Amosando publicacións coa etiqueta SANDRA CISNEROS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SANDRA CISNEROS. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de maio de 2022

HORA DE LER

 


29ª Semana

[5ª sesión]

A realidade. 

Non hai outra materia da que se alimente a arte. Todas as historias das que fala a literatura están basadas en feitos reais. Agora ben, tanto os camiños da memoria como os da ficción (tamén a autoficción) están cheos de espellos.

Diso son mostra as suxestións de lectura desta semana: un relato de  Sandra Cisneros ou un fragmento dunha narración de Theodor Kallifatides.

luns, 4 de outubro de 2021

HORA DE LER

 

2ª SEMANA

[2ª SESIÓN]

Todas as ficcións, tanto a realista e Sandra Cisneros como a non realista de Philip K. Dick, nútrense dos elementos que o maxín dos seus autores percibiron na realidade observada o pensada polo seu tan real cerebro.

A lectura —escribiu Mario Vargas Llosa, recordando a súa nenez— convertía o sono en vida e vida en sono».

luns, 11 de marzo de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER

22ª SEMANA [4ª SESIÓN]

As recomendacións de lectura desta semana poden levar ás nosas mans un relato de Alice Munro e unha selección de poemas de Sandra Cisneros.

Ilustración: Fred Calleri 

luns, 8 de outubro de 2018

HORA DE LER



HORA DE LER 

2ª SEMANA [2ª SESIÓN]


É certo que desde o mércores da semana pasada moitos dos nosos alumnos disfrutan coa participación no programa Prensa Escuela de La Voz de Galicia, pero ninguén leva nas mans xornal tan pesado como o da ilustración de Gernot Schwarz.
Moito menos pesan os relatos de Sandra Cisneros e Plàcid García-Planas.

venres, 15 de xuño de 2018

CLUBES DE LECTURA E ABAU

MOMENTOS DE SATISFACCIÓN

Que os alumnos que leron A casa de Mango street no Club de Lectura de 1º de Bacharelato tropecen cun texto de Sandra Cisneros no comentario do examen de Lingua Galega é poidan sorrir coa confianza de camiñar, da man de Carmen, por terra coñecida...

Ilustración: Bryan Olson

xoves, 2 de marzo de 2017

HORA DE LER

HORA DE LER




18ª SEMANA [6ª SESIÓN]

Pode que alguén veña ás clases sen ter deixado atrás aínda o antroido...
Para esta [mini]semana hai quedan estas suxestións de lectura: os relatos de Xosé A. Neira Cruz e Sandra Cisneros.

luns, 5 de decembro de 2016

HORA DE LER

HORA DE LER

8ª SEMANA [2ª SESIÓN]

As follas das árbores seguen a caer.  Tamén nós podemos andar a ler a Sandra Cisneros ou a Hipólito G. Navarro sen deixar de percorrer os camiños da vida.

Ilustración: Marta Bielsa

xoves, 21 de xaneiro de 2016

CLUBES DE LECTURA 2015/ 2016





CLUBES DE LECTURA 2015 / 2016



"Non hai dúas persoas que lean o mesmo libro", deixou dito Edmund Wilson. Pois neas andamos: a comprobalo. Este ano xuntámonos a compartir visións sobre estas lecturas.



  • PRIMEIRO DA ESO. [40 alumnos / 4 grupos]
    OSCAR WILDE, El fantasma de Canterville, Vicens Vices.
    ENRIQUE PÁEZ, Abdel, SM.
    ANXO FARIÑA, Os megatoxos e a espada esmeralda, A Nosa Terra.
    XESÚS FRAGA, Reo, Galaxia.



  • SEGUNDO DA ESO.  [20 / 2 grupos]
     JOÁN MANUEL GISBERT, El misterio de la isla Tökland, Planeta.
     JACK LONDON, A chamada da selva, Xerais.
        

  • TERCEIRO DA ESO. [72 alumnos / 6 grupos]
     JOHN GREEN, Bajo la misma estrella, Nube de tinta.
     ALFREDO GÓMEZ CERDÁ, El rostro de la sombra, SM.
     CARE SANTOS, Mentira, Edebé.
     MARK HADDON, O curioso incidente do can á media noite, Rinoceronte.
     BEATE TERESA HANIKA, Las lágrimas de Caperucita, Takatuka.
 


  • CUARTO DA ESO.   [30 alumnos / 3 grupos]
     KRESSMAN TAYLOR, Enderezo descoñecido, Xerais.
  
   CARLOS G. REIGOSA, Pepa a loba, Punto de Lectura.
     ROSA ANEIROS, Ás de bolboreta, Xerais.
 

