa, o agradecemento, a dependencia cara ás súas parellas, a incapacidade de ver a realidade, de poñer un fin. [...]
   A pesar do seu reencontro coa filla, eu creo que é unha muller chea de carencias, con moitas feridas que curar, que arrastrará toda a súa vida e das que padecerá durante moitos anos as consecuencias. [...]


Lola Mosquera [1º BAC C]

mércores, 27 de novembro de 2013

LÁGRIMAS DE SANGRE, Jordi Sierra

JORDI SIERRA, Lágrimas de sangre, Alfagura, Madrid, 2008, 206 páxinas.

[NC SIE lag]

**********
Marcelo volve a comprobar que todo se repite: o seu pai agrediu de novo a súa nai. Unha historia de apendizaxe dos afectos e unha lección de vida sobre o impacto da violencia na familia e no individuo.
**********


martes, 26 de novembro de 2013

TE LO JURO YO, León y Quiroga


TE LO JURO YO

Yo no me dí cuenta de que te tenía
hasta el mismo día en que te perdí.
Y vi claramente lo que te quería
cuando ya no había remedio para mi.
Llévame por calles de hiel y amargura,
pónme ligaduras y hasta escúpeme,
échame en los ojos un puñao de arena,
mátame de pena, pero quiéreme.

LEÓN Y QUIROGA, Te lo juro yo.


DON FEDERICO MATÓ A SU MUJER






DON FEDERICO MATÓ A SU MUJER

Don Federico mató a su mujer.
La hizo picadillo.
La puso en la sartén.
La gente que pasaba
olía a carne asada.
Era la mujer de Don Federico.
Don Federico perdió su cartera
para casarse con la costurera.
La costurera perdió su dedal
para casarse con el general.
El general perdió su espada
para casarse con una bella dama.
La bella dama perdió su abanico
para casarse con Don Federico.
Don Federico perdió su ojo
para casarse con un piojo.
El piojo perdió su cola
para casarse con una Pepsi Cola.
La Pepsi-Cola perdió sus burbujas
para casarse con una mala bruja.
La mala bruja perdió su gatito
para casarse con Don Federico.
Don Federico le dijo que no
y la mala bruja se desmayó.
Al cabo de 3 días le dijo regular
y la mala bruja se puso a llorar.
Al cabo de 3 meses le dijo que sí
y la mala bruja le dijo por aquí.

TE DOY MIS OJOS, Iciar Bollaín


ICIAR BOLLAÍN, Te doy mis ojos, 2003, 103 minutos.

[DVD TED]

**********
   Algunha excelencia terá esta película para que un crítico cinematográfico tan hipercrítico como Carlos Boyero a calificase coma "La película más estremecedora que he visto sobre el maltrato doméstico." Obtivo sete premios Goya incluíndo Mellor película, mellor dirección, mellor actor e mellor actriz.
   Nós, que non temos o espírito tan hipercrítico, recomendamos Amores que matan, unha curtametraxe de Bollaín, do ano 2000, que mesmo pode ser considerada o borrador de Te doy mis ojos. Amores que matan é un falso documental que procura a reflexión sobre a violencia sexista e mesmo sobre o sexismo irreflexivo que transmite o imaxinario colectivo en cancións infantís (Don Federico...) ou pasodobles que todos os nosos avós bailarían nas festas do patrón.
   Unha boa guía didáctica sobre a película a atoparedes aquí.
**********


luns, 25 de novembro de 2013

HORA DE LER

6ª SEMANA [6ª SESIÓN]

   Unha muller grande. Tan grande como esta escultura de Belén González.
  
   Unha muller que non debería ter que loitar a cobadazos polo espazo que lle rouba o sexismo dunha sociedade machista, que tanto lle pide a subordinación ao home cando a converte en boneca (en maniquí vivinte, ben disfrazada de símbolo sexual), como cando simplemente a esmaga no xogo ben noxento e aburrido da sumisión.
    
   O noso embigo vén ser a proba: somos todos fillos de nai.
   
