Amosando publicacións coa etiqueta MARCOS CALVEIRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MARCOS CALVEIRO. Amosar todas as publicacións

mércores, 2 de maio de 2018

ENCONTRO CON MARCOS CALVEIRO

 


Unha tarde de moito proveito para todos os asistentes ao encontro con Marcos Calveiro. 
Falamos sobre Sorolla, Lorca, El Cable Inglés, os primeiros partidos de football (xogados en Vilagarcía), as historias que non atoparon lugar en O xardineiro dos ingleses, o Macguffin... Tamén sobre a necesidade de ampliar o canon (que prescribe a literatura lida nos centro de ensino de Galicia) para incluir as súas recomendacións: Solimán ou O elefante branco, novelas escritas por Xesús Fraga.
Da man de Marcos Calveiro paseamos pola Vilagarcía cosmopolita do primeiro tercio do Século XX. Soubemos do esforzo na documentación para esta novela tan persoal: hai nela moito traballo ficcional, pero, como el mesmo anotou, Modesto Filgueiras, o escritor que escarba, como un arqueólogo que coida con mimo a terra dunha das moitas fosas comúns, é un trasunto de Marcos Calveiro, indagando, como poderíamos facer tamén nos, os lectores dunha idade aproximada á súa, sobre o pasado dos nosos maiores, atrapados na tolemia dunha Guerra Civil funesta.
Moitas grazas pola túa xenerosidade, Marcos.

mércores, 14 de marzo de 2018

DO CONTO DA CRIADA AO XARDINEIRO DOS INGLESES


Unha distopía sempre será unha historia triste.
Onte quedou claro que esta novela de Margaret Atwood, publicada no ano 1987 pon moito medo: non precisa inventar un mundo que padecera transfromacións terribles derivadas dun progreso mal dixerido: Atwood opta por pensar un mundo no que a involución trouxo a intolerancia relixiosa e o poder dunha oligarquía demoníaca.
Non hai nada na historia que escape dun perímetro (ven no inmediato pasado ou nun futuro, lamentablemente, ben próximo) que debe manter o noso espíritu crítico en alerta.


PRÓXIMA XUNTANZA:

Luns 30 de abril
19:00 horas

Encontro con Marcos Calveiro

Lectura: O xardineiro dos ingleses



mércores, 10 de xuño de 2015

AS PALABRAS PODEN MATAR, Marcos Calveiro

MARCOS CALVEIRO, As palabras poden matar, Xerais, Vigo, 2015, 130 páxinas.

[NG CAL pal]

   Na colonia Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de trinta mulleres, homes e nenos vítimas da violencia.

xoves, 23 de xaneiro de 2014

TODOS SOMOS, Marcos Calveiro


MARCOS CALVEIRO, Todos somos, Xerais, Vigo, 2013, 160 páxinas.

[NG CAL tod]

Incorporamos aos nosos fondos... N O V I D A D E S ...!

Damos noticia hoxe da novela de Marcos Calveiro: a desaparición de Natalia leva ao lector a sentir inquedanza, medo, sorpresa...