Amosando publicacións coa etiqueta CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS. Amosar todas as publicacións

xoves, 14 de novembro de 2024

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...Presentación da novela de Pardo & Sáez

Mañá 15 de novembro, ás 19 horas no Salón Azul do Edifico do Liceo, resultará moi pracenteira a experiencia de escoitar a María José Pardo Fandiño e a Lucía Sáez Baquedano. 
Co papel aínda quente da súa primeira obra, a colección de relatos Historias de aquí y de allá (Distrito 93, 2024), falarán principalemente sobre La vida que fue, a súa primeira novela.
 
Moderará a conversa e presentará ás autoras Julián Ferrer, que, moi probablemente, preguntará por que non escolleron para a publicación das súas obras un nome artístico, como organizan elas a escrita a catro mans, e o impacto no estilo de ter que escribir, nestes momentos, a tres.


venres, 14 de xullo de 2023

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...: Samuel Román Vara, Director de fotografía de Toxos

O noso exalumno Samuel Román Vara forma parte do equipo técnico (director de fotografía e posproducción que está a rodar a curtametraxe Toxos, "un versión gallega actualizada de Los cinco", dirixido por Jaqueline Reimúndez Rey. 

 

 Rocío Ramos, La Voz de Galicia, 13 de julio de 2023.

martes, 20 de xuño de 2023

ÉXITO DEPORTIVO PIRAGÜISMO

    María Lata Cagiao, Sabela Rivera González, Sara García García, alumnas de 4º ESO, posan no despacho de dirección coas medallas obtidas na categoría Mujer Cadete K4 500 na Copa de España Jóvenes Promesas Cadete celebrada no Embalse de Pontillón de Castro o 22 e 23 de abril.
   Na foto inferior aparecen xunto á súa compañeira Aroa Rodríguez Ferreiro.
Parabéns ao Club Ría de Betanzos e ás magníficas deportistas.

martes, 13 de xuño de 2023

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: o éxito deportivo de Antón Caamaño Seijo

 

Antón Caamaño Seijo, ademais de cursar con solvencia 1º de ESO no noso centro, atopa tempo para adestrar cos seus compañeiros das categorías inferiores do Deportivo de la Coruña.

Na mesma fin de semana na que a treboada precedía ao naufraxio en Castellón, o equipo de Antón Caamaño Seijas, (que xoga de extremo dereito e mediapunta) vencía ao Nimes na final celebrada en Merdignac. 

Anteriormente, tamén resultaron gañadores do torneo celebrado en Tanger ao vencer na final ao Valladolid.

Evidentemente, podemos afirmar que si hai canteira.

martes, 20 de decembro de 2022

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Lucía Mosquera Suárez, Premio Facom Fest


   Chegou aos nosos oídos que a nosa [ex] alumna Lucía Mosquera Suárez ven de merecer o Premio á mellor obra de non ficción e a Mención a mellor dirección no Facom Fest pola película documental Onde fomos xuntas, traballo de fin de grao de Lucía e a súa compañeira Marta Alborés Prejigueiro. 

   Onde fomos xuntas consegue transmitir ao espectador un relato sobre a sensibilidade das persoas que pertencen á xeneración destas novas creadoras: as expectativas, a comprensión do mundo, os diferentes medos, aspiracións e visións da vida deste grupo nado a cabalo entre o século XX e o XXI. 

   Cinco capítulos para compoñer, a modo de colaxe, un díario íntimo, mediante a xustaposición de vivencias concretas, caracterizan esta obra na que destaca a experimentación visual, patente na súa montaxe.

luns, 23 de maio de 2022

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Parherlio de Xosé Luís Mosquera Camba

OS LUMES QUE ESCONDE O XEO 

   Xosé Luís Mosquera Camba é un deses poetas que non pertence a ningún cenáculo nin segue escolas líricas á moda, mais cómpre non perder de vista. Leva publicando hai case vinte anos, sempre textos que gañaron algún certame, neste caso o Fiz Vergara Vilariño, o que debería facernos reflexionar sobre o papel dos premios, ou, mellor. sobre algunhas precariedades dun sistema tan debedor destas convocatorias. A súa orixinalidade ten que ver con estas cuestións, comunitarias pero tamén coas persoais. Artista visual e especialista en historia da arte, a súa poesía dialoga con outras disciplinas, sobre todo as plásticas aínda que aquí predominan as cinematográficas e musicais. Malia as diferenzas obvias entre libros, a súa produción ten unha gran coherencia interna que se sustenta na intertextualidade e na procura vangardista, sobre todo no que atinxe ao peso do onírico. 

   En Parhelio, fenómeno físico curioso que fai patente a materialidade das representacións, aparecen algunhas claves nos paratextos, como o prólogo do propio autor. Nel aclárase de onde procede o título e a influencia de Ingmar Bergman, o que en parte explica a preferencia pola amplitude da prosa, mais acaída á narratividade do cine. As tres partes do poemario toman o nome de tres filmes do cineasta. Neste senso, e se incluimos a escoita das suxestións musicais, a obra é unha experiencia artística completa. Aínda que é recomendábel ter visto as películas, non é necesario para entrar na atmosfera bergmariana. O existencialismo, a culpa, o perdón, as pulsións crimináis, a dificultade de amar ou a violencia nas relacións filiáis dan conta do pesimismo co que se olla a propia vida: «un camino que por momentos se fai / intransitable con tanta lama; tanta, tanta lama». Non se salva a ollada inquietante cara á infancia nunha idealización forzada, a linde fina entre normalidade e anomalía psicolóxica ou os límites da comunicación literaria, outro placebo que, malia a todo, forma parte da realidade. «Quen quere entender o poema con esta auga e con este frío e esta respiración descontrolada?», porque á fin é «O poema, un accidente».

   Tanta gravidade está compensada por un certo sarcasmo á sueca, propio tamén do director, e por unha paixón por veces dura que alixeira un contido que puidese parecer excesivamente intelectual, mais que non o é. As recorrenencias e as variacións dalgúns motivos constantes, treman do leme para non deixarse arrasar polo «cabalo envolto en chamas», se é que o arrasamento lector é un problema. Non debería. 

Inma Otero Varela, nòs Diario, 20 de maio de 2022.

martes, 22 de marzo de 2022

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Elena Fernández Cagiao, Premio Fin de Carreira

 


O martes 1 de marzo, a nosa (ex) alumna, Elena Fernández Cagiao, era unha das 51 mulleres que subía ao estrado a recoller o diploma que premiaba aos 85 mellores alumnos que, rematando o seu grao durante o curso 2019-2020, mereceron o premio de fin de carreira.

Na noticia da Redacción de La Voz de Galicia sinalan que «El conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, destacó la combinación de «talento, traballo e esforzo» de los galardonados y afirmó que representan «a excelencia das nosas universidades públicas».

Parabéns a Elena, a súa familia e a todos os docentes que, no seu momento, estimularon o seu desexo de superación.


La Voz de Galicia, 1 de marzo de 2022

sábado, 19 de marzo de 2022

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...: o éxito deportivo de Brais Cano

 

Brais Cano Fariñas recibiu de mans da alcaldesa de Betanzos, María Barral, e do concelleiro de deportes, Andrés Hermida, o recoñecemento á súa progresión deportiva na modalidade de patinaxe.

Parabéns a Brais que segue a estela da súa irmá Iria.