Amosando publicacións coa etiqueta NÚMERO π. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NÚMERO π. Amosar todas as publicacións

mércores, 7 de febreiro de 2024

CONCURSO DE ESOPÍAS

FICCIÓN (OU NON-FICCIÓN) COA CIENCIA: A MAXIA DO NÚMERO π 

A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, [3,1416 x6,6844] días antes do Día Internacional do número Pi, convoca o VII Concurso de Esopías do IES Francisco Aguiar. 

BASES

Poderá participar calquera alumno matriculado no IES Francisco Aguiar.

  1. Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán ou galego, segundo a guía que se acompaña nesta convocatoria, e tendo en conta a definición desta: Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
  2. A esopía deberá ir acompañada dunha ilustración orixinal.
  3. Establécense tres categorías nas que o xurado designará un gañador porcategoría: Alumnos de primeiro e segundo da ESO / Alumnos de terceiro e cuarto da ESO, bacharelato e Ciclo Formativo.
  4. Os participantes, que poden presentar ata un máximo de 3 esopías, obtarán a un único premio, que consisitrá nun vale para mercar material informático, audiovisual, didáctico ou educativo.
  5. Os premios poderán ser declarados desertos.
  6. O prazo de entrega remata o 31[4159....] de marzo de 2024.
  7. As esopías, que deberán ser entregadas na Biblioteca, empregarán completamente cuberto o seguinte modelo descargable nesta ligazón.
  8. O xurado, designado polo Equipo da Biblioteca, estará integrado por distintos membros da comunidade educativa.
  9. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado, que será inapelable.
***
Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 caracteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. A esopía terá un mínimo de cinco palabras. A guía para facer esopías ten, entre espazos en branco e letras, 140 caracteres. Hai en total 24 palabras. As comas, puntos e comas, dous puntos, apóstrofos… poden ocupar un espazo en branco. Aínda quedan dous espazos para signos de interrogación ou exclamación, ao inicio ou ao final. 
 
Deste esta ligazón accederás a unha antoloxía dos mellores traballos de anteriores edicións.
 
venres, 6 de abril de 2018

V CONCURSO DE ESOPÍAS IES FRANCISCO AGUIAR

FICCIÓN (OU NON-FICCIÓN) COA CIENCIA: A MAXIA DO NÚMERO π 

A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez convoca o V Concurso de Esopías do IES Francisco Aguiar. 

BASES

Poderá participar calquera alumno matriculado no IES Francisco Aguiar.

  1. Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán ou galego, segundo a guía que se acompaña nesta convocatoria, e tendo en conta a definición desta: Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
  2. A esopía deberá ir acompañada dunha ilustración orixinal.
  3. Establécense tres categorías nas que o xurado designará un gañador porcategoría: Alumnos de primeiro e segundo da ESO / Alumnos de terceiro e cuarto da ESO, bacharelato e Ciclo Formativo.
  4. Os participantes, que poden presentar ata un máximo de 3 esopías, obtarán a un único premio, que consisitrá nun vale para mercar material informático, audiovisual, didáctico ou educativo. Terán unha valoración especial aquelas esopías que se axusten á temática da Semana da Ciencia e a Tecnoloxía: A muller científica.
  5. Os premios poderán ser declarados desertos.
  6. O prazo de entrega remata o 27 de abril de 2018.
  7. As esopías, que deberán ser entregadas na Biblioteca, empregarán completamente cuberto o seguinte modelo descargable nesta ligazón.
  8. O xurado, designado polo Equipo da Biblioteca, estará integrado por distintos membros da comunidade educativa.
  9. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado, que será inapelable.
***
Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 caracteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. A esopía terá un mínimo de cinco palabras. A guía para facer esopías ten, entre espazos en branco e letras, 140 caracteres. Hai en total 24 palabras. As comas, puntos e comas, dous puntos, apóstrofos… poden ocupar un espazo en branco. Aínda quedan dous espazos para signos de interrogación ou exclamación, ao inicio ou ao final.

xoves, 17 de marzo de 2016

II CONCURSO DE ESOPÍAS BIBLIOTECA SEBASTIÁN BUEDO JIMÉNEZ

FICCIÓN (OU NON-FICCIÓN) COA CIENCIA: A MAXIA DO NÚMERO π

A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez convoca o II Concurso de Esopías do IES Francisco Aguiar.

BASES

  1. Poderá participar calquera alumno matriculado no IES Francisco Aguiar.
  2. Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán ou galego, segundo a guía que se acompaña nesta convocatoria, e tendo en conta a definición desta: Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. A esopía terá un mínimo de cinco palabras. Admítense, en folla anexa, unha ilustración alusiva ao texto, con técnica gráfica libre.
  3. Establécense tres categorías nas que o xurado designará un gañador por categoría:  Alumnos de primeiro e segundo da ESO /  Alumnos de terceiro e cuarto da ESO, bacharelato e Ciclo Formativo.
  4. Os premios consistirán nun vale para mercar material informático, audiovisual, didáctico ou educativo.
  5. Os participantes, que poden presentar ata un máximo de 3 esopías, obtarán a un único premio.
  6. Os premios poderán ser declarados desertos.
  7. O prazo de entrega remata o 15 de abril de 2016.
  8. As esopías, que deberán ser entregadas na Biblioteca, empregarán completamente cuberto o seguinte modelo descargable nesta ligazón.
  9. O xurado, designado polo Equipo da Biblioteca, estará integrado por distintos membros da comunidade educativa.
  10. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado que será inapelable.
***
   Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 caracteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.
   A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
   A guía para facer esopías ten, entre espazos en branco e letras, 140 caracteres.
   Hai en total 24 palabras.
   As comas, puntos e comas, dous puntos, apóstrofos… poden ocupar un espazo en branco.
   Aínda quedan dous espazos para signos de interrogación ou exclamación, ao inicio ou ao final.

