Amosando publicacións coa etiqueta MÚSICA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MÚSICA. Amosar todas as publicacións

martes, 8 de febreiro de 2022

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: José Manuel Vázquez Calatayud


O noso [ex]alumno José Manuel Vázquez Calatayud, gañador do primeiro premio do concurso que organizan en París desde hai oito anos Stéphane e Valérie Balzeau, coñecidos na capital francesa como cazadores de novos talentos musicais. 
 
José Manuel Vázquez Calatayud,  formado nos conservatorios da Coruña e de Palma de Mallorca, desde setembro do 2021 vive en Lucerna, onde estuda un máster de interpretación co compositor e intérprete Thomas Rüedi
 

venres, 9 de xullo de 2021

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...MAY VILS


CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS
 

A moi boa música da nosa moi creativa exalumna May Vils...

No número de xullo Laura Gestal entrevista a May Vils dando conta das últimas grabacións ás que podemos desde as plataformas de SoundcloudAmazon ou mesmo en Spotify.

 

Como advirte na entrevista, contou para o vídeo Te extraño coa axuda da súa amiga Raquel e algunha que outra compañeira que tamén paseou a súa sensibilidade e admirable rebeldía polas nosas aulas.

 

Parabéns a todas estas mulleres talentosas e, en particular, a esta emerxente artista: May Vils.

venres, 30 de abril de 2021

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... NOVO DISCO DE DIEGO SALGADO



 

 

Na orla da promoción dos alumnos que remataron 2º de BAC no 2008 está, como corresponde, a fotografía de Diego Salgado. 

Actor, poeta e músico, ven de publicar o seu primeiro disco en solitario, xa como Diego Salgado, Growing Strong. É un album co-producido, mezclado e masterizado por Carlos Rodríguez Castro, vinculado á xestión cultural de festivais como O Son Do Camiño e  artistas como, Xoel Lopez, La Pegatina, Rosalía, Luar na Lubre, Ivan Ferreiro ou Kepa Junkera.

Parabéns a Diego por tanta boa música neo-soul!!!

martes, 21 de novembro de 2017

SON MULLER, Máis boas cas patacas



 
Son muller, un canto de alento feminista, é o tema co que as mozas de MBCP (Máis boas cas patacas) se alzaron coa segunda edición do Quero Cantar. O grupo fórmano Lúa, Valeria e Ruth (vocalistas), Ana (guitarra), Sara (baixo), Cristina (piano) e Candela (batería), estudantes do IES Cacheiras de Santiago.

martes, 10 de febreiro de 2015

RAP 25 AÑOS DE RIMAS, El Chojin & Francisco Reyes

EL CHOJIN & FRANCISCO REYES, Rap. 25 años de rimas, Viceversa, Barcelona, 2010, 384 páxinas.
[785 ELC rap]


O Chojin e Francisco Reyes repártense os capítulos desta monografía subtitulada Un recorrido por la historia del rap en España. O primeiro, ademáis de recoñecido rapper, ten publicadas xa varias obras literarias. Francisco Reyes, Profesor da Universidade Complutense (na que imparte, ademais de asignaturas de publicidade, televisión e cine, unha asignatura de hip hop), é autor da primeira e única ata o momento, tese doctoral de hip hop en España: Graffiti, breakdance y rap. El hip hop en España.

martes, 7 de outubro de 2014

POETA EN NUEVA YORK. CITA EN MANHATTAN, Federico García Lorca & Robés


FEDERICO GARCÍA LORCA, Poeta en Nueva York. Cita en Manhattan, Lundberg, Barcelona, 2011, 132 páxinas.

 [PC GAR poe]

**********
Abre este libro ilustrado un Prólogo de Mario Hernández. Os poemas reciben a feliz compañía das fotografías en b/n de José Antonio Robés. As últimas páxinas repiten íntegramente os textos traducidos ao inglés. 

Leonard Cohen púsolle música ao poema Pequeño Vals vienés (Take This Waltz), canción da que acaban de facer unha soberbia versión Sílvia Pérez Cruz y Raúl Fernández.
**********


PEQUEÑO VALS VIENÉS

En Viena hay diez muchachas,
un hombro donde solloza la muerte
y un bosque de palomas disecadas.
Hay un fragmento de la mañana
en el museo de la escarcha
Hay un salón con mil ventanas

Ay, ay, ay, ay,
Toma este vals con la boca cerrada
[...]




TAKE THIS WALTZ

Now in Vienna there are ten pretty women.
There’s a shoulder where death comes to cry.
There’s a lobby with nine hundred windows.
There’s a tree where the doves go to die.
There’s a piece that was torn from the morning,
and it hangs in the Gallery of Frost —
Ay, ay ay ay
Take this waltz, take this waltz,
take this waltz with the clamp on its jaws.
[...] 

venres, 6 de xuño de 2014

M100GUEL: 1913-2010, 100 AÑOS DE MIGUEL HERNÁNDEZ, Varios Autores

VARIOS AUTORES, M100guel : 1910-2010, 100 años Miguel Hernández, Fundación Germán Sánchez Ruipérez, 2010.

[O HER m10]

Esta marabillosa caixa contén dous libros (un con textos e biografía e outro con actividades propostas para bibliotecas) carteis, 30 marcapáxinas e un CD con adaptacións musicais dos poemas do autor que faleceu en 1942 na prisión onde foi confinado polo réximen fascista de Franco.


mércores, 7 de maio de 2014

CARMINA BURANA, Carl Orff

CARL ORFF, Carmina Burana, IES de Sabón, Arteixo, 1999, 86 páxinas.

[PUG ORF car]


Fermoso proxecto editorial: a comunidade educativa do IES de Sabón traduce ao galego os poemas goliardescos atopados en Benediktbeuern, aos que puso música o muniqués Carl Orff na súa célebre cantata publicada no ano 1937.


Oh Fortuna,
semellante á Lúa
de condición variable,
sempre medrando ou debalando;
vida detestable,
agora fires
e logo curas
os sentidos cun xogo cruel
[...]

mércores, 19 de febreiro de 2014

O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN, Berta Dávila

BERTA DÁVILA, O derradeiro libro de Emma Olsen, Galaxía, Vigo, 2013, 122 páxinas.

 [NG DAV der]


  "No mes de novembro de 1988, vinte anos antes de que O derradeiro libro de Emma Olsen se converta en libro, Roy Orbison poñía fin á gravación do seu álbum Mistery Girl, que serái editado despois da súa morte [...]. Ese derradeiro disco do Orbison axudoume a achegarme ao misterio de Emma". Este fragmento de texto explicativo pódese ler na páxina 119 desta novela gañadora do Premio Repsol de Narrativa Breve.
Quen dixo que non se pode comenzar un libro polo final?