O Club de lectura Biblos Aguiar conversou con Arantza Portabales arredor da súa novela Deixe a súa mensaxe despois do sinal, nun encontro que resultou especialemente divertido.
Falamos das mulleres que protagonizan unha novela que non debería ser etiquetada simplistamente como novela feminista ou novela de muller ou para mulleres.
Detrás das mensaxes de Marina, Carmela, Sara e Alicia (trasmutada tráxicamente en Viviana) laten vivencias terribles propiciadas polos comportamentos, moitas veces reprobables, dos homes: o mal marido, o perverso tío, o pai egoísta, o pai pusilánime, o fillo entregrado ás boas causas que lle permiten evitar afrontar a súas responsabilidades...
Novela composta por secuencias marcadas cun final efectista (non é un demérito nunha escritora que coñece o éxito do microrrelato), sorprende pola estrutura que deposita un dos sentidos na progresión das interseccións das tramas que conflúen nunha historia caleidoscópica que mesmo podería ser considerado un pequeno tratado sobre as emocións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario