Amosando publicacións coa etiqueta PHILIP K. DICK. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PHILIP K. DICK. Amosar todas as publicacións

luns, 4 de outubro de 2021

HORA DE LER

 

2ª SEMANA

[2ª SESIÓN]

Todas as ficcións, tanto a realista e Sandra Cisneros como a non realista de Philip K. Dick, nútrense dos elementos que o maxín dos seus autores percibiron na realidade observada o pensada polo seu tan real cerebro.

A lectura —escribiu Mario Vargas Llosa, recordando a súa nenez— convertía o sono en vida e vida en sono».

mércores, 19 de marzo de 2014

BLADE RUNNER, Ridley Scott

RIDLEY SCOTT, Blade runner, EEUU, 1982, 112 minutos.


[DVD BLA]

Que difícil contar as impresións dun espectador que acudira a estrea de Blade Runner no ano 1982 a un cine, naquel tempo no que os cines non aceptaban prefixos: nin minicines, nin multicines!

Scott acerta a transformar a historia de Philip K. Dick nun imaxinario visual potentísimo que aínda fai tremer... A B.S.O do grego Vangelis... O hermético unicornio... Tantas cousas...

Un apunte: o parlamento do replicante Roy Batty, dunha beleza poética completamente autónoma, na voz do actor de doblaxe Constantino Romero.




Yo... he visto cosas que vosotros no creeríais... 
atacar naves en llamas más allá de Orión, 
he visto rayos C brillar en la oscuridad 
cerca de la puerta Tannhäuser.
Todos esos momentos 
se perderán en el tiempo 
como lágrimas en la lluvia.

Es hora de morir.

venres, 21 de febreiro de 2014

¿SUEÑAN LOS ANDROIDES CON OVEJAS ELÉCTRICAS?, Philip K. Dick

 
PHILIP K. DICK, ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, Círculo de Lectores, Barcelona, 1991, 222 páxinas.
[NUC DIC sue]

   No noso capítulo de defectos non comparecen nin a ingratitude nin a soberbia. Seguro que teremos outros... 
   Esto ven a conto para subraiar o feito de que a repercusión pública que pode obter Alto Risco, a web do Instituto ou as páxina do Facebook pode facer pensar a alguén que agora sí hai movemento arredor da Biblioteca do IES Francisco Aguiar. 
   Pois ven, o adverbio agora cambiádeo polo abverbio sempre. Dende a lo menos o ano 2004, un grupo de profesores levamos traballando na procura da consolidación da Biblioteca como centro de xeración de sinerxias culturais e educativas do Instituto. 
   Sirva esta rememoración para sinalar que aínda estamos no centro algúns dos primeiros que adiantamos o paso (Xosé Luis Tato Bonome, Óscar García, Elvira Castro, Carmen Casillas e tantos outros); pero tamén temos que destacar, entre os de outros, o pulo e interés de Sonsoles González, Concha Delgado ou Concha Castro, profesoras que agora, lamentablemente, non traballan con nós diariamente. 
   Dunha daquelas actuacións conservamos o exemplar da novela que referenciamos hoxe. Que como chegou aos andeis da Biblioteca? 
   Trasladouse à Comunidade Escolar a participación nun Intercambio de Libros. Cada quen deixaba nunha caixa o exemplar que xa tiña lido e, en correspondencia, collía outro. A novela ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, naquel momento estaba descatalogada. Así sumouse aos nosos fondos. 
   Despois viñeron máis intervencións: o empeño de crear unha sección de Comicteca, capitaneado por Uxía López Meirama, a configuración do Blogue Alto Risco deseñado íntegramente por Xosé Luis Mosquera Camba e María Luisa Muiño, a feliz proposta de Hora de Lectura do Dinamizador Julián Ferrer... 
   Haberá tempo para outras historias. Bastará con retirar un exemplar da estantería, e zas...!!!!
   Será polas ganas de mollar, a media mañá, unha madalena no te da lembranza!
   En calquera caso, unha boa mostra de que somos humanos ou ben Nexus 6 de última xeración: temos recordos, temos sentimentos...