Amosando publicacións coa etiqueta CONCURSO DE FOTOGRAFÍA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CONCURSO DE FOTOGRAFÍA. Amosar todas as publicacións

luns, 12 de abril de 2021

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: ELOXIO DA LECTURA

 [Un libro é un soño que ti podes ter nas túas mans.]

Ana González Oro

A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza un Concurso de Fotografía co que eloxiar o hábito de ler.

Cada fotografía irá acompañada dunha frase relativa á lectura.

As fotografías serán enviadas ao correo electrónico da biblioteca [bibliofranciscoaguiar@gmail.com] en formato jpg. 

No corpo do correo, o autor engadirá o texto que servirá de pé de foto: no exemplo premiado de Ana González Oro, a secuencia sería: [Un libro é un soño que ti podes ter nas túas mans].

A data límite de recepción de traballos será o 22 de abril.

O xurado reuniráse o 23 de abril, Día Mundial do Libro, para determinar os traballos merecedores de premio.