Amosando publicacións coa etiqueta MARÍA SOLAR. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MARÍA SOLAR. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de maio de 2018

ENCONTRO CON MARÍA SOLAR






 





Martes, 29 de maio, 12,30h.
No Salón_de_Actos_con_columna_no_medio ( único no seu xénero, do máis característico do Aguiar :))
Tendo como mestra de cerimonias á nosa incombustible Elvira Castro , recibir a María Solar resultou un auténtico pracer para os que tivemos a fortuna de compartir con ela unha sesión do noso horario escolar: Recibindo coa súa visita un alento de alegría e entusiasmo no seu labor como periodista, como investigadora e mesmo como bióloga "reconvertida".
Escoitamos emocionados o labor que no lonxano século XVIII fixeron xente como Balmis ou o betanceiro Posse Roibanes para levar a vacina da variola a América. A epopeia de rapaces sacados da triste vida do hospicio para embarcalos nunha aventura de destino certamente perigoso, a figura de Isabel Zendal...

venres, 3 de marzo de 2017

LOS NIÑOS DE LA VIRUELA, María Solar

MARÍA SOLAR, Los niños de la viruela, Anaya, Madrid, 2017, 224 páxinas.

**********
María Solar nestes momentos presenta na TVG A Revista da  Fin de Semana. Los niños de la viruela non é a primeira novela traducida ao castelán. O ano pasado, sen ir máis lonxe, editou en Grijalbo Las horas robadas
Escollemos ler Los niños de la viruela porque relata a xesta dos vintedous nenos orfos que saíron en 1803 dun hospicio da Coruña para levar no seu propio corpo a vacina da varíola a América: a coñecida expedición Balmis