martes, 29 de setembro de 2026

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

 

Estamos a piques de reiniciar o curso lector do Club de Lectura de adultos do IES Francisco Aguiar.


Para o primeiro trimestre xa temos fixadas as visitas de Xabier López, Arantza Portabales e Raquel Vázquez.


O mércores 14 de outubro, ás 19 horas recibiremos a Xabier López para falar da súa Contrabiografía (Galaxia, Vigo, 2024).


O martes 3 de novembro falaremos de novo con Arantza Portabales; nesta ocasión sobre Asasinato no Muíño do cura (Galaxia, Vigo, 2026).


Arredor do 14 de decembro, en data aínda por determinar, Raquel Vázquez recitará e cantará poemas de Nodo norte (Letraversal, Málaga, 2026), e, obviamente, tamén falará sobre a cartografía do seu poemario.


Todos as persoas interesadas en engadirse a esta aventura que comezou no 2014, poden comunicar esa vontade enviando un correo ao da biblioteca:

bibliofranciscoaguiar@gmail.com

luns, 28 de setembro de 2026

TEMPO DE LECTURA

   Hai días nos que non hai paraguas que protexa plenamente da chuvia. 

   Nas mans, as historias de Marica Campo ou Vicente Gallego.

luns, 21 de setembro de 2026

TEMPO DE LECTURA

 

Nesta semana na que unha expedición de 1º de BAC viaxa a Budapest, nada máis acaído que unha fotografía de André Kertész, o fotógrafo dos lectores, e unha antoloxía do microrrelatista Itstván Örkény.

E como chega o momento de que algúns lectores acepten o reto de escribir, adxuntamos unha selección de relatos sobre o Vákner, que poden ser inspiración para participar no certame 2026.

luns, 14 de setembro de 2026

TEMPO DE LECTURA

Aínda temos presentes as tardes nas que descansabamos da auga coa lectura. 

Agora, de volta ás aulas, comezamos Tempo de Lectura. 

Domingo Villar, entre outras, fala dun boniteiro francés que se dirixía a Ferrol. 

John Updike, da orfandade das pisicinas. 

Nós seguimos a asumir o risco de ler... non importa moito desde que lugar.