   Ler (a estas mulleres e a estes homes) para non esquecer a débeda:

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER


   O luns 25 e o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Nós temos todolos días moi presente a necesidade de erradicar calquera forma de violencia.
   Nesta semana insistiremos na concienciación dos nosos alumnos mediante diversas actuacións. Unha será a selección de textos propostos para Hora de ler.
    Dado que moitas das nosas conductas obedecen a mímese, procuremos que os nosos adolescentes e nenos non teñan exemplos como os que evidencia a sutil e terrible imaxe do noso querido David Vela.

venres, 22 de novembro de 2013

LA VUELTA AL MUNDO DE UN FORRO POLAR ROJO, Wolfgang Korn


WOLFGANG KORN, La vuelta al mundo de un forro polar rojo, Siruela, Madrid, 2010, 135 páxinas.
[33 KOR vue]

**********
Subtitulado Pequeña historia de la gran globalización, este libro obtivo o premio alemán ao mellor libro xuvenil de divulgación científica no 2009. Korn reflicte, tras seguir a pista dun obxeto de uso común como esa prenda de vestir, que a globalización disfrada de modernidade as inxusticias que alimenta a economía capitalista mundial. Un libro ameno e abraiante.

Siruela deixa ler un anaco. A Biblio do IES presta enteiros os libros que mercou o Departamento de Economía. E para os que teñades o desexo de visitar as mesmas teses nun poema, ahí vai un desvío: Miguel D'Ors, Made in Pakistan.

   

xoves, 21 de novembro de 2013

VIDAS ROTAS, Bénédicte des Mazery



BÉNÉDICTE DES MAZERY, Vidas rotas, Alianza Editorial, Madrid, 2012, 416 páxinas.

[NUC BEN vid]

**********
Damos as gracias ao Departamento de Xeografía e Historia, que recomenda encarecidamente a lectura deste relato antibelicista composto pola autora, tras recibir a correspondencia real dun soldado da primeira gran guerra do século XX. Tres exemplares esperan parar pouco tempo nas baldas da sección de narrativa universal da nosa Biblio.


mércores, 20 de novembro de 2013

MINI-RELATOS, Fran Alonso


 FRAN ALONSO, Mini-relatos, Cartabón, Vigo, 1999, 72 páxinas.

[NG REL] 

**********
Fran Alonso é o responsable desta edición non venal da viguesa Librería Cartabón. Cada minirrelato vai acompañado dunha fotografía de Manuel G. Vicente.
 **********
ESE DÍA

Coma unha tola. Estou todo o mes esperando ese día coma unha tola. Cando chega, por fin, síntome libre. Para min, non hai maior pracer que ese día tan especial. E cando chega é coma se o mundo enteiro fose meu. Sinto que me converto nunha gaivota, nun falcón, nunha aguia, na raíña de todos os ecos. Por fin podo correr, saltar, berrar, bailar, nadar, mercar flores, irme de cámping, xogar ao baloncesto, montar a cabalo, voar en parapente, saltar en ala delta, facer rafting nos ríos... por fin podo experimentar o sabor da liberdade, podo facer o que me praza, podo subir un outeiro e baixar unha montaña, faltar ao traballo, parar o tráfico no medio da rúa, rachar os farois dos parques, queimar as papeleiras, darlles mil patadas aos cans, romper os cristais das ventás a pedradas, destrozar os mobles da casa, esnaquizar a vaixela contra o chan, fender o televisor co rabo duriha vasoira, esfregarme espida contra os anacos da louza e os vidros ata cortarme unha e mil veces, sangrar libremente e sen pudor a través de cada poro da miña pel e, logo, absorver o sangue dos meus peitos coas compresas ultrafinas. Ese día en que me chega a regra.
María Baredo

martes, 19 de novembro de 2013

A NETA DO SEÑOR LINH, Philippe Claudel

PHILIPPE CLAUDEL, A neta do señor Linh, Rinoceronte, Cangas, 2010, 120 páginas

**********

OFELIA E A NETA DO SEÑOR LINH

    —Bo día Ofelia.
    —Tao-lai, Carme.

   Un sorriso cálido e cómplice esvarou dos ollos da profesora de lingua ata ficarlle pousado nos beizos:
    —Vexo que ti tamén caíches Ofeliña, pois agarda a chegares ao final …

