Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA PAZ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA PAZ. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de xaneiro de 2022

30 de xaneiro. LIBROS POLA PAZ



        Educar para a paz e a non violencia resulta esencial nos centros escolares e os libros son unha ferramenta de grande axuda . Imprescindibles para transmitir actitudes de xustiza, respecto, solidariedade e compromiso como alicerces dun mundo cada vez máis global e complexo.


martes, 4 de febreiro de 2014

A FUXIDA, Berta Dávila & Inma Doval

BERTA DÁVILA & INMA DOVAL, A fuxida, Biblos, Cesuras, 2014, 40 páxinas.


Incorporamos aos nosos fondos bibliográficos unha obra de referencia. Berta Dávila escribe unha triste e fermosa historia protagonizada por Nadia, unha nena que, sempre abrazada ao seu osiño, non acaba de entender o motivo que impulsa a súa familia á fuxida.
Os cadros de técnica mixta de Inma Doval, cheos de cores vivas, constitúen un perfecto contrapunto para ilustrar unha historia que reflicte un mundo tristemente dominado polo corazón das tebras, pero no que a xente non se rinde e loita por procurar a felicidade e a ledicia de vivir.


Este grabado en B/N é o fermoso e xentil agasallo co que Inma Doval sorprendeu aos asistentes á presentación do álbum o día 31 de xaneiro na betanceira Libraria Biblos.
Os cadros da pintora pódense contemplar aínda en Biblos.

venres, 31 de xaneiro de 2014

O PRINCIPIO, Paula Carballeira & Sonja Donowski

PAULA CARBALLEIRA & SONJA DONOWSKI, O principio, Kalandraka, Pontevedra, 20212, 36 páxinas. 

Un exemplo de bo facer editorial. Kalandraka edita esta xoia en galego, castelá, portugués, catalá, inglés... Paula Carballeira escribe un microrrelato de exquisita sensibilidade que, despois de mostrar os estragos da guerra, remata cun inevitable desexo de vivir na procura da felicidade. As imaxes de Sonja Donowski son un perfecto complemento do texto: fotografías pintadas ou debuxos fotografiados para esixir a paz.

 




xoves, 30 de xaneiro de 2014

MAUS, Art Spiegelman

ART SPIEGELMAN, Maus, Reservoir Books, Barcelona, 2007, 296 páxinas.

[ BD SPI mau ]

   Podemos ler este libro que mereceu o Premio Pulitzer como un testimonio vivencial dunha historia doutro tempo, un tempo pasado que convén ter esquecido. 
   Visitar Auschwitz como quen vai a un Parque temático... Considerar o xenocidio como un accidente doutra época... Non mirar cara Sarajevo... Decir que nos Balcanes termina Europa... Considerar triviais as loitas tribais de África, Asia...
   O ben, pensar que no mundo dos que presumen de ser humáns non debería haber gatos, ratos ou porcos. 

mércores, 29 de xaneiro de 2014