Amosando publicacións coa etiqueta RUBÉN RUIBAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RUBÉN RUIBAL. Amosar todas as publicacións

xoves, 3 de decembro de 2015

LIMPEZA DE SANGUE: CLUB DE LECTURA 1º DE BACHARELATO RUBÉN RUIBAL


O SANGUE FAI RUÍDO

   O pasado xoves 19 un  grupo de alumnos de Bacharelato e os seus profesores de Lingua  xuntáronse  nos sillóns da biblioteca do Centro  co gallo de celebrar a primeria reunión do club de lectura do presente curso. Neste amistoso encontro déusenos a oportunidade de dialogar sobre a obra que nos fora emprestada: Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal; peza dramática galardoada no ano 2005 co XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais.
   Os temas dos que máis conversamos durante esta xuntanza foron a amizade forxada polos personaxes principais, Fernando e Pantaleón, nunha sala de diálise dun hospital. A pesar de que os dous homes procedían de mundos completamente distintos (un deles sen recursos e adicto a substancias estimulantes, e o outro do alta sociedade corrupta) atópanse con que ambos son enfermos terminais á espera dun transplante de ril, obrigados a facerse mutua compaña.
   Co paso dos días van aflorando novos pensamentos nas súas mentes, e novas curiosidades sobre aspectos cotiáns aos que a vida nos lles dera oportunidade de prestar atención.
   Outro dos asuntos máis debatidos na biblioteca foi o pesimismo narrativo, xa que en toda a obra se nos  trasmite un sentimento negativo e escuro da sociedade na que vivimos hoxe en día. Ademais, a través da figura de Fernando, o autor consegue crear acertadamente unha necesidade de compaixón e empatía que ningún dos outros personaxes acada en toda a trama.
   Co fin da reunión puidemos disfrutar dunhas deliciosas lambetadas acompañadas dunha nova proposta de lectura: A casa de Mango Street,  que estamos desexosos de comezar a ler.

Amaia Tomé


mércores, 21 de outubro de 2015

CLUB DE LECTURA DE PRIMEIRO DE BACHARELATO 2015 / 2016

Na fotografía están case todos, porque algún aínda se anotou despois ao Club de Lectura de Primeiro de Bacharelato.

Este ano son setenta e tres, polo tanto, conseguir libros para todos estes lectores obriga a recorrer ao inxenio. Os rapaces están organizados por parellas para que xoguen á carreira de relevos: o receptor do libro ten que ler con certa celeridade para pasar o relevo ao compañeiro ou compañeira coa finalidade de que todos poidan chegar á xuntanza co libro lido.




MAGGIE O'FARRELL, A desaparición de Esme Lennox, Galaxia, Vigo, 2011, 244 páxinas.

[Luns 16 de novembro, 11:15 / 11:45]




SANDRA CISNEROS, A casa en Mango Street, Rinoceronte, Cangas, 2008, 104 páxinas. 


[Mércores 18 de novembro, 11:15 / 11:45]





RUBÉN RUIBAL, Limpeza de sabgue, Xerais, Vigo, 2007, 176 páxinas. 

[Xoves 19 de novembro, 11:15 / 11:45]



NANCY HOUSTON, Marcas de nacemento, Rinoceronte, Cangas, 2012, 294 páxinas.

 [Luns 23 de novembro, 11:15 / 11:45]