Ter nas mans os relatos de Miguel-Anxo Murado ou Juan Gómez Bárcena co convencemento de que estamos en tránsito, pero sabendo que ler nunca nos fará invisibles.
Amosando publicacións coa etiqueta MIGUELANXO MURADO b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MIGUELANXO MURADO b>. Amosar todas as publicacións
luns, 12 de xuño de 2023
mércores, 3 de maio de 2023
luns, 31 de maio de 2021
HORA DE LER
32ª SEMANA
[2ª SESIÓN]
Ler a Miguel-Anxo Murado ou a Magela Badouin sen medo a ser un lector libre; sen medo mesmo a rematar sendo libro.
luns, 19 de outubro de 2020
HORA DE LER
HORA DE LER
2ª SEMANA [2ª SESIÓN]
Cavilando,
pode ser, sobre as mesmas sensacións que a lectora pintada por Shelley
Thayer Layton, repensamos esas palabras lidas nos textos de Almudena Grandes ou Miguel-Anxo Murado, para volver aos misterios que tornan en algo tan real toda ficción.
luns, 26 de novembro de 2018
HORA DE LER
HORA DE LER
9ª SEMANA [3ª SESIÓN]
9ª SEMANA [3ª SESIÓN]
Tempo de choivas...
Babuña, babuxa, barbaña, barbuza, barrallo, barrufa, barruñeira, barruzo, borralla, breca, chuvisca, chuviscada, chuviñada, froallo, lapiñeira, marmaña, orballo, parruma, parrumada, patiñeira, patumeira, poalla, poallada, poalleira, poallo, zarzallo.
Arroiada, ballón, basto, bátega, bategada, cebra, cebrina, chaparrada, chuvascada, chuvasco, chuvieira, cifra, ciobra, dioivo, treixada, xistra, zarracina…
Treboada, torboada, torbón, trebón.
Borraxeira, borraxoia, brétema, cegoña, fuscallo, néboa, neboeiro, nebra, zarrazina.
Ata nos libros de Miguel-Anxo Murado ou Elisa R.V. García agroman auganeve, cebrina, cebrisca, escarabana, nevada, nevarada, nevareira, nevarío, nevisca, nevarisca, pedrazo, salabreada, sarabiada, torba.
Nalgún momento terá que comezar a amizar, delampar, escambrar, escampar, estear, estiñar, estrelampar.
Ilustración: Cheong Tuck Wai
xoves, 31 de maio de 2018
ESCRITO EN CAFETERÍAS, Miguel Anxo Murado
MIGUEL ANXO MURADO, Escrito en cafeterías, Galaxia,Vigo, 2014, 196 páxinas.
Un portaavións fabricado cunha aliaxe do metal fundido nas Torres Xemelgas, unha factoría de chalecos antibalas onde se dispara contra os traballadores para probas o xénero, un padriño da mafia afeccionado á música do Padriño de Coppola… Son algunhas das historias reais que nos contan estas páxinas de Miguel Anxo Murado, escritas en principio como columnas de prensa pero concibidas desde a perspectiva do escritor máis que do xornalista.
O lector atopará aquí non tanto opinións como parábolas, paradoxos e reflexións sobre asuntos tales como a relación entre as epidemias e a solidariedade, os inconvenientes de abolición do Purgatorio ou o carácter máxico das mans dos políticos. Notas, en definitiva, arredor da actualidade e a vida que, como di o autor, «é como o emblema do teatro: unha máscara que ri e outra que chora».
luns, 12 de xuño de 2017
HORA DE LER
HORA DE LER
32ª SEMANA [2ª SESIÓN]
32ª SEMANA [2ª SESIÓN]
Ter nas mans os relatos de Miguel-Anxo Murado ou Juan Gómez Bárcena coa convencemento de que estamos en tránsito, pero sabendo que ler nunca nos fará invisibles.
Ilustración: John Dugdale
luns, 29 de maio de 2017
HORA DE LER
HORA DE LER
30ª SEMANA [6ª SESIÓN]
30ª SEMANA [6ª SESIÓN]
Aínda que os nosos momentos de lectura están lonxe de seren tan cibernéticos, nesta semana andamos a ler a Miguel-Anxo Murado e a escritoria boliviana Magela Badouin.
Ilustración: David de las Heras
martes, 9 de decembro de 2014
HORA DE LER
10ª SEMANA [4ª SESIÓN]
Parece que o curso comezara antonte e xa estamos chegando ao final da primeira avaliación. Nesta semana na que a biblioteca vaise engalanar, podemos ter esta ensoñación: tumbarnos a ler na hora de lectura este relato de Miguel-Anxo Murado ou ben este fragmento de El cielo de Lima, a última novela de Juan Gómez Bárcena.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)