luns, 25 de febreiro de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER

20ª SEMANA [2ª SESIÓN]

Hoxe 24 de febreiro, no día de Rosalía, a superheroína que debuxou Xiana Iglesias, propón unha unha escolma dos seus poemas e o relato de Xosé Neira Cruz, A verdadeira historia dun dente de Rosalía de Castro.


  

Esta segunda imaxe está tomada do cartaz da AELG.

venres, 22 de febreiro de 2019

ESTRAVAGARIO, Pablo Neruda

PABLO NERUDA, Estravagario, Seix Barral, Barcelona, 2018, 168 páxinas.


[PC NER est]


VUELVE EL AMIGO

Cuando muere tu amigo
en ti vuelve a morirse.

Te busca hasta encontrarte
para que tú lo mates.

Tomemos nota, andando,
conversando, comiendo,
de su fallecimiento.

Poco importante es lo que le ha pasado.
Todo el mundo sabía sus dolores.
Ya se murió, y apenas se le nombra.
Pasó su nombre y nadie lo detuvo.

Sin embargo él llegó después de muerto
para que sólo aquí lo recordáramos.
Él buscó nuestros ojos implorando.
No lo quisimos ver y no lo vimos.
Entonces ya se fue y ahora no vuelve.
No vuelve más, ya no lo quiere nadie.

luns, 18 de febreiro de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER

19ª SEMANA [1ª SESIÓN]

Nesta semana de chuvia (e branco e negro), hai quedan, a disposición dos lectores, Ray Bradbury  e Jürg Schubiger e Franz Hohler.
Ilustración: André Kertész

xoves, 14 de febreiro de 2019

EXTRAORDINARIO, Antón Lopo

ANTÓN LOPO, Extraordinario, Galaxia, Vigo, 2018, 160 páxinas.

**********

Xa temos data para a próxima reunión do Club de Lectura Biblos Aguiar:

Luns 11 de marzo
19:00 horas

Teremos oportunidade de falar con Antón Lopo sobre esta novela que gañou o PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2018.

É unha novela sobre as relacións familiares e o amor, pero tamén sobre a aprendizaxe de vivir, a identidade, a liberdade e o pracer. A obra comeza cando o protagonista debe axudar a súa irmá nos coidados da nai, unha muller de carácter inestable coa que el rompeu toda relación hay máis de trinta anos,. A viaxe que emprende non é só á cidade da súa infancia e ao hospital, onde operaron a nai dunha rotura de fémur, senón tamén a un pasado que segue sen resolverse. Narrada como os alustros dun faro sobre a escuridade da noite, Extraordinario posúe unha eficacia narrativa asombrosa, con personaxes que se gravarán na nosa memoria en trazos indelebles, ademais de xogos conmovedores de ironía e humor. Quen entre neste libro non poderá saír ata absorber a última palabra.

A TRAVÉS DO FUME, Antonio Piñeiro

ANTONIO PIÑEIRO, A través do fume,Galaxia, Vigo, 2018, 128 páxinas.

luns, 11 de febreiro de 2019

HORA DE LER


HORA DE LER

18ª SEMANA [6ª SESIÓN]

Estas son as propostas de lectura para esta semana: Rafael Dieste e Magda Hollander-Lafon.
Son tantas as veces nas que as palabras irradian luz!


Ilustración: Mirjam Delrue

luns, 4 de febreiro de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER

17ª SEMANA [5ª SESIÓN]

Pode ser que a alguén a lectura dos relatos de Olga Patiño ou Jesús Zomeño lle encha o maxín de estatuas dormidas, mans ameazantes e pantasmas.
[Que grao de ensimesmamento o que amosa a protagonista do debuxo de Lisa Aisato!]
Ou quizais non!