   Non sabía Carme ata que punto, abofé que caera! Pero quen carafio lle mandaba a ela poñerse a ler o libro aquel? Claro que era tan tentador, alí pousado na conserxería, xa tres días agardando que alguén viñese recollelo, e non viña. Non puidera evitar abrilo … E nese mesmo intre comezara a instalarse o asombro.  O primeiro, antes de dar lido unha frase sequera, foron os olores: de súpeto o cuarto da conserxería enchérase dunha mestura de aromas vexetais, exóticos, a selva virxe, que como fitas de cores xogaban a perseguirse e enleábanse coas fórmulas químicas e os apuntamentos de bioloxía que rítmica e indiferente cuspía a fotocopiadora. A seguir, mentres Ofelia mergulla na historia do señor Linh, ese vello que o perdeu todo, que ficou só, exiliado nunha terra estraña por mor da guerra, mais cun amor inmenso pola súa neta de poucos meses, o único que lle dá motivo e forzas para seguir con vida; mentres Ofelia aloumiña coa súa ollada húmida a faciana do vello, arredor súa continúa a debullarse o abraio: agora é terra, unha terra agre e queimada, con olor a napalm, a que penetra no cuarto e se encara cos libros de historia, como pedindo explicacións. Despois unha fermosa canción de berce, deluvada nunha lingua doce e descoñecida para ela, reborda tremendo dos labios de Ofelia.
   “Agarda a chegares ao final”. O malo sería que agora que xa está acabando o libro, agora que o señor Linh atopou un amigo verdadeiro nesa terra cruel e estraña, e vai fuxir coa súa neta do sitio onde os teñen encerrados, para reencontrárense con el …
    —Tao-lai Ofelia, viña recoller un libro.

luns, 18 de novembro de 2013

HORA DE LER

5ª SEMANA [5ª SESIÓN]

*** 
Hoxe comenzamos a quinta semana. Non é que estemos cansos... Só se trata de estar cómodos e deixarse levar: sentir como os pés, que están pousados no ferro da cadeira do compañeiro de diante, empezan a flotar. As ás as atopamos ben nun feixe de minirrelatos escritos por An Alfaya, Rosa Aneiros e outros autores galegos; ou no edificante fragmento dunha novela de Francisco Casavella.  

venres, 15 de novembro de 2013

POR EL ENVÉS DEL TIEMPO, Raquel Vázquez


RAQUEL VÁZQUEZ DÍAZ, Por el envés del tiempo, Cardeñoso, Vigo, 2011, 65 páxinas.

[PC VAZ env]

**********
Non estaba previsto dar noticia inmediata desta nova incorporación aos fondos da nosa submarina biblioteca. Pero ante a insistencia dos moitos seguidores do blogue que desexaban coñecer o misterio da misteriosa desaparición deste poemario, só cabe destacar que mesmo pódese decir que resucitou. ¿Onde estaba? ¿Quen o colleu? Se cadra certos lectores que non saben esperar a ver o libro na estantería do fondo a dereita. O máis importante: a poesía de RV quere sair no voso bolso, no voso peto, da vosa man...
**********

 ARMONÍA NATURAL

Lloran los árboles
cuando se ven desnudos
frente al invierno.



xoves, 14 de novembro de 2013

DIME QUIÉN SOY, Julia Navarro

JULIA NAVARRO, Dime quién soy, Plaza y Janés, Barcelona, 2010, 1104 páginas.

**********
   Nos encontramos ante una obra de Julia Navarro ambientada en el periodo de la Guerra Civil española y la Segunda Guerra Mundial.
   Merced a la intervención de múltiples narradores, se va desgranando una historia con un gran componente de novela de espionaje, amor, viajes, traición, torturas en donde se hacen partícipes los diversos escenarios relacionados con la contienda.
   Su protagonista, Amelia Garayoa, no es una mujer representativa de la feminidad española de esa época, sino que es una rupturista: una triunfadora, a veces y otras, una víctima de la política de su tiempo.

   Ideal para lectores adultos.

Concha Barrilero


mércores, 13 de novembro de 2013

ARDALÉN, Miguelanxo Prado

MIGUELANXO PRADO, Ardalén, El Patito Editorial, Santiago, 2012, 256 páxinas.

[COM PRA ard]

**********

Temos a sorte de poder presumir de ter moi perto de nós a Miguelanxo Prado, Premio Nacional de Cómic. Poderíamos destacar que é un home próximo que non ten problema en atopar un oco na súa complexa axenda para compartir cos docentes a súa sabedoría de narrador visual. Hoxe, o máis indicado é celebrar simplemente ao xenial artista.

**********



martes, 12 de novembro de 2013

LA REINA DESCALZA, Ildefonso Falcones


ILDEFONSO FALCONES, La reina descalza, Grijalbo, Barcelona, 2013, 747 páginas.

**********


   Novela recreada en el Madrid y Sevilla del siglo XVIII. Retrata una sociedad en la que tres mujeres (dos gitanas y una esclava recién llegada de Cuba) son maltratadas y privadas de su libertad que, a pesar del sufrimiento, luchan por salir adelante en un mundo de hombres.
   Con estos personajes como hilo conductor conocemos la nobleza de la época y el mundo gitano de Triana, maltratado, expulsado de sus hogares que pelea por alcanzar la libertad que les ha sido arrebatada.

