xoves, 17 de marzo de 2016

II CONCURSO DE ESOPÍAS BIBLIOTECA SEBASTIÁN BUEDO JIMÉNEZ




FICCIÓN (OU NON-FICCIÓN) COA CIENCIA: A MAXIA DO NÚMERO π


A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez convoca o II Concurso de Esopías do IES Francisco Aguiar.


BASES


  1. Poderá participar calquera alumno matriculado no IES Francisco Aguiar.
  2. Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán ou galego, segundo a guía que se acompaña nesta convocatoria, e tendo en conta a definición desta: Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. A esopía terá un mínimo de cinco palabras. Admítense, en folla anexa, unha ilustración alusiva ao texto, con técnica gráfica libre.
  3. Establécense tres categorías nas que o xurado designará un gañador por categoría:  Alumnos de primeiro e segundo da ESO /  Alumnos de terceiro e cuarto da ESO, bacharelato e Ciclo Formativo.
  4. Os premios consistirán nun vale para mercar material informático, audiovisual, didáctico ou educativo.
  5. Os participantes, que poden presentar ata un máximo de 3 esopías, obtarán a un único premio.
  6. Os premios poderán ser declarados desertos.
  7. O prazo de entrega remata o 15 de abril de 2016.
  8. As esopías, que deberán ser entregadas na Biblioteca, empregarán completamente cuberto o seguinte modelo descargable nesta ligazón.
  9. O xurado, designado polo Equipo da Biblioteca, estará integrado por distintos membros da comunidade educativa.
  10. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado que será inapelable.
***
   Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 caracteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.
   A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
   A guía para facer esopías ten, entre espazos en branco e letras, 140 caracteres.
   Hai en total 24 palabras.
   As comas, puntos e comas, dous puntos, apóstrofos… poden ocupar un espazo en branco.
   Aínda quedan dous espazos para signos de interrogación ou exclamación, ao inicio ou ao final.



Ningún comentario:

Publicar un comentario