  • PRIMEIRO DE BACHARELATO.   [72 alumnos / 4 grupos]
     SANDRA CISNEROS, A casa en Mango Street, Rinoceronte.
     MAGGIE O'FARRELL, A desaparición de Esme Lennox, Galaxia.
     NANCY HOUSTON, Marcas de nacemento, Rinoceronte.    
    RUBÉN RUIBAL, Limpeza de sangue, Xerais, Vigo, 2007.      
  • SEGUNDO DE BACHARELATO.   [70 alumnos / 3 grupos]
  • CLUB DE LECTURA PRESENCIAL NOVOS LECTORES [8 alumnos / 1 grupo]
     Lecturas presenciais de:

  1. curtametraxes, 
  2. pintadas, 
  3. poesía visual, 
  4. poesía escrita,  
  5. microrrelatos, 
  6. haikus, 
  7. greguerías, 
  8. aforismos...
  • CLUBE ADULTOS AGUIAR.   [30 lectores / 1 grupo]
     DAVID GROSSMAN, Delirio, Lumen.
     HARUKI MURAKAMI, Tokio blues, Tusquets.
     CELSO CASTRO, Entre culebras y extraños, Destino.

Ilustración: Quint Buchholz

mércores, 21 de outubro de 2015

CLUB DE LECTURA DE PRIMEIRO DE BACHARELATO 2015 / 2016

Na fotografía están case todos, porque algún aínda se anotou despois ao Club de Lectura de Primeiro de Bacharelato.

Este ano son setenta e tres, polo tanto, conseguir libros para todos estes lectores obriga a recorrer ao inxenio. Os rapaces están organizados por parellas para que xoguen á carreira de relevos: o receptor do libro ten que ler con certa celeridade para pasar o relevo ao compañeiro ou compañeira coa finalidade de que todos poidan chegar á xuntanza co libro lido.




MAGGIE O'FARRELL, A desaparición de Esme Lennox, Galaxia, Vigo, 2011, 244 páxinas.

[Luns 16 de novembro, 11:15 / 11:45]




SANDRA CISNEROS, A casa en Mango Street, Rinoceronte, Cangas, 2008, 104 páxinas. 


[Mércores 18 de novembro, 11:15 / 11:45]





RUBÉN RUIBAL, Limpeza de sabgue, Xerais, Vigo, 2007, 176 páxinas. 

[Xoves 19 de novembro, 11:15 / 11:45]



NANCY HOUSTON, Marcas de nacemento, Rinoceronte, Cangas, 2012, 294 páxinas.

 [Luns 23 de novembro, 11:15 / 11:45]

luns, 9 de marzo de 2015

HORA DE LER



21ª SEMANA [3ª SESIÓN]

   Nesta semana corresponde ter presente que este pasado domingo 8 de marzo conmemorábase o Día Internacional da Muller. Por iso, no IES Francisco Aguiar escollemos, intencionadamente, para ilustrar esta entrada a imaxe de Sor Juana Inés de la Cruz e deixamos como suxestións de lectura un relato longo da Premio Nobel Alice Munro e unha pequena antoloxía de poemas da autora chicana Sandra Cisneros, traducida do inglés ao galego por Marilar Aleixandre.


Ilustración: Miguel Cabrera

mércores, 5 de novembro de 2014

ENTREGA DOS LIBROS AOS 42 ALUMNOS DO CLUBE DE LECTURA DE 1º DE BACHARELATO


Non hai dúbidas: estas fotos están dispostas en orden inverso. 
Para posar cos libros na man os cuarenta e dous alumnos do Clube de Lectura de Primeiro de Bacharelato, antes hai que chamar por orde de lista a cada un dos inscritos, ver a quen lle corresponde ler a Sandra Cisneros, a quen lle toca levar A desaparición de Esme Lennox, quen se queda coas Palabras envelenadas.


Non é que no noso IES o mundo ande ao revés.


Os nosos alumnos elixen participar no Clube de Lectura.


Os nosos lectores elixen ler en galego.



PRIMEIRO DE BACHARELATO.   [42 alumnos / 3 grupos]

   SANDRA CISNEROS, A casa en Mango Street, Rinoceronte.
     MAGGIE O'FARRELL, A desaparición de Esme Lennox, Galaxia.
     MAITE CARRANZA, Palabras envelenadas, Rodeira.

luns, 20 de outubro de 2014

HORA DE LER



3ª SEMANA [3ª SESIÓN] 

  No caixón das suxesitóns de lectura para esta semana deixamos un microrrelato de Sandra Cisneros, (aínda que hoxe no oportuna tradución ao galego para Rinoceronte de Alicia Menéndez Sousa), e unha historia atopada na novela do exitoso Jonas Jonasson.

luns, 13 de outubro de 2014

HORA DE LER



2ª SEMANA [2ª SESIÓN] 


As veces, tan agradable como ler é que nos lean, por exemplo, a historia de Suso (de Xosé Luis Méndez Ferrín) ou a que conta Sandra Cisneros, onde é ben evidente que o sexismo, imposto pola publicidade, penetra no imaxinario colectivo con efectos nefastos, dos que convén fuxir co noso sentido crítico.