Elvira Castro

luns, 11 de novembro de 2013

HORA DE LER



4ª SEMANA [4ª SESIÓN]

***

Ben certo é que nas nosas aulas non temos un ambiente tan íntimo como o que disfruta a muller do cadro de Matisse. Aínda así, seguemos a ler os libros que levamos a clase ou ben estas propostas: unha escolma da excelente poesía do admirado Manuel Álvarez Torneiro ou ben os prosaísmos da relación amorosa entre un tontorolo machista e unha ben lista Matilde.

venres, 8 de novembro de 2013

UN FELIZ MUNDO NOVO, Aldous Huxley


ALDOUS HUXLEY, Un feliz mundo novo, Xerais,Vigo, 1996, 257 páxinas.

[NUG HUX mun]

**********

Vaia chorrada! (dispensando), digo eu. “Un feliz mundo novo”, ca! Quen vai crer todas esas parvadas? Si ho, xa sei que é un libro deses que lles din de “ciencia afición” e que non é así para crer nas cousas todas como as pon. Pero así a todo, xa me diredes vós a min, vaia pasada, no mundo feliz ese, que o fai todo cristo con todo dios (facer “o acto”, refírome, vós xa me entendedes) e que está mal visto se nada máis o fas cunha persoa ou con dúas. Quen che me dera a min hoxe que fose así, que ando a dúas velas desde o da equivocación aquela da Marujita! En fin, que lle imos facer. Mellor volvo ao conto, ou sexa ao libro este. Outra cousa é o da droga. Eu xa sei positivamente que iso de endrogarse é unha cousa moi chunga. Positivamente. Pero ti imaxina que inventan unha droga boa, ou sexa, unha que flipas pero que logo non deixa “escuelas” ( é a palabra que lle din na ciencia ao mal que che fai despois a droga), non deixa escuelas nos nenos nin nos adúlteros. E ti imaxina que cha dan de balde no traballo. Iso é imposible, non?, pois así mesmiño che é no conto ese. Non sei se contarvos máis, total para que, como o título da película “deixa o fío, total ...”. Vou seguir un pouco. Alí, no mundo feliz ese, é feliz tododios porque a xente xa nace aprendida e xa nace conforme co que é. Hainos listos, máis listos, tontos e supertontos, que estes nada máis os teñen para traballar coma burros pero así a todo os nachos seica son felices igual porque xa nacen feitos para iso e non lles gusta outra cousa, que mándache moito truco, había ser eu ...! Manipolución xinética creo que lle chaman. Non sei se me estou explicando positivamente. Poderíavos contar máis cousas, que eu o libro lino todiño, porque eu sonvos así algo rarecho ás veces e deume por aí, pero non paga a pena. O nacho que o escribiu debía de ser ben rariño tamén, así coma min ou cousa parecida. Seica o grupo ese de rock, os dors, que o escriben Doors (e total son portas e mais nós non imos por aí poñendo “Poortas”, bueno, meu tío si, que é carpinteiro), seica eses pillaron o nome doutro libro do ghicho este “de dors of de perseixon” (“the doors of the perception”, mira ti que compliqueixon). Eu ese libro non sei que tal estará, pero o que eu vos contei se me queredes facer caso non o leades. Chámase Un feliz mundo novo e o autor é un tal Aldus Jasli, pero xa non volo traduzo eh!
O Nacho

xoves, 7 de novembro de 2013

MEMORIAS DE ADRIANO, Marguerite Yourcenar


MARGUERITE YOURCENAR, Memorias de Adriano, Edhasa, Barcelona, 1989, 272 páginas.

[NUC YOU mem]

**********
Empezarei cunha declaración de amor a primeira vista. Namoreime dista sección nada máis saber dela. Explícome. O río que pasa polo meu pobo, o río Leza, ten un tramo no que prácticamente desaparece da superficie. Poucos kilómetros máis abaixo reaparece en forma de gran chorro de auga que aparentemente nace, e faino cunha forza descomunal do medio dunha parede. É o recordo que me suxire esta sección do blogue da biblioteca porque creo que sacará á luz unha riqueza non sempre visible pero real.

O libro que teño entre mans está moi desgastado. Debo recoñecer que son un “vicioso” das segundas lecturas. Neste caso creo que xa vou pola terceira, pero non me importa. De cada vez descubro cousas novas .

