Amosando publicacións coa etiqueta SAMADEFUNEEN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SAMADEFUNEEN. Amosar todas as publicacións

mércores, 21 de outubro de 2020

CONCURSO DE [MICRO] RELATOS DE TERROR


O Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza un concurso de relatos e, por iso, tamén encaixan os microrrelatos: son tantos os expertos e as expertas que dominan as estratexias narrativas de condensación!
 
Unha antoloxía dos mellores textos constituirá a proposta de lectura na primeira semana de novembro.
 
Probablemente, haberá outros agasallos, entre os que non poderán faltar os caramelos.

***

Recepción dos traballos:

a) bibliofranciscoaguiar@gmail.com [Asunto: Concurso de relatos de terror] Doc anexo.
 
b) profesorado de Lingua galega e Lingua castelá.

luns, 24 de outubro de 2016

luns, 26 de outubro de 2015

HORA DE LER

HORA DE LER

4ª SEMANA [4ª SESIÓN] 

Nesta semana que precede ao día de defuntos, procuramos seguir a ler. A proposta e imitar ao minino de Okada Chiaki. De seguro que anda a ler o conto de Otero Pedrayo O vello e máis o río, porque se tivera entre mans El gato negro de Edgar Allan Poe non tería esa faciana tan marcada pola serenidade. 

luns, 27 de outubro de 2014

HORA DE LER

4ª SEMANA [4ª SESIÓN]

Nestas datas que anteceden o día de defuntos, ben podemos pensar que somos nós os que camiñamos por enriba do libro que a Morte le. 
Desacralizar a morte, desmontala con serenidade das súas maiúsculas ben pode ensinar a vivir a Vida. 
Son os medos moi necesarios para encarar os perigos. Mal administrados, eses medos poden ser un atranco para deixarnos vivir a vida.   
De todo iso (e de moito máis) falan Encol da morte do Bieito, un relato de Rafael Dieste, e este conto transilvano adaptado por Ana Cristina Herreros.

Deixamos a curtametraxe sobre o relato de Dieste (que fixera Xudit Casas), para os que pensan que convén ver tamén a película.


mércores, 30 de outubro de 2013

SAMADEFUNEEN OU OS PERIGOS MOI EVIDENTES DA LECTURA

E ti, quen ves sendo? Que dende aquí non vexo moi ben a tarxeta. Mr Bones?
A eles, ben os coñezo, aínda que non imaxinaba que o cruzar a porta do Instituto, así tan de primeiras, puxeran esa pose tan intelectual! Mesmo, ata están prestándolle atención os libros! Algún deses non será o libro das cincuenta sombras! 
 
Pois no o vexo. Na biblioteca deste instituto non hai moito espacio para as novidades. Moito Lovecraft, Poe e a Cornelia Funke, pero medo, o que verdadeiramente pon medo, e ler. Ou non? Fixádevos ben: 
A esquerda, ese rapaciño sorrinte...

...a dereita, unha alumna ou unha profesora revellida despois de moito ler.

Pensaredes que o da alumna ou profesora o digo por sexismo, ou porque veñen sendo elas as que len. Pois non, o digo por estética. Vós imaxinades a un profesor con pamela? Se a resposta e si, pediríavos que deixedes de imaxinar.  
A min, a verdade que algo non me cadra. Aínda vai ser que os rapaces nin pasaban por alí... A saber quen os colleu para non sei que experimento...