luns, 28 de xaneiro de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER

16ª SEMANA [4ª SESIÓN]

Ás veces tamén neva no noso corazón. Folerpas que caen ao compás das palabras de Julio Cortázar e Manuel Núñez Singala.

Ilustración: Paolo Domeniconi

martes, 22 de xaneiro de 2019

ENCONTRO DOS CLUBS DE LECTURA DA ESO













 








 





UNHA NOVA INVASIÓN DE LECTORES CHEGA AO AGUIAR

Hoxe martes 22 de xaneiro, un (moi ben) nutrido grupo de alumnos e alumnas quedarán a comer para, antes das sesións da tarde, charlar acerca das súas impresións das lecturas suxeridas polo club.

LAS DERROTAS INGLESAS EN EL RÍO DE LA PLATA, José Luis Gorrochategui


JOSÉ LUIS GORROCHATEGUI, Las derrotas inglesas en el Río de la Plata, Ediciones Salamina, Málaga, 2018, 384 páxinas.


Xa está a disposición dos lectores na nosa biblioteca o novo libro do noso compañeiro José Luis Gorrochategui.
Parabéns!!!!






luns, 21 de xaneiro de 2019

2019 Ano Internacional da Táboa Periódica

A Asemblea Xeral de Nacións Unidas proclamou 2019 como Ano Internacional da Táboa Periódica ao cumprirse o 150 aniversario da publicación da primeira táboa de D. Mendeléiev en 1869, precursora da actual.
Por tal motivo, este ano Correos emite o 9 de xaneiro un selo conmemorativo destacando os elementos descubertos por investigadores españois; e os décimos do sorteo da Lotería Nacional do 2 de marzo terán como imaxe protagonista a fachada da Facultade de Química da Universidade de Murcia, onde se atopa a táboa periódica máis grande do mundo.

 Fachada da Facultade de Química da Universidade de Murcia

 Cómo se conformou a táboa periódica tal como hoxe a coñecemos?

     A mediados do século  XIX xa se coñecían 63 elementos, pero os químicos non se poñían de acordo como ordenalos. Algúns intentos previos de ordenación tomaban como referencia as propiedades comúns dos elementos químicos. Así, as  tríadas de  Dobereiner e a lei das oitavas de  Newlands,  a hélice telúrica de Chancourtois, foron sistemas de ordenación que clasificaban os elementos segundo as súas propiedades, as cales tiñan unha certa periodicidade na devandita clasificación.
     En 1860 organizouse o primeiro Congreso Internacional de Químicos en  Karlsruhe, en Alemaña, unha reunión que resultaría transcendental. Alí o italiano  Stanislao  Cannizzaro estableceu de forma clara o concepto de peso atómico (masa atómica relativa dun elemento), concepto que serviu de base para que tres novos participantes no congreso -William  Odling,  Lothar  Meyer e Dimitri  Mendeléiev o empregásen nos seus respectivos intentos de clasificar os elementos químicos.
A táboa de Meneleiev


     D.  Mendeléiev iniciou, en 1860, os seus estudos sobre a confección dun manual de química. Para iso, elaborou unhas tarxetas onde ía enumerando as propiedades máis significativas dos elementos coñecidos ata entón. Ao ordenar estas tarxetas seguindo o valor da masa atómica dos elementos, puido comprobar que aqueles con propiedades químicas similares se ordenában en columnas, mentres que ao longo das filas, as propiedades ían variando gradualmente. Desta forma construíu a súa táboa periódica.
     Con todo, o seu maior mérito foi darse conta de que, nalgúns lugares da súa táboa, os elementos non encaixaban adecuadamente, polo que deixou ocos na mesma predicindo o descubrimento de novos elementos así como as súas propiedades químicas. Ademais alterou o lugar dalgúns elementos que, pola súa masa atómica correspondíalles outro lugar (Te e I).
     O primeiro dos elementos preditos por  Mendeléiev que foi descuberto foi o  Galio ao que  chamou  eka-aluminio, por estar debaixo da Al. Cunha mostra pura de  galio determináronse as propiedades físicas e químicas, que coincidiron coas preditas por  Mendeléiev. Posteriormente illáronse os outros elementos químicos preditos por  Mendeléiev:  Escandio,  germanio e  tecnecio, cuxas propiedades coincidían coas preditas.
     Isto provocou que a táboa de  Mendeléiev tivese un gran éxito, polo que se lle considera como o creador da  Táboa  Periódica actual. Publicouna en 1869.  L.  Meyer realizou unha táboa similar, sen coñecer o traballo de  Mendeléiev, aínda que baseándose nas propiedades físicas dos elementos. A táboa de  Meyer foi publicada un ano despois  e xa non tivo tanta transcendencia.
      A versión actual da táboa conseguiuse grazas á lei periódica que presentou o británico Henry Moseley a comezos do século  XX, segundo a cal, o criterio de ordenación non debía ser a masa atómica senón o número atómico (Z). Desta forma, entendeuse o cambio de posición do Te fronte ao I que Mendeléiev realizara anteriormente. O  Z do Te menor que o do I, a pesar de que a súa masa atómica é maior.
     A  TP contén 18 columnas (grupos ou familias) e 7  filas (períodos). Hoxe en día coñécense os 118 elementos que a completan. O últimos catro consideráronse oficialmente descubertos e nomeados en 2017: Nihonio (Nh),  Moscovio (Mc), Téneso (Tn), Oganesón (Og).