Como a propia autora di “los historiadores nos proponen sistemas demasiado completos del pasado, series de causas y efectos harto exactas y claras como para que hayan sido alguna vez verdaderas; reordenan esa dócil materia muerta, y sé que aun a Plutarco se le escapará siempre Alejandro”. Neste libro presentansenos as reflexións dun gobernante, o máis poderoso da terra no seu momento. Pero non é unha historia de poder, nin de heroes épicos. Podemos ver a través do diario do protagonista a trastenda dese poder abstracto que ás veces explicamos nas clases de historia : a enfermidade do corpo que limita sen contar co protocolo; a pasión e a emoción dirixindo imperios á par que a razón de Estado; a dúbida, o temor, a indecisión como ingredientes omnipresentes en cada decisión.

E, no medio de todo isto un arsenal sempre renovado de pensamentos suxerentes...

“”Reconstruir (…) es volver a encontrar bajo las piedras el secreto de las fuentes” (px. 107)

“...cada hombre está eternamente obligado, en el curso de su breve vida, a elegir entre la esperanza infatigable y la prudente falta de esperanza, entre las delicias del caos y las de la estabilidad, entre el Titán y el Olímpico. A elegir entre ellas, o a acordarlas alguna vez entre sí.” (px. 115)

“...sus contradicciones no eran más que una modalidad de su acuerdo” (139)

¡Ah, claro! ¡queredes saber que libro desgastado que traio, unha vez máis, entre mans! Pois é: “Memorias de Adriano” de Marguerite Yourcenar, Edhasa, 1989 (19ª reimpresión)

Julián Ferrer

mércores, 6 de novembro de 2013

¿POR QUE EL CIELO ES AZUL?, Javier Fernández Panadero



JAVIER FERNÁNDEZ PANADERO, ¿Por qué el cielo es azul?, Páginas de Espuma, Madrid, 2011, 230 páginas.


[5 FER por]

Desmontando prexuicios: lectura non é sinónimo de literatura. A editorial madrileña Páginas de Espuma é moi coñecida pola súa aposta pola narrativa breve. Pero tamén edita propostas tan interesantes como este libro de Fernández Panadero subtitulado La ciencia para todos. Contén 202 microensaios que aproximan a ciencia aos lectores novos ou mesmo a lectoes con canas que agradecen unha linguaxe próxima. ¿Que esperas para levalo á túa casa?

***
¿Por qué se extinguieron los dinosaurios?

Parecían tener todas las papeletas para dominar la tierra por siempre y de hecho lo hicieron durante un largo período, por tamaño y número, tal como sabemos por los restos encontrados. Hace unos 65 millones de años, se aprecia que hay una extinción total y repentina de esos dinosaurios. Esto ha sido un misterio durante muchos años, actualmente hay muchas hipótesis que se muestran como plausibles. Aquí van dos de ellas. El choque de un gran meteoro podría haber desencadenado una catástrofe de magnitud suficiente como para producir su extinción. Por un lado el calor y los maremotos resultantes del choque, y por otro las pésimas condiciones posteriores, con la superficie cubierta de polvo, casi sin rayos solares, y por lo tanto con escasez de plantas, harían de la Tierra un entorno difícilmente habitable. Se ha descubierto un gran cráter submarino en el golfo de Méjico que tiene el tamaño correspondiente y es de la misma época, lo que apoya la hipótesis. Los pequeños mamíferos de entonces consiguieron sobrevivir y fueron tomando el puesto de los desaparecidos dinosaurios hasta llegar a la situación actual. Aunque desde otros puntos de vista, se puede decir que ahora son y siempre fueron los insectos los que dominaron la tierra. Otra de las hipótesis apunta hacia una enorme actividad volcánica que cambió las condiciones atmosféricas y marinas en grado suficiente para provocar tal extinción. Pruebas irrefutables para alguna de estas u otras hipótesis están aún por venir.

martes, 5 de novembro de 2013

CINCO SEMANAS EN GLOBO, Julio Verne

JULIO VERNE, Cinco semanas en globo, Planeta, Barcelona, 1987, 232 páginas.

[NUC VER cin]

**********

Cinco semanas en globo es un libro de aventuras muy entretenido, en el que se relata la curiosidad de la raza humana por explorar lugares desconocidos. El personaje que más me gusta es el doctor Ferguson porque es el que posee más conocimientos. Me sorprende la capacidad de imaginación del autor para describir aparatos tan complejos. 


Diego Teijo Barral [1º ESO D]

HORA DE LER




3ª SEMANA [3ª SESIÓN]

***

De volta tras estas pequenas vacacións, retomamos a Hora de ler. Xunto coa muller esquelete e a morte amante quedan o Xinete Descabezado, a selección de micros de terror e a historia do namorado do Barrio de las Flores.