Amosando publicacións coa etiqueta KARMELE JAIO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta KARMELE JAIO. Amosar todas as publicacións

venres, 18 de marzo de 2016

REUNIÓN DEL CLUB DE LECTURA PRESENCIAL DE FEBREIRO

   Na reunión do club de lectura celebrada o pasado xoves 4 de marzo tratamos o tema máis falado da semana entre os cinéfilos: os Oscar. Os premios con máis sona da historia do cine tiveron, este ano, bastantes críticas por parte dos seus seguidores, e mesmo dos actores. Aínda que a gran protesta da gala deste ano foi a falta de representación de persoas negras nas nominacións, nós tratamos un tema radicalmente distinto: a música.
   A artista Antony, abertamente transexual, estaba nominada a mellor canción pola súa obra "Manta Ray" (que escoitamos na clase), mais non foi invitada a actuar na gala. Pola contra, si foron acollidos de bo agrado Sam Smith e Lady Gaga, tamén nominados, e incluso Dave Grohl, sen ningunha nominación.
   Por feitos coma este se pode imaxinar o filtro que a Academia utiliza para elixir quen si é válido e quen non o é. Xa sexa porque non é coñecida no mundo da música, por ser transexual o pola mensaxe que transmite a súa canción, a Antony non se lle foron concedidos os mesmos dereitos que ao resto de artistas.
   Unha vez rematado o debate sobre os Oscar, tivemos a ben ler un poema titulado Ahora tenemos muertos, de Karmele Jaio. Aínda co pouco tempo do que dispoñiamos, fumos capaces de desenrolar verso a verso o seu contido para atoparnos finalmente cunha dura verdade: medrar vén con moita equipaxe, e non é sinxelo cargar con ela.

Mar Nieves Fernández



luns, 29 de febreiro de 2016

HORA DE LER

HORA DE LER

20ª SEMANA [2ª SESIÓN]
Mirada limpa... 
A rapaza pintada por Samuel Henry William Llewellyn tal vez esté a ler un poema de Karmele Jaio ou ben esta prosa poética de Carlos Negro.