venres, 28 de abril de 2017

AQUELES DÍAS EN QUE ÉRAMOS MALAS, Inma López Silva

INMA LÓPEZ SILVA, Aqueles días en que eramos malas, Galaxia, Vigo, 2016, 424 páxinas.


O próximo luns 5 de xuño, ás 19:00 falaremos con Inma López Silva da súa ultima novela.
Atención á data e ao número de páxinas!

mércores, 26 de abril de 2017

CLUB DE LECTURA BIBLOS AGUIAR: ANTÓN RIVEIRO COELLO E AS FERIDAS DO VENTO




A ferida do vento foi plural: nun primeiro momento eran As feridas do vento
Tivemos onte a sorte de disfrutar da presenza dun home bó, próximo, xeneroso co seu tempo, que ademáis de escribir ben (moi ben) non tivo reparo en deixar coñecer aos seus lectores as tripas da súa escrita: a composición do texto ten moito de autobiográfico, aínda que a elaboración artística desfigurara os referentes reais. 
Falamos dos Bee Gees, de Led Zeppelin, dos perigos de pretender seducir compoñendo fermosas baladas, da caza das rás... 
Do maestro: de Carlos, do Vento ferido (a novela foi escrita antes de que se decidira adicar a Casares o Día das Letras 2017.
Tamén, por suposto, do lugar no que deixa a psiquiatría aos feridos polo vento. 
Todo... coa mesma sensibilidade coa que ARC trata as relacións familiares e as grandes epifanías ás que se asoma o lector de As feridas do vento: a morte e o amor.

martes, 25 de abril de 2017

4 JINETES, Anxo Fariña

ANXO FARIÑA, 4 jinetes, Anaya, Madrid, 2017, 388 páxinas.

[NUC FAR cua]

Quizá nunca lo hayas pensado.
Quizá nunca te hayas planteado que algo así pueda ocurrir.
Así que inténtalo. Intenta imaginar por un momento qué sentirías si un día descubres que vas a ser el causante de la muerte de seis mil millones de personas.
Imagina que eres un Jinete del Apocalipsis.

luns, 24 de abril de 2017

HORA DE LER

HORA DE LER

25ª SEMANA [1ª SESIÓN]



Que maravilla levará entre mans?
Que podería pasar si...?
Como sería a literatura universal de non ser por este fidalgo tolo polas letras tan ben pintado por Albert Asensio!

xoves, 20 de abril de 2017

SAFARI FOTOPOÉTICO LETRAS GALEGAS 2017




   A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca a súa comunidade escolar a un safari fotopoético con motivo do día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a  Carlos Casares.
   Rexirase polas seguintes bases:

 Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.
  1. Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda a comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas
  2. O Safari Fotopoético dedenvolverase entre o 2 e o 15 de maio do presente ano 2017.
  3. As fotografías deberán ser orixinais e, preferentemente, relacionadas con Betanzos, o seu casco histórico e os seus ríos.
  4. As imaxes deben ilustrar algún texto dos que acompañan a estas bases nesta pequena escolma de títulos de Carlos Casares.
  5. O texto debe aparecer integrado na propia imaxe.
  6. As imaxes a concurso poderán entregarse nun formato dos usados habitualmente en imaxe dixital (jpeg, tiff...), preferiblemente en soporte pendrive (ou CD) na biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca:
    bibliofranciscoaguiar@gmail.com
  7. O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
  8. O xurado estará integrado por un representante do equipo directivo, dous profesores/as (un membro do equipo da Biblioteca, e outro membro dos Departamentos de Lingua Galega ou Ed. Plástica) e un alumno/a (designado pola Xunta de Delegados).
  9. Os premios entregaranse avaliando os traballos presentados, segundo os seguintes criterios:
  • 50% pola calidade e orixinalidade da imaxe,
  • 40% pola adaptación do texto á imaxe elexida, e
  • 10% polo enxeño e creatividade na inserción do texto.

mércores, 19 de abril de 2017

martes, 18 de abril de 2017

AHORA O NUNCA

 
Magnífico traballo da escritora, Ro de la Torre, excepcional interpretación da actriz Alicia Ródenas. Un traballo necesario de visionado obrigado. Algo máis que un boísimo traballo escolar.

HORA DE LER

HORA DE LER

24ª SEMANA [6ª SESIÓN]

Cos relatos de Guillermo Fadanelli e Ana María Matute volvemos á rutina da Hora de ler.

Ilustración: Isabel Ruiz Ruiz

venres, 7 de abril de 2017

SÓLO IDA. POESÍA COMPLETA, Erri de Luca

ERRI DE LUCA, Solo ida. Poesía completa, Seix Barral, Barcelona, 2016.


[PUC LUC sol]


LAS COSAS

La pluma que escribió tu nombre
el vaso que brindó contigo
los he tirado.
Después de ti las cosas no pueden tener otro uso,
tampoco un hombre.

xoves, 6 de abril de 2017

LA NOCHE Y YO, Juan Carlos Méndez Guédez

JUAN CARLOS MÉNDEZ GUÉDEZ, La noche y yo, Páginas de espuma, Madrid, 2016, 160 páxinas.

[NC MEN noc]

UN CÍRCULO PARA AINHOA

   En el principio fue el círculo. Del círculo venimos.
   Al círculo volveremos.
   Y en el principio fue Ainhoa.
   Ainhoa y el aviso del tiempo que acabo de escuchar anunciando terribles lluvias y tormentas para esta noche. Así suceden los aviones que deberían volar a Wellington y una biblioteca llena de hongos y una infinita tarde, pero principalmente sucede Ainhoa. Porque a las personas nos suceden nombres; nombres que leemos, nombres que dejamos de leer. Una historia antigua, repetida, solo que en esta también suceden círculos, y ya lo dije: en el principio fue el círculo, del círculo venimos, al círculo volveremos.
   El paseo será largo. Largo y quizás inolvidable porque al verme la gente suelta la carcajada. Varios me señalan; un par de niños me lanzan una piedra y una anciana parece ahogarse con sus risas cuando paso a su lado.

mércores, 5 de abril de 2017

SOBREVIVINDO, Arantza Portabales

ARANTZA PORTABALES SANTOMÉ, Sobrevivindo, Galaxia, Vigo, 2015, 136 páxinas.


[NG POR sob]


Xa temos na sección de novidades esta narración de Arantza Portabales, coa que gañou o Premio de Novela por entregas de La Voz de Galicia 2015.

luns, 3 de abril de 2017

HORA DE LER

HORA DE LER

23ª SEMANA [5ª SESIÓN]

David de las Heras fixo esta fermosa ilustración inspirándose no relato de Julio Cortázar Continuidad de los parques. Os que se animen a ler este maxistral conto, axiña se decatarán de que a implicación emocional do lector, non é a mesma que lendo, por exemplo, Elipsis, de Xosé Luis Méndez Ferrín.