Amosando publicacións coa etiqueta WILLIAM SHAKESPEARE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta WILLIAM SHAKESPEARE. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de outubro de 2014

HAMLET, Franco Zeffirelli

FRANCO ZEFFIRELLI,  Hamlet, 1990, 135 minutos

[DVD HAM]

**********
Empregar dúas horas en ver esta adaptación do Hamlet pode ser unha boa iniciativa despois de ter lida a obra teatral. Literatura e cine comparten códigos...pero unha adaptación teatral ou fílmica sempre é o resultado da visión e interpretación dun director. Zeffirelli ten feitas moitas adaptacións, algunhas ben almibaradas. Queda a posibilidade de elexir completar, nunca sustituir a lectura. Mel Gibson o ten moi claro, aínda que agora mesmo o deixemos dubidando.
**********

mércores, 1 de outubro de 2014

HAMLET, William Shakespeare

WILLIAM SHAKESPEARE, Hamlet, Austral, Madrid, 2003, 302 páxinas.

[TUC SHA ham]

**********
Xa anda nas mochilas dos alumnos e alumnas de Literatura Universal a "dúbida existencial" de Hamlet. Esta edición de Austral ofrece unha completa guía de lectura. Os atrevidos que precisen unha visión sintética e irreverente do drama de Shakespeare, poden pulsar o play.