Amosando publicacións coa etiqueta MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de xaneiro de 2018

CEIBA DE LUZ, Manuel Lourenzo González

MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ, Ceiba de luz, Xerais, Vigo, 2017, 342 páxinas.

[NG LOU cei]



Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2017 


 O achado nunha tenda de antigüidades dunha estatuíña humana, de ouro macizo e fasquía precolombina, desencadea a organización da expedición Ceiba de Luz. Un grupo heteroxéneo formado por dezaoito persoas e comandado pola profesora Sandra Olivares embárcase na aventura de chegar ao mítico Eldorado. Durante máis de dous meses atravesan a selva amazónica no Perú na procura das culturas taimahuara e arapanac, ata alcanzaren a antiga cidade de Haripari. A convivencia provocará liortas, intrigas e traizóns, pero tamén relacións de amizade, amoríos e morte.En "Ceiba de Luz", Manuel Lourenzo González amosa a súa habelencia narrativa agasallándonos cunha novela de aventuras cargada de intriga onde as psicoloxías e as relacións dos personaxes, plasmadas nuns diálogos vivos, evolucionan no tan vizoso como abafante ambiente da selva amazónica. Como pano de fondo, a natureza virxe converxe coas culturas ancestrais para crearen un poder que se enfronta, desde o misterio, ao egoísmo e a superficialidade da sociedade en que vivimos.