     Os científicos atópanse traballando no descubrimento do elemento 119, o cal se situaría no primeiro grupo, debaixo do  Francio, e inauguraría o oitavo período. De ser estable, as súas propiedades serían similares ás dos metais  alcalinos, grupo ao que pertencería.

     150 anos da Táboa Periódica
     La tabla periódica más antigua

HORA DE LER

 

HORA DE LER

15ª SEMANA [3ª SESIÓN]

Ler os relatos de Elisa R.V. García e Claudio Rodríguez Fer para rematar sendo o corazón da flor.


Ilustración: Elizabeth Sagan e James Trevino

venres, 18 de xaneiro de 2019

CORPO, Antón Lopo

ANTÓN LOPO, Corpo, Xerais, Vigo, 2018, 96 páxinas.


[PG LOP cor]

Só o poema
pode escapar, 

quen asume a disolución?

martes, 15 de xaneiro de 2019

DEIXE A SÚA MENSAXE DESPOIS DO SINAL, Arantza Portabales



O Club de lectura Biblos Aguiar conversou con Arantza Portabales arredor da súa novela Deixe a súa mensaxe despois do sinal, nun encontro que resultou especialemente divertido. 
Falamos das mulleres que protagonizan unha novela que non debería ser etiquetada simplistamente como novela feminista ou novela de muller ou para mulleres
Detrás das mensaxes de Marina, Carmela, Sara e Alicia (trasmutada tráxicamente en Viviana) laten vivencias terribles propiciadas polos comportamentos, moitas veces reprobables, dos homes: o mal marido, o perverso tío, o pai egoísta, o pai pusilánime, o fillo entregrado ás boas causas que lle permiten evitar afrontar a súas responsabilidades...
Novela composta por secuencias marcadas cun final efectista (non é un demérito nunha escritora que coñece o éxito do microrrelato), sorprende pola estrutura que deposita un dos sentidos na progresión das interseccións das tramas que conflúen nunha historia caleidoscópica que mesmo podería ser considerado un pequeno tratado sobre as emocións.







MATERNIDADE FÓRA DE CATÁLOGO, Marga Tojo

MARGA TOJO, Maternidade fóra de catálogo, Xerais, Vigo, 2018, 192 páxinas.

luns, 14 de xaneiro de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER

14ª SEMANA [2ª SESIÓN]

Na tarde de hoxe luns, día no que o Club de Lectura Biblos Aguiar falará con Arantza Portabales sobre a súa novela Deixe a súa mensaxe despois do sinal, quedan como proposta de lectura unha antoloxía dos seus relatos, textos preferentemente curtos, e unhas fábulas de Esopo.

mércores, 9 de xaneiro de 2019

martes, 8 de xaneiro de 2019

HORA DE LER



HORA DE LER

13ª SEMANA [1ª SESIÓN]

Nesta primeira sesión do ano 2019, eleximos lecturas transparentes: poemas de Carlos Negro e un relato de Juan José Millás.

Ilustración: René Magritte