Amosando publicacións coa etiqueta CASTELAO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CASTELAO. Amosar todas as publicacións

luns, 4 de abril de 2022

HORA DE LER

 


26ª Semana

[2ª sesión]
 
 
Imaxinar un conto no que Jules Renard ou Castelao falaran con ela.  
E si: darlle a benvida á primavera. 
Outra será a historia da cinta vermella que acompaña á trenza á sombra de frondosas árbores.  

xoves, 5 de maio de 2016

COUSAS, Alfonso R. Castelao

ALFONSO R. CASTELAO, Cousas, Galaxia, Vigo, 2000, 128 páxinas.


[NG CAS cou]

   No escuro caletre de Martiño buleu sempre un verme de luz. Martiño arelaba ser dono do campanario da eirexa.
   Criouse ó rabo do sancristán para gana-la súa vountade e medrando, medrando, chegou a sineiro porque Martiño era parvo e dáballe por tangue-las campás.
   Nos primeiros, Martiño escorrentaba rapaces. Despois a porta do campanario, decote aberta, apareceu cun tarabelo. De a pouco Martiño púxolle un ferrollo e meteuse dentro.
   Foi así corno Martiño entrou solermiñarnente en posesión do campanario da eirexa e fixo dil a súa casa e das campás a ferramenta con que traballaba para si.
   Os rapaces endexamais lle concedémo-lo dereito de mandar no campanario e disputámosllo con xenreira e con medo, pois quen lle facía unha pagáballe dúas cando entraba na eirexa, que viña sendo a rateira onde Martiño atrapaba rapaces.
   Adoecidos corno estábamos por rubir ó campanario, o noso maxín non acougaba maquinando cousas. Un día inventamos tan boa iñorma que logramos entrar. Nin que decir ten que na “casa” do probe Martiño non deixamos cousa enteira nin san. E foi entón cando Martiño comenzou a engaiolarnos para se vingar.
   Sentados a plan no adro, contábanos Martiño, con voz medoñenta, as cousas acontecidas no campanario, cando as ánimas da Santa Compaña pasaron por riba do seu peito, cando unha noite repinicaron as campás e foi ver quen as tanguia e recibeu unha labazada… Nós non bulíamos escoitando aparvados os contos de Martiño, e, cando a noite pechaba, morríamos de medo.
   A vinganza de Martiño foi tal que aínda hoxe eu estouna padecendo nestes medos que me dan.


luns, 2 de maio de 2016

HORA DE LER

HORA DE LER

 28ª SEMANA [4ª SESIÓN]


A Biblioteca como tarefa colectiva: suma de lectores, suma de lecturas.
A dúas propostas desta semana atopámolas en libros que chegaron aos nosos fondos grazas a doazóns particulares: un conto de Kike Parra e unha das cousas de Castelao. 


Ilustración: Henri Matisse

martes, 21 de abril de 2015

COUSAS DA VIDA, Castelao

 CASTELAO, Cousas da vida, Galaxia, Vigo, 60 páxinas.

*********
Nesta semana na que se conmemora o día do libro, o Equipo da Biblioteca expón as súas rosas: libros antigos aportados por alumnos, profesores e outros membros da comunidade escolar. E, por suposto, as reliquias dos nosos fondos.