xoves, 26 de marzo de 2015

POESÍA E MATEMÁTICA: O NÚMERO π

O NÚMERO PI

Digno de admiración o número Pi
tres coma un cuatro un.
Todas as súas cifras máis distantes tamén son iniciais,
cinco nove dous, xa que nunca remata.
Non permite abarcalo seis cinco tres cinco coa mirada,
oito nove cun cálculo
sete nove coa imaxinación,
e incluso tres dous tres oito en ton de broma, é dicir, cunha comparación
catro seis de calquera cousa
dous seis catro tres no mundo.
A serpe máis longa da terra despois duns cantos metros rompe.
Igualmente, se ben un pouco despois, actúan as serpes das fábulas.
O cortexo de cifras que compoñen o número Pi
non se detén na beira da folla,
é quen de prolongarse pola mesa, polo aire,
pola muralla unha folla, un niño de paxaros, as nubes, dereito ao ceo,
por toda a inchabilidade e o senfín do ceo.
Oh, que curta, francamente ratonil, é a cola dun cometa!
Que débil o raio dunha estrela que se dobra en calquera espazo.
E aquí dous tres quince trescentos dezaneve
meu número de teléfono a talla da túa camisa
ano mil novecentos setenta e tres sexto andar

a cantidade de habitantes sesenta e cinco céntimos
contorno de cadeira dous dedos charada
e código,
no cal quen puidera convosco voar
e ademais rógase conservar a serenidade
e tamén a terra e o ceo irán pasando,
pero non o número Pi, diso nin falar,
el sempre co seu bastante bo aínda cinco,
non con calquera oito
non cun derradeiro sete,
apurando, ai!, apurando á preguiceira eternidade
para que perdure.

WISLAWA SZYMBORSKA, Versos escollidos, Positivas, Santiago, 2011, pp. 184-187.
Tradución: Lucía Caeiro
***
EL NÚMERO PI

El admirable número Pi
tres coma uno cuatro uno.
Las cifras que siguen son también preliminares
cinco nueve dos porque jamás acaba.
No puede abarcarlo seis cinco tres cinco la mirada,
ocho nueve ni el cálculo
siete nueve ni la imaginación,
ni siquiera tres dos tres ocho un chiste, es decir, una comparación
cuatro seis con cualquier otra cosa
dos seis cuatro tres de este mundo.
La serpiente más larga de la tierra suma equis metros y se acaba.
Y lo mismo las serpientes míticas aunque tardan más.
El séquito de dígitos del número Pi
llega al final de la página y no se detiene,
sigue, recorre la mesa, el aire,
una pared, una hoja, un nido de pájaros, las nubes, hasta llegar directo al cielo,
perderse en la insondable hinchazón del cielo.
¡Qué breve la cola de un cometa, cual la de un ratón!
¡Qué endeble el rayo de un astro si se curva en la insignificancia del espacio!
Mientras aquí dos tres quince trescientos diecinueve
mi número de teléfono la talla de tu camisa
el año mil novecientos sesenta y tres sexto piso
el número de habitantes sesenta y cinco céntimos
dos pulgadas de cintura una charada y un mensaje cifrado
que dice vuela mi ruiseñor y canta
y también se ruega guardar silencio,
y se extinguirán cielo y tierra,
pero el número Pi no, jamás,
seguirá su camino con su nada despreciable cinco
con su en absoluto vulgar ocho
con su ni por asomo postrero siete,
empujando, ¡ay!, empujando a durar
a la perezosa eternidad.

WISLAWA SZYMBORSKA, Paisaje con grano de arena, Círculo de Lectores, Barcelona, 1997, pp. 140-141.

mércores, 25 de marzo de 2015

CINE E MATEMÁTICA: PIPAS, Manuela Moreno

Corto PIPAS from Manuela Moreno on Vimeo.

Ganador de los premios al mejor Guión y a la mejor dirección en la XI Edición del Notodofilmfest y nominado a los premios Goya 2014
Protagonizado por Marta Martín y Saida Benzal
Guión y Dirección Manuela Moreno

martes, 24 de marzo de 2015

CONCURSO DE ESOPÍAS BIBLIOTECA SEBASTIÁN BUEDO JIMÉNEZ

FICCIÓN (OU NON-FICCIÓN) COA CIENCIA: A MAXIA DO NÚMERO π

A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez convoca o I Concurso de Esopías do IES Francisco Aguiar.

BASES

  1. Poderá participar calquera alumno matriculado no IES Francisco Aguiar.
  2. Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán ou galego, segundo a guía que se acompaña nesta convocatoria, e tendo en conta a definición desta: Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. A esopía terá un mínimo de cinco palabras. Admítense, en folla anexa, unha ilustración alusiva ao texto, con técnica gráfica libre.
  3. Establécense tres categorías nas que o xurado designará un gañador por categoría:  Alumnos de primeiro e segundo da ESO /  Alumnos de terceiro e cuarto da ESO, bacharelato e Ciclo Formativo.
  4. Os premios consistirán nun vale para mercar material informático, audiovisual, didáctico ou educativo.
  5. Os participantes, que poden presentar ata un máximo de 3 esopías, obtarán a un único premio.
  6. Os premios poderán ser declarados desertos.
  7. O prazo de entrega remata o 17 de abril de 2015.